• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina 2 Basket

Vitoria doble para o Celta Zorka Recalvi (59-43)

As celestes gañaron en Navia ante un rival directo polos postos de ascenso, o Extremadura Miralvalle Plasencia

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
17/02/2021
en Liga Feminina 2 Basket, Baloncesto
O Celta venceu ao Miralvalle / CELTA BALONCESTO IG

Imaxe de arquivo. O Celta venceu ao Miralvalle / CELTA BALONCESTO IG

119
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Non sen sudor e case lágrimas, o Celta Zorka Recalvi consumou unha vitoria importantísima ante o Extremadura Miralvalle Plasencia (59-43), no marco da décimo oitava xornada da Liga Feminina 2.

Vencer neste partido de volta ás extremeñas fai que as celestes se adxudiquen o basketaverage, algo vital tendo en conta que ambos equipos son firmes candidatos a competir polo ascenso. Á espera dos partidos adiados, o Celta ocupa a cuarta posición da táboa.

Pola outra banda, o Miralvalle acusou o cansancio de competir o día anterior ante o Arxil, nun partido que gañou por 49-60 e queda no terceiro posto.

Partido de altura entre Celta e Miralvalle

Ambos conxuntos saíron fortes ao parqué de Navia, xogando con todo desde as primeiras xogadas. No quinteto titular do club local repetía Coello, mentres que as visitantes saltaban coas súas habituais.

Malia a concentración viguesa, o Miralvalle saíu con máis acerto neste primeiro tempo, no que estivo especialmente inspirada Princess Aghayere. As extremeñas comezaron situándose por riba, pero o Celta recuperouse chegando a estar por diante cun 8-6.

Este cambio de poder tivo resposta no parcial 0-9 liderado por Weledji e Robertson, que obrigou a Cantero a pedir un tempo morto. A adestradora deu entrada a Motley, que mellorou o xogo galego, pero que seguía á zaga cando remataron os dez primeiros minutos (10-15).

Ao verse por debaixo, nun partido tan importante e disputado na casa, o conxunto celeste reaccionou. No segundo cuarto Stamenkovic e Comesaña lideraron a remontada viguesa. As forzas igualaronse nos 18 puntos, ante o cal as visitantes solicitaron unha pausa.

As ordes do banco rival reactivaron a Robertson, que chegaba ao descanso con 13 puntos e  cinco rebotes, dominando na pista galega. Como contrapunto no Celta, Davydova destacaba en defensa, igualando o nivel no marcador, que chegaría ao descanso co 24-25.

No terceiro cuarto, repetiuse a mesma estrutura. Se o segundo tempo deixou un 14-10 o terceiro tamén o faría, colocando xa ás celestes como favoritas para a vitoria.

A tensión respirábase no pavillón, chegando ao punto da expulsión do técnico visitante, debido a unha protesta por uns pasos na finalización de Lacorzana e que chegou despois da cuarta falta de Aghayere. Neste momento, o empate reinaba no marcador, pero as extremeñas apretaron e puxeron o 33-35 que sería respondido por Julien e Celia García, deixándoo no 38-35 a falta de dez minutos.

As rotacións celestes foron a chave na vitoria

O último tempo foi dominado e controlado sen problemas polo Celta, contra un Miralvalle que xa non podía máis. A expulsión de Robertson no minuto 36 marcou a debacle visitante, mentres que as locais asinaban un parcial 16-0.

Cantero sacou partido das súas amplas rotacións, fronte as escasas opcións de cambios no banco extremeño. Este foi o factor determinante para inclinar a balanza cara o equipo galego.

Despois de cinco minutos sen que o balón entrase na canastra para o Miralvalle, as extremeñas reencontraronse co acerto e achegábanse ameazadoramente ás celestes, poñendo en perigo o duelo e o average.

Con todo, os esforzos visitantes non foron suficientes e o Celta soubo aproveitar a súa superioridade para afianzar a vitoria e sumar dous puntos que as deixan na cuarta praza e co balance de canastras ao seu favor.

Revive os mellores momentos do partido dándolle ao play:

FICHA TÉCNICA

59) CELTA ZORKA RECALVI: Mariona Martín (4), Celia García (11), Rose Marie Julien (5) Angela Coello (2), Marita Davydova (14) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Ainhoa Lacorzana (2), Noa Comesaña (2), Lucía Fontela (0), Maja Stamenkovic (6) e Adrienne Motley (13).

43) EXTREMADURA MIRALVALLE PLASENCIA: Alicia Morales (7), Sofia Aínsa (0), Timawe Weledji (7), Princess Aghayere (10), Stacia Robertson (14) -cinco inicial-. Tamén xogaron: Andrea Cueva (2), Lidia Francisco (0), Natalia Pizarro (0) e Celia Rodríguez (3).

PARCIAIS: 10-15, 14-10, 14-10 e 21-8.

ÁRBITROS: Jaime Álvarez-Ossorio Varela e Martín Trasancos Blanco. Sinalaron un total de 16 faltas a Celta Zorka Recalvi e 19 faltas a Extremadura Miralvalle Plasencia. Eliminaron por faltas técnicas ao adestrador visitante Raúl Pérez.

INCIDENCIAS: Partido correspondiente á 20ª xornada do Grupo A da Liga Femenina 2 disputado no pavillón de Navia.

Etiquetas baloncestobasketCeltaCelta Zorka RecalviCristina CanteroEXTREMADURA MIRALVALLE PLASENCIALF2liga femenina 2liga feminina 2
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.