• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

Vitoria 21ª do Viaxes Amarelle FSF

As herculinas vencen 6-2 no partido adiado que recuperaron hoxe ante o Ourense Envialia FSF B

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/04/2022
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

54
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF recuperaba o partido aprazado do pasado mes de marzo fronte ao filial do Ourense Envialia FSF no Municipal de Sacra Familia e a escuadra laranxa non defraudou. As coruñesas sumaron a súa vitoria 21 da tempada, e amplian distancias cos seus perseguidores na táboa, ao impoñerse por un marcador de 6-2 ás ourensás, grazas aos goles de María Gómez (3), Candela Soria (2) e Patri Romaní.

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF moi ofensivo sobre o seu rival, e buscando xerar perigo de fronte a meta contraria, conseguindo as súas primeiras chegadas con perigo, cun balón ao pau de Carlita aos dous minutos de partido. Con todo, o gol faríase esperar ata o minuto sete de xogo, cando nunha recuperación de balón Èlia Gullí nunha saída á contra das visitantes, tocaba o balón a María Gómez que cun disparo exterior adiantaba co 1-0 ao Viaxes Amarelle FSF.

Ourense B vs Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Imaxe de arquivo dun Ourense B vs Viaxes Amarelle Fútbol Sala Feminino / VIAXES AMARELLE FSF

Apenas un minuto máis tarde, unha gran xogada elaborada do conxunto herculino, terminaba cun balón en longo de Yaiza a Patri Romaní, que a deixaba atrás, para que María Gómez a pracer desde o punto de penalti subise o 2-0 ao marcador.

O conxunto herculino que prepara Jorge Basanta atopábase cómodo sobre a cancha, e estaba a xerar moito perigo sobre o Ourense Envialia FSF B. A escuadra laranxa estaba a chegar constantemente sobre a portería defendida por Alexandra.

Con este escenario sobre o parqué, na medianía do período chegaría o 3-0. O terceiro gol das coruñesas sucecía despois dun disparo exterior de Yaiza, que rexeitaba a meta visitante, e que Candela Soria, moi atenta dentro da área, non perdoaba e convertía en gol aumentando a vantaxe para as locais na Sagrada Familia.

Ourense B vs Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Imaxe de arquivo dun Ourense B vs Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Con tres goles de vantaxe, as herculinas seguiron pelexando por aumentar a renda no marcador, pero o filial ourensán poñíase serio en defensa e impedía as ofensivas locais, á vez que estaba a xerar perigo con balóns longos e disparos exteriores, aínda que con pouca fortuna para gol.

O partido parecía que chegaba ao seu final, cando a falta de 23 segundos para chegar ao tempo de asueto, Ourense Envialia FSF B sacaba rápido unha banda, e Zaide poñía o balón dentro da área para Sandra, que de tacón sutilmente subía o 3-1 ao marcador.

Logo do descanso o Viaxes Amarelle FSF devolvía o gol das visitantes nos primeiros compases do partido, cando Candela Soria recibe ao bordo da área de costas, e vírase sobre o seu par para encarar a portería e poñer o 4-1 no marcador.

Aínda quedaba partido por diante, e o filial ourensán non quería perder a cara ao partido e empezou a xerar perigo en transicións rápidas, con finalización sobre a portería herculina; aínda que o 4-2 chegaría nunha contra rápida, onde o balón tocaba en Carol Agulla desviándose ao fondo da rede herculina, e metendo ás visitantes no partido.

Tras este gol visitante, as locais gozaron de varias ocasións claras para recuperar a distancia, pero a boa actuación de Lola baixo os paus do Ourense Envialia FSF B evitaba que as herculinas sentenciasen o xogo. Cando restaban algo menos de cinco minutos para a conclusión, o conxunto visitante optaba por sacar o xogo de cinco para tentar recortar distancias no marcador.

Ourense B vs Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Imaxe de arquivo dun encontro entre o Ourense B vs Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

A falta de dous minutos para o final, o Viaxes Amarelle FSF aperta a saída de balón visitante, para evitar que saquen o xogo de cinco, e Patri Romaní aproveita para roubar un balón en primeira liña e subir o 5-2 ao marcador.

As visitantes seguiron optando polo xogo de cinco para recortar distancias, pero a falta de algo máis dun minuto para o final, María Gómez rouba no xogo de cinco visitante en primeira liña, e sen oposición desde 16 metros sobe o 6-2 ao marcador, que ao cabo resultará definitivo para unha nova vitoria herculina.

O Viaxes Amarelle FSF, a 3 puntos da clasificación matematica para o play-off

Coa recuperación deste partido aprazado, o conxunto herculino ponse ao día, para afrontar o últimos cinco duelos da tempada regular e faio cunha vantaxe de 8 puntos sobre o segundo clasificado, Cidade de As Burgas FSF, e 12 puntos sobre o terceiro clasificado, Bembrive FSF.

Dada esta distancia co terceiro clasificado, o conxunto herculino atópase actualmente a 3 puntos de certificar matematicamente a súa clasificación para a disputa do play-off de ascenso á Primeira RFEF Futsal Feminina. Tras este novo partido oficial da tempada, o equipo gozará duns días de descanso e regresará a semana próxima aos adestramentos, para preparar o seguinte duelo, contra un rival complicado na súa cancha.

O encontro correspondente á vixésimo segunda xornada da Segunda RFEF Futsal Feminina, terá lugar o sábado 23 de abril de 2022 no Pavillón Municipal Portus Amanus na localidade de Castro Urdiales. O cruce deportivo está previsto para as 17:00 horas. Nese partido o Viaxes Amarelle vai visitar ao AD Mioño, noveno clasificado con 23 puntos no seu casilleiro.

FICHA TÉCNICA

6)  VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Lau Doce, Cris Lourés, Carlita e Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron as futbolistas: Patri Romaní, Èlia Gullí, Carol Agulla, María Gómez, Yaiza, Khrystyna Stepanenko, Daryna Tkachenko e Sandra.

2) OURENSE ENVIALIA B: Alexandra, Alba, Sandra, Palo e Zaide – quinteto inicial -. Tamén xogaron as futbolistas: Sofía, Nerea Pérez, Nuria, Vera e Lola.

GOLES: 1-0 María Gómez (min. 7); 2-0 María Gómez (min. 8); 3-0 Candela Soria (min. 10); 3-1 Sandra (min. 20); 4-1 Candela Soria (min. 22); 4-2 Carol Agulla (propia puerta) (min. 28); 5-2 Patri Romaní (min. 38); 6-2 María Gómez (min. 39).

EQUIPO ARBITRAL: Colexiados Eloy Bello Gómez e Juan Ramón Juan Mora ambos os dous pertencentes ao Comité Técnico de Árbitros de Ferrol. Na mesa estivo Roberto Pena Porta, pertencente ao Comité Técnico de Árbitros de Ferrol. Sen tarxetas.

INCIDENCIAS: Partido aprazado correspondente á 18ª xornada do Grupo 1 da Segunda División do fútbol sala Feminino RFEF disputado no Pavillón Municipal da Sagrada Familia da Coruña aproveitando o parón competitivo de Liga durante a Semana Santa.

Etiquetas FSFfútbol salafutsalJorge BasantaOurense Envialia Bviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Antía Pérez, chega desde o Sala Zaragoza / PRBFS

Antía Pérez ficha polo Burela FS: Galicia Calidade e futuro para as Guerreiras Laranxas

por Redacción As Nosas
07/08/2022
0

  Desde a directiva do CD Burela FS anuncian que a á-pivote, Antía Pérez, súmase como reforzo do equipo feminino...

Irene Samper / PRBFS

Irene Samper renova e seguirá como Guerreira Laranxa esta tempada 2022-23

por Redacción As Nosas
06/08/2022
0

  Irene Sampere iniciará a súa segunda tempada coas Guerreiras Laranxas co obxectivo de loitar por todo. En apenas unha...

Jenny Santos / CD BURELA FS

Jenny Santos renova co CD Burela FS para o curso 2022-23

por Redacción As Nosas
06/08/2022
0

  A liña de ataque do CD Burela FS seguirá sendo un perigo para todos os que se enfronten ó...

Dany no Burela vs Envialia / PRBFS

Dany Domingos renova e seguirá un ano máis marcando goles co Pescados Rubén Burela FS

por Redacción As Nosas
05/08/2022
0

  Daniela Domingos Lopes, coñecida no mundo do fútbol sala como Dany Domingos, é unha das xogadoras que máis anos...

Cilene, xogadora do Pescados Rubén Burela

A peche brasileira Cilene renova co Pescados Rubén Burela FS

por Redacción As Nosas
04/08/2022
0

  A xogadora de São Paulo Cilene seguirá defendendo as cores laranxas por sétima tempada consecutiva. Poucas peches hai no...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto / CN ARTEIXO

Paula Otero pasa á final dos 800 libre no Campionato de Europa Absoluto

12/08/2022
A pista multideporte da Sagrada Familia renovouse / CONCELLO DA CORUÑA

A pista multideporte da Sagrada Familia na Coruña renovouse este verán

10/08/2022
Quen Makkinga, Kyra Elzinga e Nicky Dix, tres fichaxes holandesas do CRAT para este curso 2022-23 / CRAT RESIDENCIA RIALTA

Tres xogadoras internacionais holandesas reforzan ao CRAT esta tempada 2022-23

10/08/2022
Beach Rugby Vila das Pontes 2022 / SANDI LÓPEZ

As Pingüinas de Burgos levan a vitoria no II Beach Rugby Vila das Pontes

10/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.