A Selección de Galicia Sub-17 goleaba á de Canarias nun gran encontro das nosas. No partido, disputado no campo de Pastoriza no Concello de Arteixo, houbo un dobrete de Antía Mayo e un tanto de Candela na recta final do enfrontamento. Estos tres goles deron os tres primeiros puntos do Campionato de España de Seleccións Autonómicas ao equipo que prepara o técnico Quin Valbuena.
O broche de ouro á xornada inaugural para as nosas púxoo o combinado de Galicia Sub-17. O elenco de Galicia dirixido por Quin Valbuena non quixo ser menos que a sub 15 e anotouse os tres primeiros puntos do torneo tras superar a Canarias por 0-3 grazas a dous goles de Antía Mayo e a un tanto de Candela.
O duelo foi moi disputado e igualado, repleto de alternativas e con moito ritmo. Con todo, as ocasións claras de gol tardaron en chegar.
Galicia fixo diana na súa primeira chegada clara ao arco inimigo. Antía Mayo rompeu ao espazo, encarou á porteira canaria e definiu con mestría ao primeiro pau para adiantar ás nosas. Corría por aquel entón o minuto 43 do partido. Antes do descanso, a Selección Galega tivo o 0-2 nas botas de Sara Pena, aínda que a pelota marchouse fóra.
Tras o paso polos vestiarios, e sen cambios en ningún dos dous equipos, Galicia seguiu co mesmo guión ata que apareceu de novo Antía Mayo para anotar o tanto da tranquilidade. A dianteira galega rouboulle a carteira ao seu par, encarou á gardameta canaria e superouna cun disparo raso.
Na recta final do choque, Antía Mayo tivo o 0-3, pero o seu disparo estrelouse contra a madeira. Quen si atinou para redondear a goleada foi Candela na recta final do partido cunha boa definición nun man a man coa porteira canaria.
Extremadura, seguinte rival de Galicia Sub-17
Do mesmo xeito que a Sub-15, a Selección Galega Sub-17 dá un paso de xigante para disputar o Grupo Ouro na segunda fase. Con todo, o premio pasa polo feito de que Galicia volva sumar outros tres puntos mañá domingo a partir das 12.30 horas ante Extremadura.
Quin Valbuena, adestrador da Irmandiña Sub-17, confesaba: “É o día con máis ambiente que temos vivido. Foi moi bonito, a verdade”
Ao final do partido contra Canarias, o adestrador da Irmandiña Sub-17, Quin Valbuena, salientaba ese alento do público desde a bancada do campo arteixán de Pastoriza: “Logo de tantos anos como seleccionador e organizando varios campionatos en Galicia, a verdade é que foi o día con máis ambiente que vivimos grazas a toda xuventude que acudiu e aos colexios. Estivo moi bonito, a verdade”
️
️ O seleccionador sub 17 Quin Valbuena e a bigoleadora Antía Mayo valoran a vitoria (0-3) ante Canarias na primeira xornada do Campionato de España
• #SentindoGalicia • #GaliciaCanarias•
— RFGF (@futgal) April 1, 2022
A futbolista Antía Mayo, que anotou dous goles, falaba do rival explicando: “É un equipo difícil pero fixemos o posible e aí temos o resultado. Metín os goles grazas ás miñas compañeiras. Agardabamos outro tipo de partido por que as víramos moi intensas”.
Antía Mayo, bigoleadora da xornada para Galicia: “A verdade, agardabamos outro tipo de partido xa que as tiñamos visto moi intensas”
FICHA TÉCNICA
0) CANARIAS: Sara Niz; Elena, Rocío, Leslie, Paola, María Yezaret, Martina, Paula, Levia, Yesenia e Beatriz. Tamén xogaron Aroa, Brenda, Irene e Yaritza.
3) GALICIA: Antía; Carla Amado, Carla Riomao, Nuria, Uxía, Marta Rico, Laura Testa, Carmen, Antía Mayo, Fara e Sara Pena. Tamén xogaron Sara, Andrea, Candela e Brage.
GOLES: 0-1, minuto 45: Antía Mayo. 0-2, minuto 62. Antía Mayo. 0-3, minuto 90. Candela.
ÁRBITRO: Borja Cardoso Rodríguez. Cartón amarelo para Antía Mayo e Carla Riomao.
INCIDENCIAS: Campo de Pastoriza en Arteixo, partido do Campionato de España de Seleccións Autonómicas.