- O STV Roldán chega á Sagrada Familia para medirse ao Viaxes Amarelle
O conxunto herculino do Viaxes Amarelle FSF afronta o tramo final da competición sen descanso, e isto vese nesta mesma semana santa onde a Primera Federación Futsal Feminina non para, e segue traendo unha xornada onde as galegas tratarán de atopar a primeira vitoria en casa. As herculinas mediranse ao STV Roldán FSF na tarde deste sábado 8 de abril de 2023, a partir das 18:00 horas, no Pavillón Municipal da Sagrada Familia (A Coruña). O partido corresponde á xornada 24 da máxima categoría do futsalfem estatal.
O conxunto herculino dunhas dúas últimas xornadas onde cultivaron empates, e tendo sempre a vitoria moi preto; e é por iso que o conxunto herculino segue traballando con tesón e esforzo semanalmente, para poder conseguir sumar unha vitoria que lle permita coller aire cos postos de descenso; e esta semana terá unha nova oportunidade, a pesar de que enfronte ten a un rival moi complicado.
O técnico do club herculino, Jorge Basanta, convocou para este novo duelo na competición da regularidade, ás porteiras Leti Rojo e Nerea Ramallo, así como ás xogadoras de pista, Cris Lourés, Carol Agulla, Clàudia Lobo, Èlia Gullí, María Gómez, Lau Doce, Tety, Carlita, Marta Hermo, Estela Cantero e Laura Rivas.
O rival que estará enfronte para o conxunto herculino, é o equipo do STV Roldán FSF que actualmente ocupa a oitava posición da xeral con 35 puntos, cultivados tras 10 vitorias, 5 empates e 8 derrotas, nos vinte e tres encontros que disputaron ata a data. Suman 62 goles a favor, e encaixaron 66 tantos en contra.
A escuadra murciana partía esta tempada coa intención de meterse no play-off polo título de liga, pero o conseguir 5 puntos dos últimos 24 en xogo (segunda volta), deixounas a 15 puntos do posto de play-off cando só quedan 21 puntos en xogo.
Na ida venceu o STV Roldán por 4-3
Na presente tempada ambos os equipos enfrontáronse no duelo de ida da primeira volta da competición regular, e nun partido moi emocionante e con moita igualdade ata os últimos segundos; onde as murcianas termináronse levando a vitoria por 4-3, cun gol a falta de 50 segundos para o final do encontro.
O Viaxes Amarelle FSF segue traballando duro, semana tras semana, para poder optar a conseguir a primeira vitoria da tempada como local, e á vez poder coller aire cos postos de descenso. Toca gozar sobre a cancha e pelexar polos puntos na tarde do sábado 8 de abril de 2023 no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña). Para quen non poida achegarse, hai retransmisión en streaming.
O encontro será emitido por streaming a través da plataforma da Real Federación Española de Fútbol, e xestionado por Live Vuvuzela; podendo seguir en directo o partido entre galegas e murcianas.