• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Noelia Villegas: “Non imos deixar de intentalo ata o último momento”

A xogadora do Dépor ABANCA confía nas posibilidades do seu equipo de lograr a salvación

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/06/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Noelia Villegas, xogadora do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

Noelia Villegas, xogadora do Dépor ABANCA, en rolda de prensa / RCD

85
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O futuro do Dépor ABANCA pende dun fío, pero aínda hai posibilidades de conseguir a salvación. Este é o pensamento ao que se aferra o vestiario branquiazul. A propia Noelia Villegas, defensa do equipo, asegurábao así en rolda de prensa: “Seguen quedando opcións e penso que entre a preparación que levamos de traballo e as ganas e ilusión do equipo, creo que está dentro das nosas posibilidades. Non imos deixar de intentalo ata o último momento”.

A andaluza asegura que o plantel é consciente de que os tres partidos que quedan son importantes e é necesario vencer, pero o primeiro é o desta fin de semana, ante o Granadilla Tenerife, e por iso “haino que afrontar como o máis importante”.

Villegas, RC Deportivo / SABELA MOSCOSO
SABELA MOSCOSO

Villegas xa conta con experiencia neste tipo de situacións límites, das que aprendeu que “todo se pode conseguir e aínda que as posibilidades sexan cada vez menos, e se crea que é imposible, sempre queda outra opción, outra oportunidade”.

O resto do equipo do Dépor ABANCA “está concienciado de onde estamos e o que temos que conseguir”. A defensa engade que “nese sentido creo que a xente está preparada e é consicente da situación na que estamos e creo que podemos saír dela”.

Noelia Villegas: “Os descansos ao final son importantes, igual de importantes incluso que o traballo”

Ademais, as branquiazuis non compiten na Primera Iberdrola desde hai case dúas semanas, un descanso previo aos últimos partidos da competición, e que foi positivo para as xogadoras: “Os descansos ao final son importantes, igual de importantes incluso que o traballo. Desconectar, relaxarnos un pouco, porque ao final a situación é complicada e dura e uns días libres sempre veñen ben”.

Un novo Dépor tras o partido ante o Granadilla

Na primeira volta, o Dépor ABANCA perdía por un 4-1 ante o Granadila Tenerife, no que foi o primeiro partido do 2021. Desta vez, a derrota supuxo un cambio na mentalidade do vestiario e desde entón as sensacións melloraron.

“Creo que a clave do noso cambio de principios de tempada a agora é a comodidade e a confianza que fumos collendo as xogadoras coa forma de xogar, co sistema. Creo que iso foi un punto a favor noso, que a xente comezara a atoparse ben e que foran saíndo mellor as cousas”, explica Villegas.

Noelia Villegas: “A clave do noso cambio de principios de tempada a agora é a comodidade e a confianza que fumos collendo as xogadoras coa forma de xogar, co sistema.”

Para esta nova xornada, Manu Sánchez e as súas xogadoras agardan un enfrontamento duro. Porén, o Dépor ABANCA prefire centrarse en si mesmo. “Creo que se facemos as cousas ben, o noso traballo estará refrexado no campo e ao final conseguiremos o que queremos. É máis importante iso, centrarnos en nós e conseguir o obxectivo. O rival é o menos importante”, apunta a andaluza.

Noelia Villegas, Dépor ABANCA / RCD
Noelia Villegas, Dépor ABANCA / RCD

De conseguir a salvación, as xogadoras do equipo coruñés xa están comezando a facer apostas, aínda que son un segredo de vestiario. “Saíron bastantes barbaridades que mellor as deixamos en segredo e veremos o resultado nun futuro se ao final o conseguimos”, confesa Villegas.

“Merecemos xa que a liga feminina sexa profesional”

Na vindeira tempada, a máxima categoría do fútbol feminino en España será profesional, como xa o é desde hai anos o seu equivalente masculino na categoría de ouro e de prata, ademais da primeira división de baloncesto masculino.

Un cambio anunciado polo Consello Superior de Deportes e que, en principio, modificará a lei o vindeiro 15 de xuño. Neste sentido, Noelia Villegas declarou que “é o ideal e o xusto. Merecemos xa que a liga feminina sexa profesional”.

Este foi un cambio paulatino que está a materializarse agora, tal e como recorda a xogadora: “Había moitas cousas das que pensabamos que non ían cambiar e ao final o fumos conseguindo. Esta será outra das cousas que as xogadoras e o entorno do feminino conseguiremos”.

A Primera Iberdrola pasará a ser unha liga profesional

 

Etiquetas A CoruñaAbegondoDépor ABANCANoelia VillegasRC DeportivoRCD
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Alberto Rodríguez substúe a Fran Alonso no banco do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

O arteixán Alberto Rodríguez, novo adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2026-27

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27, segundo informa o...

Imaxe de arquivo do programa Coruña en Forma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello converte a cidade nun ximnasio ao aire libre cunha nova edición de “Coruña en forma”

por Redacción As Nosas
27/06/2026
0

A Coruña volverá facer do deporte un dos grandes protagonistas do verán cunha nova edición de Coruña en forma, o programa...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.