O pavillón municipal de Vila de Cruces acolle este sábado, 24 de abril, os campionatos galegos júnior e escolar de Loitas Olímpicas, sénior e base de Loita Sambo e sénior de Grappling-Gi.
A Federación Galega de Loita (Fegaloita) e o Club de Loita Keltoi colaboran co Concello para organizar o triplo campionato cun total de 168 inscricións e 20 equipos das catro provincias galegas.
Estes torneos serán unha proba selectiva, para participar nos campionatos de España deste ano 2021: Júnior de Olímpicas e de Sambo, para os vindeiros 1 e 2 de Maio en Madrid.
A competición de Olímpicas desenrolarase en xornada de mañá, dende as 10:00 ata as 14:00 horas, de xeito ininterrompido. A competición de Sambo e Grappling-Gi será en xormada de tarde, de 16:00 ata as 20:00 horas.
A loita galega máis aló de Galicia
Os seleccionadores galegos estarán moi pendentes dos resultados dos deportistas para confeccionar as diferentes seleccións galegas. Segundo informa Fegaloita, cabe destacar o aumento no número de deportistas femininas que compiten, sendo Galicia un referente a nivel nacional no deporte feminino.
Por outra banda o Colexio Galego de Árbitros e Xuíces, que está de noraboa polas últimas convocatorias dos nosos árbitros para participar en eventos internacionais coa selección nacional, dirixirán esta competición que se desenrolará en tres tapices oficiais de 10 x 10 metros, cos novos valores do arbitraxe galego. De este xeito, poden avaliar o nivel dos colexiados que acudirán os vindeiros campionatos de España, representando a Galicia.
Os protocolos COVID-19 marcan o triplo campionato
Os campionatos celebraranse en modo burbulla e continuará esta nova tempada, escollendo Vila de Cruces como localización por segunda vez en 13 meses.
Os protocolos COVID-19, rexerán ambas competicións, establecendo un marco único de seguridade para todos os participantes. A obrigatoriedade de facer os test de antíxenos naseo-faríngeos, previos a competición, serán a grande novidade de estes eventos.