A medalla de ouro da lanzadora viguesa Irene Gómez foi o mellor posto feminino da representación galega no Campionato de España Sub20 de atletismo. A atleta acadou o primeiro lugar no concurso de martelo cun lanzamento de 55.07 m.

Ao ouro de Irene Gómez haille que sumar o bronce de Uxía Sureda en xavelina, Iria Rivas foi cuarta nos 10.000 marcha, Cristina Freire foi quinta en disco, Cristina Garrido sétima nos 100 m. e Evelyn Fernández oitava na final de peso.
No cómputo masculino e feminino, Galicia tróuxese no peto do Estadio de Vallermoso (Madrid) unha medalla de ouro, unha de prata, dous de bronce, un terceiro posto e trece postos de finalistas. Ese foi o balance logrado polo atletismo galego no Campionato de España Sub20, según informa a Federación Galega de Atletismo.
Como indicabamos, o título de campioa de España veu da man de Irene Gómez quen partía como clara favorita ao título no concurso de martelo. A lanzadora internacional, novamente sería quen de acadar outra medalla nun nacional que fan dela unha importante realidade a ter moi en conta no sector dos lanzamentos. Irene, xa afincada na Blume de Madrid, lograba este título cun mellor lanzamento de de 55.07 m.
Uxía Sureda do Lucus Caixa Rural Galega sería outra das medallistas logrando o terceiro dos metais no concurso de xavelina con 35.78 m. O seu bronce ten ademáis o mérito de producirse con tan só catro competicións disputadas este ano por esta lanzadora, o que non supuxo impedimento algún para continuar ca histórica presenza galega nos podios nacionais desta modalidade.
Na xornada do sábado, a atleta da Sociedad Gimnástica de Pontevedra, Cristina Garrido, faría un tempo de 12.62 nunha semifinal moi venxosa (-2,9). Ese rexistro permitiulle estar na final dos 100ml onde mellorou o tempo chegando sétima á meta con un crono de 12.52.
A marcha sempre presente no medalleiro, tería da man de Roberto Vieiro do C.A. Santiago ao seu protagonista. O campión de Galicia de marcha en ruta asinaba a súa proba cun crono de 44:44.73 que lle outorgan ata o momento a medalla máis importante da súa carreira deportiva con este subcampionato nacional.
Unha vez máis serían os lanzamentos quenes reportarían excelentes resultados para as nosas e nosos atletas. Yago Araujo do Real Club Celta quedaría algo alonxado dos seus de 68.75 m. de finais de agosto, máis os 66.08 m. acadados no quinto lanzamento reportarian ao subcampión galego absoluto da especialidade un excelente metal de bronce.
O atleta estradense do San Paio El Medhi El Nabaoui, tomaría parte na proba dos 5.000 m. na que remataría terceiro cun rexistro de 14:59.93 . Malia ter debutado ca Selección Nacional en categorías inferiores a normativa fai que teña que ocupar praza de extranxeiro o cal impediulle ter acceso ao metal de bronce. Con todo elo a enorme calidade deste fondista queda máis que acreditada.
Estos son as e os galegas/os que chegaron ás finais:
- 4ª Iria Rivas do Ría Ferrol nos 10.000 marcha con 55.15.37 e Jonatas Pereira do Real Club Celta, en xavelina con 55.61
- 5ª Cristina Freire da A.Viguesa de Atletismo en disco con 37.34 m.; Kristian Krasnov do C. A. Sada na final dos 400 m. con 50.06 e 5ª Cristina Freire da A.Viguesa de Atletismo en disco
- 6º Marcos Bouza do Real Club Celta en disco con 47.67 m; Bilal Dahmouni da Atlética Lucense nos 3000 obstáculos con 9:47.30; Raúl Cortizo da Gimnástica de Pontevedra na lonxitude con 7.11; Marcos Bouza do Real Club Celta en disco con 47.67
- 7ª Cristina Garrido da Sociedad Gimnástica nos 100 m. con 12.52; Juán Piñeiro do Vila de Cangas na lonxitude con 6.98 m e Ariadna Gil do Vila de Cangas en triplo con 10.84 m.
- 8ª Evelyn Fernández do Atletismo Narón na final de peso con 9.93 m
📸📸📸📸📸
Galería de fotos del #CEatletismoSub20:Fotos de los cuatro atletas de la @SGimnastica que participaron en este Campeonato de España sub20.
– Alberto Pérez en el 800ml
– @pauladelatorree en 800ml
– @criis_garrido en los 100ml
– Raúl Cortizo en longitud(1/4) pic.twitter.com/ltSvBJU2xs
— Ángela F. Sobral (@angelaa_fs) October 4, 2020
CONSULTA AQUÍ TODOS OS RESULTADOS DO CAMPIONATO DE ESPAÑA DE ATLETISMO SUB20
🚺 PODIO MARTILLO
🥇 @ireeenegc_ (55.07)
🥈 Aitana Safont (53.87)
🥉 Maria Navarro (51.08)¡Enhorabuena! #CEatletismoSub20 #GeneraciónAtletismo pic.twitter.com/UZLd2BNAlA
— atletismoRFEA (@atletismoRFEA) October 4, 2020