• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

O Viaxes Amarelle FSF supera ao 5 Coruña FSF e avanza na Copa de Galicia

O conxunto coruñés terá que enfrontarse ao todopoderoso Burela Pescados Rubén FSF no seguinte chanzo da competición

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/09/2021
en Fútbol Sala, Máis FutSal
Viaxes Amarelle na Copa de Galicia / VIAXES AMARELLE

Viaxes Amarelle na Copa de Galicia / VIAXES AMARELLE

123
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF afrontaba o primeiro partido oficial da presente tempada visitando a cancha do 5 Coruña FSF, nun particular derbi herculino de XV Copa Galicia Feminina FS. Os dous equipos apostaron por unha presión alta de balón. O Viaxes Amarelle FSF terminou dando un golpe de autoridade cun xogo rápido e que conseguía xerar ocasións de perigo constantes que terminaron por dar a vitoria ás de Jorge Basanta, tras impoñerse por un marcador de 1-10.

Os goles das de Jorge Basanta foron asinados por: Carlita (2), María Gómez, Lau Doce, Candela (2), Yaiza, Laura Rivas, Patri Romaní e un en propia porta do 5 Coruña FSF.

O partido daba comezo co saque de centro do Viaxes Amarelle FSF e nese momento xa se viu a aposta do equipo de Fani Martínez cunha presión alta de balón, e aínda que nos primeiros instantes sorprendía, o conxunto de Jorge Basanta íase asentando no xogo e xeraba as primeiras ocasións de perigo, conseguindo subir o 0-1 ao marcador aos tres minutos de xogo cun tiro exterior de Candela, que acaba tocando en Natalia Sandá en última instancia.

Natalia Sandá / 5 CORUÑA FS FEMININO
Natalia Sandá / 5 CORUÑA FS FEMININO

Sen apenas tempo a dixerilo, o Viaxes Amarelle FSF seguía buscando a portería contraria e aos catro minutos de xogo chegaría o 0-2, por medio de Carlita que recupera en media cancha, xógaa co á e na parede recibe ao medio e bate no un para un á porteira visitante.

O partido íase poñendo de fronte para o Viaxes Amarelle FSF, que pouco antes dos seis minutos de xogo conseguía poñer o 0-3 no marcador, cun gol de María Gómez, que remataba no segundo pau, un roubo de balón de Marta Hermo na presión sobre o 5 Coruña FSF. Xa na medianía do período, chegaría o 0-4 nas pernas de Carlita que finalizaba cun disparo exterior de 7 metros, un roubo de balón de Èlia.

O Viaxes Amarelle FSF tiña o partido encarrilado e parecía que segundo pasaban os minutos deixábase ir un pouco, e o 5 Coruña FSF empezaba a xerar algunha ocasión de perigo, polo que chegou un tempo morto a falta de seis minutos e medio para o final do primeiro tempo. Iisto pareceu un revulsivo para as visitantes que terminaron esta primeira parte ampliando distancias ata o 0-6. Primeiro cun gol de Lau Doce, nunha xogada que recupera a propia Lau en cancha propia, xógaa con Candela e esta devólvelle o balón a Lau Doce, que finaliza en gol, a porta baleira.

Logo chegaría o sexto do Viaxes Amarelle FSF, por medio de Candela Soria que finalizaba unha recuperación de Èlia ao bordo da área e abría o balón para que Candela non perdoase o gol.

Tras o paso por vestiarios, e co partido xa encamiñado por parte do Viaxes Amarelle FSF, ningún dos dous equipos deixaba de exercer unha presión alta. Yaiza abría ao minuto de xogo tras aproveitar un balón morto ao bordo da área, tras un primeiro disparo de María Gómez á saída dun córner, e que é entorpecido pola defensa local.

Xa co 0-7 no marcador, o 5 Coruña FSF conseguía recortar distancias a falta de 16 minutos, tras unha xogada de estratexia que finalizaría Toro no segundo pau e levaba o 1-7 ao marcador.

O 5 Coruña FSF insuflaría alento co gol, e seguía coa presión alta, pero o seu esforzo seguía sendo insuficiente para xerar perigo sobre o conxunto visitante. Xa na medianía do segundo período, Laura Rivas cun potente disparo exterior, a pase de Èlia, poñía o 1-8 no marcador. Apenas uns segundos máis tarde, anotaba un gran gol tras unha saída de presión perfecta, que Candela en última instancia vira sobre o seu par e cun balón cruzado axustado ao poste acaba anotando o 1-9, cando restaban dez minutos de xogo.

O Viaxes Amarelle FSF aínda terminaría por anotar un gol máis, a falta de sete minutos de partido, cando Patri Romaní finaliza no segundo pau un pase de Candela Soria. Xa co partido máis que resolto, ambos os equipos seguiron buscando as súas ocasións, pero o marcador permaneceu xa inalterable no 1-10.

Viaxes Amarelle na Copa de Galicia / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle na Copa de Galicia / VIAXES AMARELLE

Seguinte rival do Amarelle, o Burela

O marcador dá o pase de fase ao conxunto de Jorge Basanta á seguinte fase da competición. O seguinte partido de XV Copa Galicia Feminina, correspondente a cuartos de final, tería que disputarse a próxima fin de semana do 11 de setembro fronte ao Burela Pescados Rubén FSF, en horario e instalación aínda por determinar; aínda que actuando como equipo local, o conxunto herculino.

O Viaxes Amarelle FSF continúa traballando para chegar nas mellores condicións ao comezo de liga, e tras este partido contra un rival recentemente ascendido á competición de Segunda RFEF Futsal Feminino. Agora tocaría enfrontarse contra o vixente campión de liga, Copa e Copa Galicia, o Burela Pescados Rubén FSF.

FICHA TÉCNICA

1) 5 CORUÑA FSF: Nati Barral, Alba Rodríguez, Sandra, Ainhoa, Sarai (cinco inicial), Natalia Sandá, Toro, Alba Canosa, María Romero, Leny, Noa, Marta, Alba Vázquez, Tami Gándara.

10) VIAXES AMARELLE FSF: Sandra Rodríguez, Lau Doce, Yaiza, Élia, Candela Soria (cinco inicial), Patri Romaní, Carlita, María Gómez, Marta Hermo, Laura Rivas, Ana Bermúdez, Leti Rojo.

GOLES: 0-1 Natalia Sandá (propia puerta) (min. 3); 0-2 Carlita (min. 4); 0-3 María Gómez (min. 6); 0-4 Carlita (min. 10); 0-5 Lau Doce (min. 17); 0-6 Candela Soria (min. 18); 0-7 Yaiza (min. 21); 1-7 Toro (min. 24); 1-8 Laura Rivas (min. 29); 1-9 Candela Soria (min. 30); 1-10 Patri Romaní (min. 33).

ÁRBITROS: Eloy Bello Gómez y Mario Salinas García del Colegio de Árbitros de Ferrol. Mesa: Roberto Pena Porta del Colegio de Árbitros de Lugo. Sen tarxetas. 

INCIDENCIAS: Partido correspondente á fase previa da XV Copa Galicia Femenina de Fútbol Sala disputado no Pavillón Municipal de Novo Mesoiro (A Coruña) entre os equipos coruñeses do 5 Coruña FSF e o Viaxes Amarelle FSF. Derbi herculino.

Etiquetas 5 Coruña FSA CoruñaCopa GaliciaderbiFani Martínezfútbol salafutsalJorge BasantaViaxes Amarelle FSF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.