O club herculino Viaxes Amarelle FSF acudiu onte, luns 13 de xuño, ás instalacións de AGA-UCRAÍNA na cidade da Coruña para facer entrega da recadación solidaria que a entidade fixo ao longo da tempada 2021-22.
O presidente do club Viaxes Amarelle FSF, José María López-Pardo, e as tres xogadoras ucraínas do equipo, Daryna Tkachenko, Khrystyna Stepanenko e Olena Klimova, fixeron entrega a Natalia Afonina, presidenta de AGA-UCRAÍNA, da recadación solidaria obtida esta tempada nos partidos do primeiro equipo do club herculino.
O Viaxes Amarelle FSF mostrou o seu interese de colaborar co problema que vivimos nos últimos meses coa guerra que se sofre en Ucraína e é por iso que en colaboración coa “Asociación Galega de Axuda a Ucraína” ( AGA-UCRAÍNA) realizou unha aposta nas últimos dous meses de competición facendo unha recadación para axudar ao pobo ucraíno.
A recadación solicaria co pobo ucraíno realizaouse nos partidos contra o Rodiles FSF, Ourense Envialia FSF B, FSF Castro, Cidade de As Burgas FSF e o correspondente ao play-off de ascenso fronte ao La Boca Te Lía Futsal Alcantarilla. A recadación do despacho de billetes das entradas e achegas voluntarias que se realizaron nestas xornadas, destináronse á que a citada asociación poida destinar a axudar ao pobo ucraíno da mellor forma posible.
“O importe recadado durante estes partidos ascendeu a un total de 668,79 euros que entregaron a AGA-UCRAÍNA para que poida destinar á axuda do pobo ucraíno”, segundo informa co club Viaxes Amarelle FSF.