As herculinas do Viaxes Amarelle FSF mediranse na tarde de hoxe sábado 11 de febreiro de 2023, a partir das 18:00 horas, no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña) recibindo ao Gran Canaria FSF Teldeportivo.
O conxunto herculino do Viaxes Amarelle FSF necesita reaccionar e volver sumar para recuperar sensacións tras a derrota sufrida a pasada fin de semana. Xustamente esta semana ten unha boa oportunidade. Recibe a un rival que tamén necesita moito os puntos.
O conxunto herculino volveu ao traballo na xornada do martes, tras gozar do luns de descanso e o equipo conxurouse para refacerse do doloroso resultado sufrido a pasada fin de semana, e poder centrarse na competición, e ter o obxectivo da permanencia presente para este tramo de tempada, onde as herculinas teñen varios duelos contra rivais directos na loita por eludir o descenso.
A convocatoria de Basanta para o partido co Teldeportivo
O técnico do club herculino, Jorge Basanta, convocou para este novo duelo na competición da regularidade, ás porteiras Leti Rojo e Nerea Ramallo, así como ás xogadoras de pista, Cris Lourés, Carol Agulla, Clàudia Lobo, *Èlia Gullí, María Gómez, Lau Doce, Tety, Marta Hermo, Laura Rivas e Estela Cantero.
O rival que estará enfronte para o conxunto herculino, é o Gran Canaria FSF Teldeportivo que actualmente ocupa a décimo quinta posición da xeral con 6 puntos, colleitados tras 1 vitoria, 3 empates e 13 derrotas, nos dezasete encontros que disputaron ata a data. Suman 32 goles a favor, e encaixaron 64 tantos en contra. Estos números que colócano como penúltimo clasificado na competición da regularidade na Primera División do FutSalFem estatal actualmente.
As grancanarias están a seis puntos da permanencia, o que as obriga a loitar por puntuar canto antes para manterse con opcións de manter a categoría e seguir na elite do futsalfem español.
Na presente tempada ambos os equipos enfrontáronse en dúas ocasións; e mentres que no partido da competición regular da primeira volta, as herculinas conseguiron os tres puntos tras impoñerse por un exiguo marcador de 0-1; no segundo enfrontamento, correspondente á competición de Copa de SM A Raíña, o conxunto grancanario levou a vitoria e clasificación para a fase final da competición, tras impoñerse por un marcador de 2-0.
O equipo herculino do Viaxes Amarelle FSF tratará de recuperar sensacións, e estamos convencidos de que poñerán toda a carne no asador para poder sumar a primeira vitoria da tempada como locais. Toca gozar sobre a cancha e pelexar polos puntos na tarde do sábado 11 de febreiro de 2023 no Pavillón Municipal de Sagrada Familia (A Coruña).
Retransmisión en streaming do partido
O encontro entre o Viaxes Amarelle FSF e o Gran Canaria FSF Teldeportivo será emitido por streaming a través da plataforma da Real Federación Española de Fútbol, e xestionado por Live Vuvuzela; podendo seguir en directo o encontro a través da seguinte ligazón: