• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS, a polo ascenso!

Laranxas e verdibrancas están preparadas e dispostas para comezar esta fin de semana o seu concurso no 'play-off' de ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino estatal | Ambas as dúas escuadras saben o que é militar na élite e queren regresar e sumarse a Burela, Poio, Ourense Envialia e Marín

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
04/06/2022
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS xógasen o ascenso á elite

Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS xógasen o ascenso á elite

135
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • Non queda nada, horas, para que o Viaxes Amarelle FSF e o Cidade de As Burgas GLS empecen a súa andaina no play-off de ascenso desde a Segunda División do futsalfem á máxima categoría desta disciplina en España. 

A Primeira División do Fútbol Sala feminino estatal ten actualmente catro equipos galegos Pescados Rubén Burela, Poio Pescamar, Ourense Envialia e ENCE Marín Futsal. Se todo sae ben para os representantes da nosa comunidade neste play-off que está a piques de iniciarse, o vindeiro curso Galicia podería ter seis equipos na élite española. Serían seis clubs dun total de 16.

O sistema de competición fai que coruñesas e ourensás leven camiños diferentes nos cruces, así que é perfectamente factible que ambos os dous equipos acaden o premio do ascenso ao final do play-off.

Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle vs Cidade de As Burgas GLS / VIAXES AMARELLE FSF

O soño de volver á elite está moi preto. O Viaxes Amarelle FSF e o Cidade das Burgas xa contan as horas para a disputa das eliminatorias polo ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino español. O conxunto herculino está a 40 minutos de regresar á Primeira RFEF Futsal, mentres que as futbolsitas ourensás deberá superar un camiño máis longo para alcanzar a gran meta.

Un partido pode abondar ao Viaxes Amarelle para acadar o ascenso

No caso do club herculino as xogadoras que prepara Jorge Basanta pelexarán polo ascenso directo hoxe, sábado 4 de xuño, a partir das 18:00 horas no Pavillón Municipal da Sagrada Familia (A Coruña). As galegas reciben ao conxunto La Boca Te Lía Futsal Alcantarilla. Se gañan ese partido, son equipo de primeira. Así que so 40 minutos e un gol máis cas súas rivais as separan da gloria.

O elenco que prepara Basanta afronta con normalidade unha semana que será clave para a loita das herculinas por poder devolver o club á máxima categoría nacional do futsal feminino.

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

É importante coñecer o formato do play-off de ascenso da presente tempada debido a que como na competición existen catro grupos e só hai tres ascensos directos á Primeira RFEF Futsal Feminina.

Nesta primeira eliminatoria, os equipos que se clasificaron como primeiros dos seus respectivos grupos mídense entre si, por enfrontamentos segundo coeficientes; e os gañadores desta primeira eliminatoria, a partido único, conseguirán o ascenso á elite do fútbol sala feminino, mentres que os perdedores poderán dispoñer dunha opción nunha segunda fase eliminatoria.

É dicir, se gaña o Viaxes Amarelle FSF, xa ascende, pero de darse o caso de que perdera, aínda podería ascender ao ter unha nova opción na fase eliminatoria.

O Cidade de As Burgas ten un camiño máis longo ata á elite

Esta fin de semana tamén arrinca o camiño polo regreso á elite para o Cidade de As Burgas GLS que adestra Manolo Codeso. Será tamén hoxe, sábado 4 de xuño, desde as 19:30 horas. No seu caso falamos dunha eliminatoria de cuartos de final (a partido único). As ourensás vanse medir conxunto galego co estremeño do UD La Cruz Villanovense.

Foto de familia do Cidade de As Burgas xa clasificado para o play-off de ascenso á Primeira / SABELA MOSCOSO
Foto de familia do Cidade de As Burgas xa clasificado para o play-off de ascenso á Primeira / SABELA MOSCOSO

As ourensás foron segundas no Grupo 1 e as de Villanueva de la Serena remataron cuartas no Grupo 3, aínda que beneficiadas as pacenses de que por diante terminasen dúas filiais, o do Roldán murciano e o do Melilla. Doutro xeito, nesa posición non terían accedido a esta fase competitiva.

A folla de roteiro cara ao ascenso é fácil de entender. Os dous primeiros clasificados dos catro grupos de Segunda accederon ao play-off. Os campións van por unha banda, pois entre os catro xogan dúas eliminatorias da que saen dous ascensos. Os dous perdedores reenganchan como cabezas de serie na rolda de semifinais, ante os gañadores dos outros dos cruces dos segundos clasificados. Nesta rolda de cuartos de final é onde entra en escena un Cidade de As Burgas que tivo que esperar ata a penúltima xornada para asegurarse o sitio no play-off.

Superar tres finais non será sinxelo: a primeira o sábado na casa, a segunda ante un campión de grupo como visitante, e a terceira e definitiva só como local se se enfronta a outro segundo.

Quen dixo medo? Pódese!

Etiquetas ascensocidade de As BurgasFSFfútbol salafutsalJorge BasantaLa Boca Te Lía Futsal AlcantarillaManolo Codesoplay-offUD La Cruz Villanovenseviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.