• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

O Viaxes Amarelle quere avanzar nas condicións profesionais das súas futbolistas pero precisa achegas

Entre os obxectivos da entidade está dar de alta na Seguridade Social ás xogadoras | Propón unha campaña de co-patrocinios "desde 1.750€"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
06/09/2021
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

138
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • Búscanse pemes e persoas autónomas dispostas a apostar polo fútbol sala feminino coruñés a cambio de que a súa marca se vexa beneficiada por un “retorno publicitario relevante para a súa actividade”, razón: Viaxes Amarelle FSF. 
  • O club quere dar pasos na profesionalización das súas futbolistas, pero precisa contar con máis recursos económicos que intenta conseguir cun formato de co-patrocionios.

O conxunto coruñés do Viaxes Amarelle FSF lanza unha campaña de co-patrocinadores para seguir medrando como club no futsal feminino. Neste momento o club está a menos dun ano de chegar ao seu 25 aniversario. Desde a entidade plantexan un modelo de crecemento do club sostible ao longo do tempo. Ademais queren dotar ás súas xogadoras de condicións que se avancen no camiño da súa profesionalidade.

María Gómez, do Viaxes Amarelle FSF e Canales do Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO
María Gómez, do Viaxes Amarelle FSF e Canales do Ourense Envialia / SABELA MOSCOSO

O Viaxes Amarelle FSF actualmente pódese considerar “un referente de fútbol sala feminino na provincia da Coruña, pero como é habitual canto máis se crece, maior dotación de recursos económicos necesita unha entidade. É por iso que, de fronte esta nova tempada 2021-2022, o club lanza unha campaña de co-patrocinadores, coa mirada posta nos autónomos, pequenas e medianas empresas da provincia que decidan apostar polo deporte feminino”, explican desde a entidade coruñesa.

“Nos últimos anos o club conseguiu meterse na elite do fútbol sala feminino cuns recursos moi limitados, chegando a ser un dos clubs con menor orzamento da competición nacional. Con todo, actualmente e co camiño da profesionalización da categoría, a entidade herculina aposta pola profesionalización como club, e isto provoca un gran incremento dos gastos”, detallan.

Amarelle vs Cidade de As Burgas / VIAXES AMARELLE
Amarelle vs Cidade de As Burgas / VIAXES AMARELLE

De feito para esta nova tempada 2021-2022, o club decidiu que “todas as xogadoras do primeiro equipo, teñan licenza profesional e estean dadas de alta en seguridade social. Dotándoas dunha garantías que poucas entidades están a facer actualmente, pero é o camiño para poder dar o salto no deporte feminino”, aseguran desde o do Viaxes Amarelle FSF.

No club expresan que pensando “sempre no beneficio das xogadoras, o club conta cun corpo técnico de luxo, que non adoita ser habitual na categoría que disputará esta tempada, pero que tamén se considera o máis adecuado para que as xogadoras poidan crecer en formación”.

Adestramentos pretempada 2021-22 / VIAXES AMARELLE FSF
Adestramentos pretempada 2021-22 / VIAXES AMARELLE FSF

E se de formación falamos, non podemos esquecernos da calidade de corpo técnico coa que o club coruñés conta ano tras ano en filial e equipos de base, onde podemos destacar que a pasada tempada o club foi campión galego en categorías alevín feminino e infantil feminino, e subcampión en categoría cadete feminino. Na opinión do do Viaxes Amarelle FSF todo isto é “froito do traballo e esforzo sen límite dun club, que sempre o deu todo; pero cada vez faise máis complicado conseguir a sustentabilidade económica da entidade sen dispoñer de patrocinios privados”.

As pemes e as persoas autónomas, como aliadas

O club herculino tentou nos últimos anos “conseguir algún patrocinio de relevancia, con grandes empresas da cidade, que finalmente non frutificaron, e isto provoca que cada ano sexa máis complicado pechar as tempadas economicamente, e que os éxitos deportivos non vaian parellos do recoñecemento ou apoio de empresas privadas”.

Pretempada do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF
Pretempada do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

É por iso, que para esta nova tempada 2021-2022, o club deseñou un plan de co-patrocinadores, onde din que tratarán de “xerar sinerxias cos autónomos, pequenas e medianas empresas da provincia, para poder facer crecer en potencial económico ao club, e á súa vez devolver a estas empresas un retorno publicitario relevante para a súa actividade”.

As equipacións deportivas, o principal soporte publicitario

O principal soporte de visibilidade para esta nova tempada serán os equipamentos. O primeiro equipo lucirá na Segunda RFEF Futsal Feminino a imaxe dos co-patrocinadores tanto en camiseta como pantalón, explican desde o do Viaxes Amarelle FSF. Tamén detallan que “a imaxe desas firmas co-patrocinadoras se incluirían na cartelería do club, web, redes sociais, lonas do pavillón de xogo, así como durante a emisión en streaming dos partidos que se xoguen como local”.

O Amarelle perde na fase de promoción e descende de categoría / AMARELLE
Viaxes Amarelle  / VIAXES AMARELLE FSF

Desde o  do Viaxes Amarelle FSF aseguran que “Calquera autónomo ou empresa pode unirse á campaña de co-patrocinadores do club, incluíndo a súa imaxe nos equipamentos do primeiro equipo desde 1.750 €uros para a presente tempada 2021-22”. Falan incluso de “facilidades de pago que o club ofrece de repartir o pago en 3 cotas”.

As empresas interesadas, poden contactar coa entidade nos teléfonos 685 30 35 38 (Jose), 625 58 15 75 (Carlos); ou ben, no correo electrónico do club, patrocinadores@amarellefsf.com.

Etiquetas A CoruñaFSFfútbol salafutsalpatrocinadorviaxes amarelle
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

por Redacción As Nosas
12/06/2026
0

É a quenda da Seca. O templo do fútbol sala poiense acollerá o segundo partido da semifinal polo título de...

Derbi lucense entre FSF Castro Bloques Cando vs Reyco Burela FS / FSF CASTRO IG

O FSF Castro Bloques Cando leva o derbi lugués ante o Reyco Burela (2-0) 

por Redacción As Nosas
17/05/2026
0

  O FSF Castro Bloques Cando levou a vitoria no derbi lucense ante o Reyco Burela por un marcador de...

CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

por Redacción As Nosas
15/05/2026
0

Un novo derbi lugués vaise disputar no pavillón municipal de Ribeiras de Lea este sábado ás 19.30h entre o Reyco...

Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

por Redacción As Nosas
14/05/2026
0

Luis López-Tulla Revenga (Madrid, 17/08/1995) seguirá vivindo en Poio ata, polo menos, 2028. O club anuncia que vén de renovar...

A Selección Galega Sub-12, subcampioa no CESA de futsalfem / RFGF

Coñece as convocatorias da Selección Galega feminina e masculina para o CESA Sub-12 de fútbol sala

por Redacción As Nosas
12/05/2026
0

  O último Campionato de España de Seleccións Autonómicas (CESA) da tempada 2025/26 para o fútbol sala xa está aquí....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Futsi Atlético Navalcarnero vs Poio Pescamar nas semifinais polo título de Liga / RFEF

Segundo asalto do Poio Pescamar nas semifinais polo título de liga

12/06/2026
Podio feminino da Copa de clubs máster galega 2023 / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Balaídos acolle este domingo o galego máster de atletismo

11/06/2026
Rocío González Valcarce xoga no C.D. Calasanz en F11, no Viaxes Amarelle FSF e ten sido convocada coa Selección Galega e Selección Española de fútbol sala

Rocío González Valcarcel, derrubando barreiras no camiño cara ao seu soño

11/06/2026
Día do deporte na rúa a Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

O Día do Deporte na Rúa da Coruña reunirá a preto de 90 clubs

11/06/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.