• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Segunda División Fútbol Sal

Un Amarelle máis líder golea ao Ribamontán e A Fervenza cede dous puntos na Malata

As herculinas non deron opcións ao Ribamontán e golearon 9-0 | As rosas estiveron moi imprecisas e emparon 2-2 ante o Promesas

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
29/02/2020
en Fútbol Sala, Segunda División Fútbol Sal
amarellefsf-ribamontan | VA

amarellefsf-ribamontan | VA

141
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O Viaxes Amarelle volve sorrir despois do pau copeiro do martes fronte ao Burela Pescados Rubén FSF e faino da mellor maneira, despois de golear por un contundente marcador de 9-0, ao pechacancelas da clasificación, o Ribamontán. A Fervenza non puido pasar do empate 2-2 ante o Promesas de Logroño en casa pero suma o seu terceiro partido seguido sen coñecer a derrota.

Goleada de líder

As herculinas dominaron de inicio a fin. E esta vitoria, unido ao traspés do Fisgón Fútsal, deixa ás herculinas un pouco máis líderes, con 6 puntos de vantaxe sobre o segundo clasificado, e un partido menos que estas.
O partido empezaba cun conxunto herculino que quería ter o balón e empezar a xerar ocasións de gol, pero topouse cun rival que exerceu unha presión constante a media cancha e dificultaba por momentos as chegadas locais. Á vez, que as boas actuacións da porteira visitante impedía que chegase o primeiro gol.

amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA

Despois de varias chegadas infrutuosas, aos cinco minutos de xogo chegaba o 1-0, tras unha recuperación en primeira liña de Irune Santesteban e un perfecto golpeo de balón desde 7 metros para mandar o balón ao fondo da rede visitante. Tras este tanto, o ritmo de partido continúo con intensidade, e chegadas constantes das herculinas, pero faltaba o gol.

Eran chegadas moi claras para as locais, mentres que as visitantes afanábanse nunha defensa, con presión a media cancha, pero intensa, aínda que non conseguían roubar nin xerar o suficiente perigo sobre a portería defendida por Tami.

amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA

Os minutos pasaban, e o gol seguía resistíndose para as locais, ata que a falta de seis minutos para o tempo de asueto, nunha clara ocasión para as locais a porteira visitante sae fose da área e bloquea o balón coa man, provocando isto a expulsión por vermella directa da meta cántabra. O rival quedaba cunha xogadora menos na cancha, e as herculinas tiñan unha falta ao bordo da área, que aproveitaban cunha xogada de estratexia para que Yaiza, a pase de Patri Corral, puxese o 2-0 no marcador.

A intensidade das locais non baixaba, e apenas uns segundos máis tarde, as herculinas metían un balón á área, e a defensa visitante no seu afán de botar o balón fóra, acabou por metelo ao fondo da súa propia portería, subindo así o 3-0 ao marcador. Aínda quedaba partido por diante, pero as visitantes aguantaron as arremetidas galegas e mantiveron o 3-0 para chegar ao tempo de asueto.

amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA

Na continuación, o conxunto herculino seguía coa posesión do balón e xerando perigo sobre a portería visitante, e o Ribamontán al Mar FSF aguantaba e atallaba ocasións moi claras das locais. Pero aos oito minutos de xogo chegou unha gran combinación entre Patri Romaní e Patri Corral, onde esta última terminou por poñer o 4-0 no marcador finalizando a xogada dentro da área.

A pesar da diferenza no marcador, o Viaxes Amarelle FSF seguía cunha presión alta de balón sobre o seu rival, e nunha contra armada polas visitantes, o conxunto local consegue recuperar o esférico e nunha rápida transición entre Patri Corral e Inés Suárez, a última poñía o 5-0, a falta de sete minutos para a conclusión do encontro.

O partido estaba decidido, pero ningún dos dous equipos baixaba os brazos, e coa intensidade característica do cadro laranxa, María Gómez recuperaba un balón e nun disparo exterior de 8 metros pon o 6-0 no luminoso, cando quedaban tres para o final do partido. Xa a falta de pouco máis de minuto e medio para o final do tempo regulamentario, as herculinas executaban unha xogada de bela factura, cunha gran triangulación entre Irune Santesteban, María Gómez e Inés Suárez, onde a primeira termina a xogada cun balón ao segundo pau dentro da área e sen oposición, subindo o 7-0.

amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA

Quedaban segundos para terminar o partido, e as herculinas mantiñan a presión alta sobre o seu rival, e a falta de pouco máis de trinta segundos, recuperan un balón, e nunha xogada entre Inés Suárez e María Gómez, a última pon o 8-0 no marcador. Parecía que todo se ía a ir así, pois restaban pouco máis de trinta segundos de xogo, pero chegou a conexión da Costa da Morte, entre Inés Suárez e Patri Romaní, onde a última culmina a xogada dentro da área e sen oposición, sumando o 9-0 no marcador, cando restaban dez segundos por disputarse; resultado que ao cabo sería definitivo.

Tras este novo encontro da tempada, o Viaxes Amarelle FSF regresará o luns ao traballo, para preparar o seguinte partido que non terá lugar ata dentro de dúas semanas, por ter ser xornada de descanso na competición para o Grupo 1. As herculinas dirimirán o seguinte partido de liga, correspondente á décimo novena xornada de liga a fin de semana do 14 de marzo en horario e pavillón aínda por determinar visitando ao Ourense Envialia FSF B.

 

1 de 7
- +
amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA
amarellefsf-ribamontan | VA

FICHA TÉCNICA

VIAXES AMARELLE: Tami, Patri Romaní, Inés Suárez, Yaiza, Patri Corral (cinco inicial), Irune Santesteban, Reneé, María Gómez.

RIBAMONTÁN: Paula López, Noiva, Lidia, Ana Isabel, Sofía (cinco inicial), Carolina, Paula Valdivielso, Sandra, Marina, Blanca (porteira suplente).

GOLES: 1-0 Irune Santesteban (min. 5); 2-0 Yaiza (min. 14); 3-0 Lidia (propia puerta) (min. 15); 4-0 Patri Corral (min. 28); 5-0 Inés Suárez (min. 33); 6-0 María Gómez (min. 37); 7-0 Irune Santesteban (min. 38); 8-0 María Gómez (min. 39); 9-0 Patri Romaní (min. 39).

ÁRBITROS: José Manuel Carreira Romero e Roberto Martínez Pena colexio de árbitros da Coruña. Mesa: Berta García Vázquez do colexio de árbitros da Coruña.

Tarxetas: Paula López del Ribamontán Al Mar FSF (Tarxeta vermella).

Incidencias:Partido correspondente á décimo oitava xornada do Grupo 1 da Segunda División Nacional Feminina FS disputado o sábado 29 de febreiro de 2020 no Pavillón do Complexo Deportivo de Elviña I (A Coruña) entre o Viaxes Amarelle FSF e o Ribamontán al Mar FSF.

A Fervenza paga as imprecisións cun empate

As rosas non puideron pasar do empate 2-2 ante un Promesas moi necesitado de puntos que apretou as ferrolás. As xogadoras dirixidas por Chipi pagaron en exceso a falta de acerto e as imprecisións durante os 40 minutos e deixaron escapar dous puntos da Malata ante un equipo, o Promesas, que mañá terá que volver a xogar na mesma pista ante o Valdetires.

O técnico galego saía ao partido co quinteo inicial formado por Lu, Cris, Nata, María y Elvi en busca de seguir coa boa dinámica e sumar a súa segunda vitoria consecutiva. No minuto 15 de partido un gol de Sabela Roca poñía as galegas por diante. Con 1-0 chegaríase ao descanso na Malata.

A Fervenza - Ourense B
A Fervenza

Tras o tempo de lecer, o Promesas Logroño poñería as táboas no luminoso no minuto 7 da segunda metade. E tan só tres minutos máis tarde poñeríase por diante e metería presión as rosas. Pouco duraría a alegría as visitantes xa que Elvira López poñería o empate final cando o marcador amosaba o minuto 11 deste segundo tempo.

Empate que consolida un refacho de tres partido sen coñecer a derrota e deixa ás ferrolás na 6ª posición con 23 puntos. As pupilas de Chipi visitan a vindeira xornada ao C.D. Universidad De Valladolid.

Nos encontramos en La Malata donde a las 19:00 horas comienza un apasionante @afervenzafsf contra @EDFL_oficial pic.twitter.com/zTIpeOaHwS

— Comarcal A Fervenza (@afervenzafsf) February 29, 2020


FICHA TÉCNICA

A FERVENZA: (quinteto inicial) Lu, Cris, Nata, María y Elvi.

GOLES: 1-0 Sabela Roca (minuto 15), 2-2 Elvira López (minuto 33)

Etiquetas A Fervenzafútbol salafutsalPromesasRibamontánSegunda Divisiónviaxes amarelle
Comparte9Chía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.