• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

As veteráns do Club Remo Puebla darán o pregón das festas do Carme dos Pincheiros

Patricia Lojo: "É unha homenaxe merecida ás mulleres que levan o nome da Pobra aló onde van e que, ademais, foron as gañadoras do Campionato Galego de Veteranas"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
28/07/2025
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Presentación das festas do Carme dos Pincheiros nas que darán o pregón as veteráns do Club de Remo Puebla / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

Presentación das festas do Carme dos Pincheiros nas que darán o pregón as veteráns do Club de Remo Puebla / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

356
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

  • As remeiras veteráns do Club de Remo Puebla foron elixidas para ser pregoeiras das festas do Carme dos Pincheiros que se celebran entre o venres, 15 de agosto, e o luns, día 18

Os característicos cabezudos volverán invadir A Pobra do Caramiñal da man dunha nova edición das festas de Carme dos Pincheiros. A cita, organizada pola Comisión de Festas Carme dos Pincheiros en colaboración co Concello e a Xunta de Galicia, celebrarase entre os días 15 e 18 de agosto, ofrecendo un completo programa no que os xigantes e cabezudos compartirán protagonismo coa música, os xogos e os xa clásicos San Juerguines.

Así o avanzaron na presentación das festas a concelleira de Cultura, Patricia Lojo, o presidente da Comisión, Jesús Maneiro, durante a presentación do programa, na que participaron tamén o secretario e o vogal. As remeiras veteráns do Club Remo Puebla serán as pregoeiras destas festas.

Durante a súa intervención, a edil incidiu na importancia desta festividade, “que conta cunha gran tradición na Pobra”. A orixe do Carme dos Pincheiros atópase, precisamente, nuns mariños (os coñecidos como pincheiros) que se dedicaban á arte da pesca de pincho, moi empregada na ría de Arousa no século XVIII. Lojo subliñou o compromiso do goberno “por manter vivos este tipo de celebracións que falan da nosa historia como concello pero que supoñen tamén un revulsivo para o consumo económico durante catro días”. Nesta ocasión, a achega do Concello chegou ata os 35.000 euros.

Nesta edición, serán uns trinta os cabezudos e xigantes que percorrerán as rúas do municipio. Non faltarán os reis, Brancaneves e os sete enaniños, as personaxes de Asterix e Obelix, cabalos e mesmo un dragón. Detrás destas confeccións hai un traballo de varios meses nos que a Comisión se encarga de arranxar calquera dano e de pintar as cabezas.

Pregón das veteráns do Club de Remo Puebla

O programa dará comezo o venres, 15 de agosto, co lanzamento das bombas de palenque ás 19.00 horas. A partir dese momento, os xigantes e cabezudos iniciarán tamén o seu percorrido polas rúas da Pobra, un tour que farán coa ambientación musical do Grupo de Gaitas Trécola. Ás 19.30 horas terá lugar a imposición de escapularios aos novos confrades e haberá unha misa interpretada pola coral Lauda Sión.

Ás 21.00 horas darase o pregón oficial das festas desde o balcón da Casa do Concello. Nesta edición, correrá a cargo das remeiras Veteranas do Club Remo Puebla, unha “homenaxe merecida ás mulleres que levan o nome da Pobra aló onde van e que, ademais, foron as gañadoras do Campionato Galego de Veteranas”, tal e como explicou Patricia Lojo ao falar destas remeiras do Club Remo Puebla.

As 22.00 horas, terá lugar a ambientación musical, incluída no programa Verán Cultural do Concello. A praza Alcalde Segundo Durán acollerá os concertos da banda de versións Ajencia Trivutaria (22.00 horas) e de Martin Human (23.00 horas). O remate da festa correrá a cargo de Chocolate Disco Móvil.

Sábado de San Juerguines

O sábado, 16 de agosto, a actividade arrincará ás 11.00 horas coa música da Banda de Música de Rianxo, da Banda de Gaitas Os Castros de Ames, o Grupo de Gaitas Xiada, Os Caraveiros, o Grupo de Gaitas O Ar de Loureda e o Grupo de Gaitas Os Argalleiros.

Ás 12.30 horas tomarán a remuda os xigantes e cabezudos ao son do Grupo de Gaitas Trécola e, entre as 12.00 e as 14.00 horas, haberá tamén xogos populares no Cantón da Leña. A Banda de Música de Rianxo realizará un recital ás 13.00 horas nos xardíns de Valle-Inclán.

Os San Juerguines serán unha das actividades fortes no sábado. Comezarán ás 13.30 horas cunha sesión vermú na que actuarán Mekánika Rolling Band e na que haberá, ademais, unha sesión DJ.

Ás 16.30 horas terá lugar a Festa da Auga, un clásico nestas festas e na que se prevé a participación de centos de persoas. Nese momento, as rúas do núcleo urbano convértense nunha auténtica batalla na que o obxectivo é mollar a calquera persoa que pase pola zona. Ás 18.00 horas terán lugar as Olimpíadas Pincheiras e, ás 22.00 horas, a festa continuará con Planet Disco Móvil, Mateo Abelleira e Tito Maverick.

En paralelo, haberá tamén unha actuación da Orquestra Mar Azul (22.30 horas) e Condutores Suicidas (00.00 horas), banda tributo a Sabina.

Domingo

O domingo, 17 de agosto, as propostas arrincarán tamén ás 11.00 horas coa música da Banda de Música de Rianxo, da Banda de Gaitas Os Castros de Ames, o Grupo de Gaitas Xiada, Os Caraveiros, o Grupo de Gaitas O Ar de Loureda e o Grupo de Gaitas Os Argalleiros.

Ás 11.30 horas haberá unha entrada na vila e un desfile da Banda Militar da Brilat, que tamén dará un concerto ás 12.00 horas no Campo da Leña. A continuación, a Banda de Música de Vilaboa (ás 13.00 horas) fará o propio, ofrecendo un recital nos xardíns de Valle-Inclán. Ás 18.30 horas terá lugar a misa solemne e a procesión na honra da Virxe do Carme. A Asociación de Amas de Casa e da Confraría de Pescadores fará unha ofrenda no pantalán.

A Olimpus actuará ás 22.30 horas e o remate da xornada estará marcado por Chocolate Disco Móvil.

Xornada de peche das festas do Carme

O luns, 18 de agosto, os xigantes e cabezudos farán acto de presenza ás 12.30 horas. Entre as 12.00 e as 14.00 horas os máis pequenos e pequenas da casa gozarán da Pincherolandia e da festa da espuma na praza Alcalde Segundo Durán (haberá un segundo pase entre as 17.00 e as 19.00 horas) e, ás 13.00 horas, está previsto o concerto da Banda de Música de Lantaño nos xardíns Valle-Inclán.

Ás 20.00 horas levarase a cabo un desfile de despedida dos xigantes e cabezudos acompañados polos grupos de gaitas. O remate do Carme dos Pincheiros chegará cunha actuación do grupo The Broken Peach (22.30 horas), coa gran queima de fogos artificiais e combate naval (00.15 horas) e coa sesión de Chocolate Disco Móvil (00.30 horas).

Etiquetas Club de Remo Pueblaremoveteráns
Comparte2Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Regata de barco dragón no Nautical Festival 2025 na Coruña / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña acolle este sábado a Regata de Dragóns, enmarcada no Nautical Festival 2025

por Redacción As Nosas
24/10/2025
0

  Este sábado A Coruña volverá situarse no mapa nacional da náutica coa II edición da Regata de Dragóns, que...

VII Trofeo Teresa Herrera - 4ª Bandeira feminina de Traiñeiras / @RAULFC_FILM

A Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª Bandeira Teresa Herrera, unha das probas clásicas da bahía coruñesa e broche final das festas da cidade

por Redacción As Nosas
25/08/2025
0

  A cidade da Coruña acolle esta fin de semana a 39.ª edición da Bandeira Teresa Herrera de traiñeiras, unha...

As veteranas do Club Remo Puebla, pregoeiras das festas / CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL

“A idade é só un número, nunca un obstáculo”, as veteranas do Club Remo Puebla dan o pistoletazo de saída ás festas do Carme dos Pincheiros dando o pregón

por Redacción As Nosas
15/08/2025
0

  As Veteranas do Club Remo Puebla asumiron este ano o pregón das festas da Pobra do Caramiñal. As remeiras,...

Chapela-Wofco venceu a Bandeira Feminina Virxe do Carme no O Grove / LIGA GALEGA DE TRAIÑEIRAS

Chapela-Wofco imponse por partida dobre en Pedras Negras

por Redacción As Nosas
12/07/2025
0

  A Liga Feminina e a Liga A ofreceron unha tarde de remo en San Vicente do Mar (O Grove)...

As remeiras de Chapela-Wofco, gañadoras do Tereresa Herrera de traiñeiras na Coruña / LIGA LGT

A conta atrás para o inicio da temporada 2025 da Liga Galega de Traiñeiras

por Redacción As Nosas
16/06/2025
0

  O calendario de bandeiras da Liga Galega de Traiñeiras soltará estacha o vindeiro día 28 A Liga Feminina é...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.