• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Máis FutSal

Verónica Díaz, memoria viva dunha xeración que marcou o rumbo: “Sinto unha envexa moi sa polas xogadoras que van estar no Mundial”

Sara González por Sara González
20/11/2025
en Fútbol Sala, Máis FutSal
Primeira Selección de fútbol sala feminino de España / YOUTUBE ANA AMADO

Primeira Selección de fútbol sala feminino de España / YOUTUBE ANA AMADO

263
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Verónica Díaz Rodríguez (Ferrol, 1972) foi unha das doce xogadoras chamadas para formar parte da primeira Selección Española de fútbol sala da historia, xunto a outras tres galegas: Bea Seijas, Ana Silva e María Bardanca, e o técnico Roberto Amado, primeiro seleccionador de España, tamén galego. Aquel equipo puxo os cimentos para que se consolidase a que hoxe é unha das seleccións favoritas para facerse co título mundialista e na que, curiosamente, volve haber catro galegas.

Con quince anos, o Liceo da Coruña fixouse nela: non pasou desapercibido para o conxunto herculino o talento que xa se percibía nunha moza Verónica Díaz, e acabaron por fichala. Tan só un ano despois, este equipo fusionouse co Meirás, o conxunto ferrolán no que militou o resto da súa carreira deportiva.

Aínda que día de hoxe non segue moi de cerca o fútbol sala, Verónica Díaz segue sentindo o latexo da Selección Española, e confía e desexa que o cadro estatal poida facerse co título de campioas do mundo.

A.N.: Como describiría o fútbol sala dos seus comezos?

Verónica Díaz: Calquera pode imaxinar como era o fútbol sala nos 90: as axudas eran poucas, non había moita xente que se involucrase no fútbol sala feminino e quen ía conseguindo avances eran, sobre todo, os presidentes; Víctor Sieiro, no Sal-Lence, e Pilar Rodríguez, no Meirás. Os dous pelexaron moito por este deporte.

Aínda con esas condicións, nós faciámolo todo con moitísima ilusión.

A.N: Como lembra a chamada da Selección Española?

Verónica Díaz: Avisoume o club de que me chamaran para unha concentración coa Selección Española que duraría uns días, e iso xa o vivín con moita emoción porque non o esperaba. Fun, e pouco despois o seleccionador avisounos de cales iamos ser as convocadas. Tiven esa sorte. Para min era case o máis importante que me podía pasar. Foi moi emocionante;  paseino moi ben e gocei moito da experiencia. Ademais, fomos abrindo camiño para as compañeiras que viñan detrás.

A.N: Cal é o recordo do seu primeiro partido formando parte da selección absoluta de fútbol sala?

Verónica Díaz: Lembro os dous partidos que se xogaron. O primeiro foi un amigable en homenaxe a unha persoa falecida, e o segundo, que tivo lugar o 29 de decembro en Narón, foi contra Portugal. Creo recordar que gañamos 4-1. A ilusión era moi grande, xogaba con futbolistas ás que xa coñecía da selección galega e con outras ás que só tivera como rivais en División de Honor. Lembro tamén que practicabamos un fútbol máis táctico; sen desmerecer o de agora, que é moito máis físico e conta con xogadoras que son practicamente atletas de elite.

Primeira Selección de fútbol sala feminino de España, na que estaban as galegas Ana Silva, Bea Seijas, María Bardanca e Vero / YOUTUBE ANA AMADO
Primeira Selección de fútbol sala feminino de España / YOUTUBE ANA AMADO

A.N.: Como percibía a sociedade a figura dunha muller que xogaba ao futsal?

Verónica Díaz: Que unha muller xogara ao fútbol sala non se vía ben porque, en realidade, nunca te viñan ver. Cando nos poñiamos a xogar, fora un torneo, a liga ou a competición que fose, a xente que viña sorprendíase, porque a maior parte da sociedade nin sequera sabía que unha muller puidese practicar tamén fútbol sala. Algunhas veces, nos adestramentos, enfrontabámonos aos homes e é verdade que, loxicamente, nos gañaban por forza, pero en cuestión de técnica, víronse en apuros algunha vez.

É certo que agora, grazas a Deus, se lle está dando moita visibilidade ao fútbol; debería suceder o mesmo co fútbol sala e con calquera deporte feminino, porque aínda se continúa vendo a figura da muller como o elo máis débil, e cando a xente vai algunha vez a ver un partido de mulleres, sexa do deporte que sexa, acaba por sorprenderse.

A.N.: Naquel tempo, imaxinaba que o papel da muller neste deporte acabaría sendo tan importante?

Verónica Díaz: Naquel momento, non. Os recursos dos que dispoñiamos eran moi escasos e resultaba moi complicado conseguir patrocinadores. Pechábasenos case cada porta á que intentáramos chamar, pero ao final, fóronse logrando cousas grazas á xente que se involucrou e pelexou para que o deporte evolucionase. Aínda queda moito por facer, pero agora estamos a uns días de que comece o Mundial, que é un logro importantísimo.

A.N.: Considera que este gran torneo debería terse celebrado moito antes?

Penso que sí, que todo avanzou moi amodo. O que pasa e que, é o mesmo de sempre, as institucións, a Federación Española, a FIFA… ou non lles interesaba ou non se involucraron tanto como deberían para que o  Mundial se celebrara antes.

Verónica Díaz: “Canto daría eu por poder xogar un Mundial”

A.N.: Como é para vostede experimentar este Mundial desde a outra beira?

Verónica Díaz:  Sinto unha envexa moi sa. Nos fomos as pioneiras, pero véxoas agora e penso: “Canto daría eu por poder xogar un Mundial, un Campionato de Europa ou algo así de importante”. Na miña etapa no fútbol sala gocei moitísimo ata que deixei de xogar; paseino moi ben, viaxei moito, coñecín a moitas persoas e pasámolo en grande, pero sempre che queda cravada esa espiña de non poder no vivir noso momento o mesmo que está pasando agora.

A.N.: Síntese parte do conseguido?

Verónica Díaz: Si. Se a Federación, naquel momento, non crease a Selección para disputar eses partidos, non poderiamos ter sido as pioneiras nin axudar a que todo fose evolucionando. Incluso á marxe da Selección, naquela época, aínda que todo avanzaba pouco a pouco, xa iamos facendo forza para que as cousas mellorasen. O que pasa é que todo dependía tamén da implicación das institucións, dos patrocinadores, dos equipos, etc. De feito, algúns deses equipos chegaron a desaparecer porque non tiñan orzamento suficiente.

 

1 de 5
- +
Acto de homenaxe ás pioneiras da 1º Selección de fútbol sala feminino de España / CONCELLO DE VALDOVIÑO
Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO
Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO
Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO
Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO

1. Acto de homenaxe ás pioneiras da 1º Selección de fútbol sala feminino de España / CONCELLO DE VALDOVIÑO

Acto de homenaxe ás pioneiras da 1º Selección de fútbol sala feminino de España / CONCELLO DE VALDOVIÑO

2. Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO

Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO

3. Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO

Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO

4. Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO

Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO

5. Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO

Acto de homenaxe ás pioneiras do fútbol sala español e galego / CONCELLO DE VALDOVIÑO

A.N.: Como pioneira, como ve o fútbol sala actual?

Verónica Díaz: Son case atletas de elite, viven por e para o fútbol sala. Antes as cousas facíanse doutra maneira, marchabas no autobús coas compañeiras todo o fin de semana e gozabas diso; despois incluso quedabas para saír de festa ou celebrar calquera cousa. Era como unha familia. Comprendo que agora, loxicamente, elas vivan por e para o fútbol sala, porque ademais cobran uns cartos por iso.

A nivel deportivo estou un pouco desconectada, pero si que vou vendo algún partido e vexo un xogo moito máis físico; antes era máis pausado, pero considero que nós eramos mellores tecnicamente. Coincidín con María (Bardanca) e con Bea (Seijas) nun partido en As Pontes, tamén estaba por alí Roberto Amado (ex seleccionador nacional), e vendo o partido chegamos á conclusión disto que dicía, todo é máis físico e, sen desmerecer nada a técnica de agora, antes o nivel era superior.

Por exemplo, en canto ao talento individual, Bea era unha xogadora que nunha baldosa facía algo incrible e era capaz de resolver un partido; Ana Silva tamén era ese tipo de xogadora, ou Lis Franco. Todas tiñan esa capacidade de tomar decisións nun par de segundos. Creo que iso se está perdendo, e cando falo disto con elas, coincidimos nesta opinión.

Verónica Díaz: “Sempre soa Brasil entre as seleccións con mellor nivel, e a verdade é que non coñezo ao resto, pero nós somos campioas de Europa e espero e desexo que teñan sorte nos momentos determinantes, que as respecten as lesións e que poidan gañar”

A.N.: Cal é a súa previsión sobre o papel que desempeñará a Selección Española neste Mundial?

Verónica Díaz: Sempre soa Brasil entre as seleccións con mellor nivel, e a verdade é que non coñezo ao resto, pero nós somos campioas de Europa e espero e desexo que teñan sorte nos momentos determinantes, que as respecten as lesións e que poidan gañar.

 

 

O primeiro Mundial de Fútbol Sala feminino da historia contará con representación galega

Así chegou España ao Mundial de futsal e así buscará chegar á final

María Bardanca, parte da xeración que construíu a 1.ª Selección Española de futsalfem: “É un orgullo que haxa catro galegas no primeiro Mundial”

Bea Seijas, integrante da 1.ª Selección Española de futsal: “Non teño ningunha dúbida de que España pode chegar a alzar o título mundial”

Ana Silva, peza clave da 1.ª Selección Española de futsal: “Pensaba que era a única rapaza que xogaba ao fútbol”

Etiquetas fútbol salaMundialSelección españolaVerónica Díaz
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A galega Paula Ginzo coa Selección Española na final do Eurobasket 23 contra Bélxica / FEB

Tres galegas, na convocatoria da Selección Española de baloncesto do vigués Miguel Méndez para preparar a Copa do Mundo

por Redacción As Nosas
25/07/2026
0

O técnico vigues Miguel Méndez, actual adestrador da Selección Española Absoluta feminina de baloncesto, convocou a 21 xogadoras para preparar...

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.