• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Fútbol

Vero Boquete: “Hai que facer unha nova Lei do Deporte que dea cabida as cuestións relacionadas coa muller”

"O meu equipo é o Compostela, pero estaría encantada de vestir a camisola do Deportivo" | "Ser feminista é ter sentido común"

Silvia Carregal por Silvia Carregal
09/01/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Vero Boquete / AS NOSAS

Vero Boquete / AS NOSAS

129
COMPARTIDOS
302
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
  • “A aposta do Dépor polo feminino é fantástica, oxalá o Celta tamén o fixera e puidésemos ter eses dous referentes para as nenas galegas”.

  • “Tere Abelleira estivo no meu Campus, xogamos xuntas na Selección Galega, estaría encantada de xuntar camiños outra vez”.

  • “A Liga Iberdrola é moi diferente á de 10 anos, vese a evolución, as rapazas que comezan terán máis oportunidades”.

AS NOSAS: SILVIA CARREGAL / IAGO CEREZUELA 

 

Entrevista a Vero Boquete / AS NOSAS
Entrevista a Vero Boquete / AS NOSAS

A galega Vero Boquete (Compostela, 1987) é unha das futbolistas españolas con maior proxección internacional.

Desde que comezou a xogar no Xuventú Aguiño vestiu moitas camisetas. En España defendeu a elástica de clubs como o Zaragoza ou o RCD Espanyol. Pero ten xogado en ligas de medio mundo. Competiu en lugares como Alemaña, Suecia, Francia ou Estados Unidos. Alí volveu para se sacar a espiña deportiva de non ter aínda no seu palmarés persoal o título norteamericano. Para conseguilo fichou polo Utah Royals FC. É embaixadora UEFA e ten sido internacional coa Selección Española absoluta coa que xogou o Mundial de Canadá no 2015.

Entre os seus títulos e recoñecementos, unha Champions, dúas Copas da Raíña, a Medalla Castelao, e a Medalla de Bronce ao Mérito Deportivo. Por se fose pouco, estivo nomeada ao Balón de Ouro. Aí é nada… Todo un nome propio do fútbol galego, español e internacional.

Este Nadal regresou un ano máis a Galicia e recibiu ao equipo das Nosas en Malpica, onde impartiu unha charla na que a rapazada fíxolle todas as preguntas imaxinables. Nós tamén lle fixemos algunhas que compartimos con vós nesta entrevista.

– As Nosas: O Campus Vero Boquete suma xa 9 anos. Está a cumprir as expectativas coas que o creaches?

Vero Boquete: Si. Non é doado para moitos eventos manterse no tempo. Para todos os que formamos parte da Escola Boquete é moi satisfactorio ver que continuamos aí, e que tanto pais, como nais, como rapaces e rapazas seguen apostando por nós. Naceu un pouquiño para dar difusión ao deporte feminino, neste caso ao fútbol, e tivo moi boa acollida. Dámoslle un ámbito un pouco máis social, son tres días de convivencia cos rapaces. Non sei se van contentos, pero nós si que imos.

– AN: Pasan os anos e segues a ser a referente do fútbol feminino en Galicia. Non hai aínda sucesoras para Vero Boquete ou a túa estela aínda ten tanto peso que é complicado sumar máis efectivos a esa loita común de facerse ver como futbolistas diante da opinión pública, dos seareiros… Botas en falta estar un pouco máis acompañada?

V.B.: Penso que nos últimos anos temos moitas máis rapazas que están chegando aí. Temos o exemplo claro do Deportivo ABANCA que está na Primeira División. Esas xogadoras son o referente para as máis cativas. Ao mellor con respecto a outras comunidades autónomas Galicia, no caso do fútbol feminino, vai cun pouco máis de atraso, pero creo que o futuro é bo e sairán moitas Veros Boquete e mellor ca min, seguro.

– AN:  Dirías que es feminista ou simplemente unha persoa co dous dedos de fronte que actúa de xeito normal na vida?

V.B.: E que creo que ser feminista é ter sentido común e ter dous dedos de fronte. Todos deberiamos ser feministas. Ás veces hai un pouco de conflito con iso. Non se trata de que a muller estea por diante, se non de acadar esa igualdade como seres humanos. Creo que son moi consciente de que, do mesmo xeito que traballo e busco todas as maneiras de atopar esa igualdade, creo que levamos unha cultura e unha historia que non nos deixou medrar durante moitos anos e iso marca a nosa sociedade e a nosa xente.

Temos que ser conscientes diso, de que vai levar máis tempo. Se imos xuntos, chegará máis rápido. Son positiva, creo que estamos no camiño correcto.

Vero Boquete / AS NOSAS
Entrevista a Vero Boquete / AS NOSAS

– AN: En que momento tomas consciencia de que, se queres vivir disto, tes que marchar?

V.B.: Xa con 17-18 anos tiven que saír primeiro de Galicia. Sabía que para seguir crecendo e xogar ao máximo nivel aquí no meu país, non podía continuar aquí. Primeiro marcho a Zaragoza, de alí a Barcelona e chega un momento no que son consciente de que para poder estar entre as mellores do mundo, para poder ser 100% profesional, e conseguir os maiores éxitos deportivos que buscaba teño que saír do meu país, dou o salto aos Estados Unidos. A partir de aí si que consigo o recoñecemento a nivel internacional e comeza a miña carreira internacional en diferentes países.

“Todos deberiamos ser feministas. Ser feminista é ter sentido común”.

– AN: Aínda hoxe fútbol español é moi diferente ao que te podes atopar en EE.UU., Suecia, ou China, onde tamén tes experiencia? Refírome sobre todo á cobertura, seguimento de seareiros…

V.B.: Ata agora si que era así. En Estados Unidos hai máis afección nos campos, noutros países tes máis espazo nos medios, nas televisións, na prensa, na radio… pero hai uns anos que iso comezou a mudar en España. Nos últimos 2-3 anos o salto do fútbol feminino é notable. Estamos pasando de ser un deporte minoritario, ao mellor o obxectivo é que sexa o deporte máis escollido polas mulleres. Nos últimos anos iso mudou. Cada vez comparámonos máis coas grandes potencias e non teño dúbida de que os vindeiros anos será moito mellor.

En España temos cultura de fútbol. Aquí sexas home ou muller, como quen di, naces sabendo de fútbol porque é o que ves e escoitas na túa contorna. Iso noutros países non acontece. Estados Unidos é un exemplo claro. Eu fun para poder ser profesional, tivo durante moitos anos a mellor liga do mundo, segue a ser o sitio máis recoñecido por ser campioas do mundo na actualidade pero esa cultura de fútbol que temos aquí en España, eles non a teñen. Sen embargo, están na cúspide deste deporte.

– AN: De feito alí o fútbol é cousa de rapazas?

V.B.: Si. Iso cambia todo desde a base. En Estados Unidos, se naces nena, todo te vai levar a que escollas ese deporte cando ata o de agora aquí era ao contrario. Empuxábante cara ao balonmán, o baloncesto, a ximnasia rítmica… a calquera outro deporte considerado máis feminino. Non ao fútbol. Iso nos amosa que realmente o cambio é a nivel de mentalidade. Que o fútbol é un deporte para todos.

– AN: De feito a túa intención é, dentro de moitos anos cando remates a túa traxectoria como futbolista, seguir vinculada ao fútbol como adestradora. Xa te estás preparando?

V.B.: Si. Creo que decidín que ía ser adestradora ao mesmo tempo que decidín ser xogadora. O tiña claro. Venme da casa. O meu pai é adestrador, crecín con iso. Durante todos os anos que levo de carreira foi algo que me gustou. Cada vez estou máis preparada porque teño máis experiencia, aproveito a miña estancia en diferentes países, clubs e con diferentes adestradores para irme collendo cousas de todos eles, para irme preparando cos títulos necesarios. Sen dúbida, cando a miña carreira como futbolista remate estarei moi preto porque agardo que sexa desde un banco.

– AN: Supoño que como afeccionada viviches nalgún momento un Dépor – Celta. Para cando un derbi galego feminino? Gustaríache?

V.B.: Si, claro. Gustaríalle a calquera. Gústelle o fútbol feminino ou non. Ao final un Dépor – Celta é sempre atractivo. É unha mágoa que o Celta a día de hoxe aínda non teña a súa sección feminina. Pero sei que no club están barallándoo, están buscando a maneira de poder facelo. Oxalá teñamos ese derbi moi pronto e que sexa na máxima categoría.

“É unha magoa que o Celta aínda non teña a súa sección feminina. Pero sei que están buscando a maneira de poder facelo”.

– AN: Segues á Liga Iberdrola e ao Dépor na distancia? Temos en Tere Abelleira á sucesora? Cando ves os seus canos dante ganas de virte para xogar con ela ou contra dela?

V.B.: Coñezo a Tere. Vina crecer. Veu varios anos ao meu campus. Seguín a súa evolución desde moi pequena. Para min é un pracer vela despuntar neste Dépor, na Primeira División. Creo que ela ten que ter a tranquilidade e a liberdade de ser quen queira ser. Moitas veces compárase ou hai unhas expectativas que pódense cumprir, non cumprir, superar… Iso vai depender dela.

O importante é que desfrute da súa carreira. Eu estaría encanta de xuntar camiños outra vez. Tívena no meu campus. Sería algo especial poder acabar xogando xuntas, lembro que xogamos unha vez ca Selección Galega. Poder xogar nun mesmo equipo sería pechar un círculo.

“Poder xogar nun mesmo equipo con Tere Abelleira sería pechar un círculo. Estivo no meu campus e xogamos na Selección Galega”.

– AN: Sería fantástico que fose tamén na Selección Española.

V.B.: Si. Pero iso si que vai ser un pouco máis complicado. Ela ten a oportunidade, ten unha carreira por diante. Seguro que se segue traballando seguro que terá esa chamada. Para min xa vai ser un pouco complicado. Pero tiven os meus anos, tiven as miñas experiencias coa Selección. Estou contenta e satisfeita da miña carreira coa Selección Española.

“Vai ser un pouco complicado recibir a chamada da Selección Española”.

– AN: Se foses unha ‘One Women Club’ non teríamos diante á mesma Vero Boquete que temos agora. Con que opción te quedarías?

V.B.: Moitas veces dixen que me gustaría, polo lado romántico do deporte, crecer e chegar ao máximo nivel e terminar a miña carreira nun mesmo club. Pero como ben dis, sería unha xogadora e unha persoa totalmente diferente. Se boto a vista atrás todo o que me deu viaxar a diferentes países, coñecer diferentes competicións e ligas, adaptarme a diferentes metodoloxías e estilos, foi o que me fixo crecer dentro do campo como futbolista. Creo que me quedo coa Vero Boquete que son, que é a que me deu todas estas experiencias de vida que me fan como son.

– AN: Está a Liga española nunhas condicións nas que, se ti botaras a vista atrás, teríaste quedado aquí?

V.B.: Posiblemente. Non sei se toda a miña carreira pero si gran parte dela. Eu marchei buscando fóra o que agora xa hai nalgúns equipos máis profesionais. Pero por outro lado, movinme por ambición deportiva. Cando consigo o meu obxectivo nun club, nun país, busco outra experiencia. Se estivese en España e acadase obxectivos, seguramente querería igualmente saír e buscar outros retos.

Pero está claro que a situación da Liga Iberdrola agora é moi diferente da que tiñamos hai dez anos. Iso alégrame por que ves a evolución, ves que hai un mellor futuro e as rapazas que agora comezan terán máis oportunidades.

– AN: Acábase de asinar un pre acordo para un convenio colectivo no fútbol feminino logo dunha folga. É suficiente ou estamos sentando unha base mínima?

V.B.: É unha base para seguir crecendo. Hai algo por debaixo diso que hai que mudar, que é a Lei do Deporte. Hai que facer unha nova Lei do Deporte. Me consta que está en camiño. Pero é complicado. Creo que a Lei do Deporte ten que estipular unhas cousas e dar cabida a moitas cousas da muller que non había. A partir de aí convenios como este son a base. Menos diso non vai poder ser. E a partir de aí conseguiranse outras cousas que serán moito mellores.

– AN: Moita xente quere que volvas xogar en España e en Galicia. Xa dixeches nalgunha ocasión que tes o corazón perico, é lóxico por ese pasado no RCD Espanyol e esa parte de romántico que ten o fútbol, pero… ti sabes que o Dépor tamén viste de branquiazul… Como te ves coa camisola branca e azul en Galicia?

V.B.: Sempre me preguntan, Dépor ou Celta, cal é o teu equipo? O meu é o Compostela. Eu son de Santiago. Crecín indo a un Estadio que agora leva o meu nome. Eu son dese branco e azul. Pero tamén o que me ensina estar fóra é que teño moito máis aprecio e cariño tanto ao Dépor como ao Celta como clubs galegos.

No caso do Deportivo creo que a súa aposta polo feminino é fantástica. E se é o equipo que aposta polo feminino na miña terra pois eu estaría encantada de vestir a camisola do Deportivo. Estou encantada sobre todo de que o Deportivo aposte por iso. Oxalá que o Celta tamén o fixera e puidésemos ter eses dous referentes para as todas as nenas galegas.

“Sempre me preguntan, cal é o teu equipo? O Compostela. Pero estar fóra ensinou me a ter máis aprecio a Dépor e Celta. Se o Dépor é o equipo que aposta polo feminino na miña terra, estaría encantada de vestir a súa camisola“.

– AN: Persoalmente ten que ser un honor enorme ter un estadio co teu nome, pero supoño que tamén es consciente do que iso significa para que as cativas vos vexan a ti e a outras como referentes.

V.B.: Son consciente. O feito de que o estadio leve o meu nome é o de menos. O de menos é o nome da muller que leve. O importante é que leva o nome dunha muller. Estamos falando dun estadio de fútbol. Ademais estamos falando do primeiro estadio de fútbol que leva nome de muller. O deporte sempre estivo moi masculinizado. O caso do fútbol é o máximo expoñente. Mudar un pouquiño iso é algo fantástico a nivel social. Pro muller total.

Eu crecín sen referentes femininos e é unha mensaxe clara de que hai  moitas mulleres que o fan moi ben nos seus sectores. Creo que dar esa visibilidade, non so á persoa, que neste caso eu teño a honra de poder ver o meu nome aí, se non para todas esas que veñen por detrás que vexan que hai un camiño e que o límite é por riba diso.

Entrevista a Vero Boquete / AS NOSAS

Verónica Boquete en 10 preguntas

“Quero gañar a liga americana”

Serie de preguntas curtas á futbolista galega do Utah Royals FC.

Etiquetas fútbolVero Boquete
Comparte127Chía1
Publicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galegoPublicidade GRELO - O teu operador galego

Relacionado co tema

PM Friol / FRIOL

O Friol volve ao campo tras superar un gromo de COVID-19

por Carmen G. Mariñas
10/04/2021
0

  De tres xornadas da segunda fase, o PM Friol só puido disputar unha. Un gromo de COVID-19 no conxunto...

Covi Regueiro, do Friol / CEDIDA

Covi Regueiro: “Hai que ir partido a partido intentando sumar o maior número de puntos posibles”

por Carmen G. Mariñas
09/04/2021
0

  Non está sendo un inicio de segunda fase sencillo para o PM Friol, que coordina Covi Regueiro. Despois dunha primeira...

Convenio de colaboración entre Futgal e a UVigo / FUTGAL

A Futgal e a Universidade de Vigo unénse nun convenio de colaboración

por Redacción As Nosas
09/04/2021
0

  A Real Federación Galega de Fútbol (Futgal) e a Universidade de Vigo alíanse na sinatura dun convenio de colaboración. Os...

Martín Pais, redacción As Nosas

E que digan MISA

por Martín Pais
08/04/2021
0

  O machismo volve a colarse unha vez máis nas noticias relevantes da xornada, e deixa o poso do sentimento...

Misa coa camiseta do Dépor / RCD

O fútbol vólcase coa exdeportivista Misa e contra o machismo

por Redacción As Nosas
08/04/2021
0

  A futbolista Misa, ex xogadora do Dépor ABANCA e que actualmente milita no Real Madrid, viuse obrigada este mércores a eliminar...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Benvidas Sal Lence / SABELA MOSCOSO

Cando descobres que o teu cole fixo historia

04/02/2020
Burela - Roldan / Ginés Rubio BURELA FS

O Burela segue invicto tras o trunfo ante o STV Roldán (3-5)

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Burela - Roldan / Ginés Rubio BURELA FS

O Burela segue invicto tras o trunfo ante o STV Roldán (3-5)

10/04/2021
BAXI Ferrol vs Jairis na fase de ascenso / Manu Márquez - FEB

O BAXI Ferrol, primeiro clasificado para as semifinais da Fase Final (77-62)

10/04/2021
PM Friol / FRIOL

O Friol volve ao campo tras superar un gromo de COVID-19

10/04/2021
Celta vs Alcobendas na fase de ascenso / Manu Márquez - FEB

Fin da aventura na segunda fase para o Celta (64-51)

10/04/2021
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Portada
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Voleibol
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.