• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Vero Boquete e Tere Abelleira comparten Xornada Online da RFGF con Diego López e Borja Iglesias

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/05/2020
en Fútbol, Máis fútbol
Boquete e Abelleira no Falemos de fútbol con futbolistas / RFGF

Falemos de fútbol con futbolistas / RFGF

195
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Vero Boquete, Tere Abelleira, Diego López e Borja Iglesias serán este martes día 12 de maio os protagonistas nas Xornadas Online que organiza a RFGF que levan por título “Falemos de fútbol con futbolistas”.

Paco Jémez, Miroslav Djukic, Eusebio Sacristán, Sergio González, Pitu Abelardo, José Luis Mendilibar, Óscar García, Fernando Vázquez, Curro Torres, Bruno García, Miguel Rodrigo, Jesús Velasco, Jorge Braz, Rubén Albés, Rafa Sáez, Luis Carro, Toña Is, Manu Sánchez, María Pry, Diego Martínez e Unai Emery, Luis de la Fuente e Asier Garitano, Héctor Souto e Juanma Marrube. Os seguintes? Os nosos e as nosas, un grupo de futbolistas galegos/as de primeiro nivel: Vero Boquete, Tere Abelleira, Diego López e Borja Iglesias.

O Comité Galego de Adestradores e o Departamento de Comunicación da Real Federación Galega de Fútbol volven á carga este martes día 12 de maio e apostan por primeira vez por futbolistas galegos/as de primeiro nivel.

Así, os/as seguintes en desfilar polas Xornadas Online serán catro profesionais de primeira fila como son a nosa xogadora máis internacional, Verónica Boquete; unha das perlas do fútbol feminino nacional, a xogadora do RC Deportivo Abanca Teresa Abelleira; o porteiro do RCD Espanyol Diego López; e o dianteiro do Real Betis Borja Iglesias. A cita será este martes día 12 de maio a partir das 19.30 horas na canle de Youtube da RFGF e a través do Facebook Live da súa fan page nesa rede.

En directo en Youtube

A xornada online “Falemos de Fútbol desde casa con Vero Boquete, Tere Abelleira, Diego López e Borja Iglesias” comezará ás 19.30 horas e será retransmitida en directo na canle oficial de Youtube da Real Federación Galega de Fútbol. Tamén haberá unha ligazón nas redes sociais da RFGF para poder seguir a xornada.

 

A galega máis internacional e a gran referencia

As portas do Rio Tinto, o estadio de Utah Royals, abríronse o ano pasado para recibir á súa gran fichaxe: Vero Boquete. A futbolista galega, que chegou por primeira vez a Estados Unidos en 2010, uniuse en 2019 ao equipo cun obxectivo ambicioso: conquistar o título da National Women’ s Soccer League (NWSL), que se lle escapou en con Philadelphia Independence en 2011 tras caer nos penaltis.

Vero Boquete coa Selección Española - LaLiga
Vero Boquete coa Selección Española – LaLiga

Estados Unidos foi o seu país talismán. Alí deuse a coñecer a nivel internacional e en 2011 conquistou o recoñecemento á Mellor Xogadora do campionato. Este é o undécimo equipo no que xoga fóra das nosas fronteiras, onde militou en Primeira División co Espanyol e o Prainsa Zaragoza. Pasou por seis países, onde xogou nas mellores ligas de fútbol feminino do mundo: Estados Unidos (Buffalo Flash, Western New York Flash e Philadelphia Independence e Portland Thorns), Rusia (Energiya Voronezh), Suecia (Tyresö), Alemaña (Frankfurt e Bayern), Francia (PSG) e China (Beijing BG).

Unha das perlas do fútbol feminino nacional

“Será mellor que eu, seguro”. Avisouno Vero Boquete fai uns meses, cando un xornal reuniu á mellor xogadora da historia do fútbol feminino español coa que entón aínda era unha das grades promesas, Teresa Abelleira. Pasaron os meses e Teresa Abelleira (Pontevedra, 2000) está a confirmar todo o seu potencial.

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO
Tere Abelleira, RC Deportivo ABANCA / SABELA MOSCOSO

Tere foi clave para ascender ao Deportivo a Primeira Iberdrola e, xa na máxima categoría, está a consolidarse como a xogadora revelación da máxima categoría. A pesar dos seus 20 anos, Teresa Abelleira acumula xa unha ampla experiencia internacional. Foi subcampioa de Europa Sub 17 e campioa de Europa Sub 19.

Desde Paradela para o mundo

A Diego López, un mozo dunha aldea de Lugo, Paradela, preto de Sarria, o fútbol cambioulle a vida. Aos 38 anos, este gardameta, que chegou a ser internacional e xogou no Real Madrid (durante dúas etapas), o Vilarreal, o Sevilla e o Milan, remata esta campaña contrato co RCD Espanyol.

Diego López, que antes de chegar ao RCDE Stadium estivo dous cursos no Milan, é o titular indiscutible no conxunto perico desde que chegou no verán de 2016. Diego é, sen dúbida, historia do fútbol galego.

Disposto a facer historia no Real Betis

Naceu en Santiago un 17 de xaneiro de 1993. Empezou nisto do fútbol no colexio. No seu caso foi no colexio La Salle de Santiago de Compostela. Con 14 anos, tras un campionato de seleccións autonómicas, tomou unha das decisións máis importantes da súa vida: deixar a súa terra para probar sorte na outra punta de España en busca dun soño.

Tras o seu paso por Valencia e Vilarreal voltou a casa da man do RC Celta, onde se converteu no máximo goleador histórico do filial. En Zaragoza (23 goles) namorouse e o RCD Espanyol (20 goles) permitiulle cumprir o soño de xogar na elite. O 14 de agosto de 2019 o Real Betis abriulle as portas para dar un novo paso adiante na súa carreira.

Etiquetas fútbolfutgalRFGFTere AbelleiraVero Boquete
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.