• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Baloncesto Liga Feminina Endesa

Vega Gimeno: “Estou moi orgullosa do traballo do equipo”

O Ensino encadeou a súa terceira vitoria consecutiva e contra un rival directo, nun partido no que Gimeno foi a MVP | Van den Adel: "Loitamos por todo e con todo o equipo, esta foi a clave" | Carlos Cantero: "Fixemos boas lecturas do 'pick and roll'"

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
25/01/2021
en Baloncesto, Liga Feminina Endesa
Vega Gimeno/ ENSINO LUGO TW

Vega Gimeno/ ENSINO LUGO TW

132
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Os éxitos acumúlanse no vestiario do Durán Maquinaria Ensino. Tres vitorias consecutivas sitúan ás lucenses como un dos firmes candidatos á loita polos play offs, nun momento no que as de Cantero están en estado de gracia. “Estou moi orgullosa do traballo do equipo”, declaraba tras o último encontro Vega Gimeno.

A alero foi elixida MVP do encontro ante o Ciudad de La Laguna Tenerife, ao que marcou 17 puntos e no que acadou 4 rebotes que lle mereceron 16 créditos valorativos.

Este útimo trunfo vale dobre na tempada, ao ser contra un rival directo que se sitúa un posto por riba do Durán Maquinaria Ensino. As galegas non lograron levarse o basket average fronte ás canarias, pero sumaron unha vitoria moi importante.

O rival non puxo as cousas fáciles. Malia de vir xogar un partido europeo na mesma semana, o nivel das canarias estivo en todo momento alto, e o encontro foi “correoso e físico” en palabras do adestrador lucense, Carlos Cantero. O plan do Ensino de controlar ao contrincante sen deixarlle correr e sen cometer erros funcionou.

Carlos Cantero: “Fixemos boas lecturas do ‘pick and roll’, xa que para estas situacións temos a unha das mellores bases da Liga”

Carlos Cantero, adestrador do Ensino / CARLOS CANTERO IG
Carlos Cantero, adestrador do Ensino / CARLOS CANTERO IG

Ademais, tal e como indica o técnico, “conseguimos frear ben ás súas principales xogadoras, a Atkinson e Taylor“. As galegas souberon facerse co control do partido, facendo “boas lecturas do pick and roll, xa que para estas situacións temos a unha das mellores bases da Liga”, apunta Cantero.

O adestador do Durán Maquinaria Ensino, Carlos Cantero, explicaba: “Conseguimos frear ben ás súas principales xogadoras, a Atkinson e Taylor”

As claves do trunfo do Ensino

“Quizais na primeira parte estivemos bastante acertadas no tiro exterior e na segunda xogamos mellor, con situacións de balón interior e de poste alto e poste baixo”, reflexiona o adestrador. Tamén recoñeceu a gran actuación de Vega Gimeno en defensa, freando os ataques locais.

A xogadora coincide en tildar o encontro de “fisicamente moi duro”, aínda que considera que foi máis complicado para as canarias. “Viñan dunha semana moi dura da EuroCup, con moitos partidos e moitos minutos e creo que pagaron o cansancio acumulado”, analiza a alero.

Vega Gimeno / DURÁN MAQUINARIA ENSINO
Vega Gimeno nunha imaxe de arquivo / DURÁN MAQUINARIA ENSINO

Os erros do Ciudad de La Laguna non desmerecen o traballo das lucenses. En palabras de Vega Gimeno, “tivemos algunhas lagunas nas que creo que non estivemos o suficientemente duras do que hai que estar fronte a un equipo así, pero estou super contenta co traballo do equipo”.

Vega Gimeno, xogadora do Ensino: “Tivemos momentos nos que non estivemos o suficientemente duras”

A alero coincide co seu técnico en destacar como o Durán Maquinaria Ensino logrou frear a Atkinson e Taylor nas filas rivais e como o acerto lucense aumentou cara a segunda metade. “Creo que non era un partido nada fácil e fixemos unha lectura do partido moi boa”, declara.

Van den Adel: “Loitamos por todo e con todo o equipo, con todas as xogadoras. Esta foi a clave hoxe”

Natalie Van den Adel, Ensino vs Bembibre / ENSINO LUGO
Natalie Van den Adel efectuando un tiro libre nunha imaxe de arquivo do Ensino ante o Bembibre / ENSINO LUGO

Pola súa banda, Natalie Van den Adel, autora de seis puntos do Ensino, apunta que o duelo tamén se gañou grazas á actitude “loitadora” do cadro visitante. “Loitamos por todo e con todo o equipo, con todas as xogadoras. Esta foi a clave hoxe”, recorda a deportista.

Unha vitoria con vista ao futuro

“A nivel moral é moi importante esta vitoria”, asegura Vega Gimeno. Os dous puntos do trunfo deixan ás galegas na sexta posición da Liga Feminina Endesa, con 33 puntos. Gañar este último duelo da forza ás xogadoras de Carlos Cantero “para seguir e afrontar con enerxía o partido en casa contra o Valencia e para ver que non estamos tan alonxadas dos equipos que están enriba”.

“Estamos encadeando un bo xogo nos últimos partidos e, sobre todo, un xogo coral, de equipo, que creo que nos vai dar moitas vitorias”, reflexiona Gimeno.

Vega Gimeno: “Estamos encadeando un bo xogo nos últimos partidos e, sobre todo, un xogo coral, de equipo, que creo que nos vai dar moitas vitorias”

Para a alero, vencer nun partido destas características da confianza ao conxunto galego para crer en si mesmas. “Facendo o baloncesto que estamos facendo de ler, xogar en equipo e todo isto, podemos levarnos encontros como este. Ao mellor na primeira volta non estabamos a este nivel, pero agora si”, declara a xogadora.

Agora só queda manter este bo nivel competitivo e desfrutar. Algo que xa están facendo no Ensino, xa que tal e como asegura Gimeno, “estamos moi contentas, desfrutando e facendo o que temos que facer”.

A viaxe a Tenerife serviu para traer dous puntos de volta e para que o Ensino fixera grupo. “As cousas como son, fixemos moita piña e a vitoria sabe a gloria”, admitiu a alero sobre unha celebración máis que merecida.

O Ensino suma e segue, impoñéndose ao Ciudad de La Laguna (63-72)

Etiquetas baloncestobasketCarlos CanteroDurán Maquinaria EnsinoEnsinoLiga Femenina EndesaLiga Feminina EndesaLugoNatalie Van den AdelVega Gimeno
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Ascenso Maristas Coruña á LF Challenge como campioas da LF2 / FEB - JESÚS SÁNCHEZ

O Maristas Coruña ascende á LF Challenge e levanta o trofeo de campión na LF2

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  Tras a súa vitoria en Girona no encontro de ida, o Maristas Coruña foi capaz de culminar unha tempada...

A concelleira de Deportes de Compostela, Pilar Lueiro, e o presidente da Federación Galega de Baloncesto, Julio Bernárdez, visitando Santa Isabel, pavillón que acollerá o estatal de basket 3x3 de clubs U17 / FEGABA

Santiago de Compostela, sede do Campionato de España de Baloncesto 3×3 de clubs U17

por Redacción As Nosas
09/05/2026
0

  A capital galega acollerá do 12 ao 14 de xuño o Campionato de España de Baloncesto 3x3 de clubs...

Na presentación da II Eleas seguen na cancha que terá a Mar Rovira como protagonista participou o presidente da FEGABA, Julio Bernárdez, e a concelleira de Deportes do Concello de Santiago de Compostela, Pilar Lueiro / FEGABA

A psicóloga deportiva Mar Rovira, protagonista da II Xornada “Elas seguen na cancha”

por Redacción As Nosas
05/05/2026
0

Mar Rovira, psicóloga deportiva, autora do informe Basket Girlz e responsable do Departamento de rendemento mental do Rcd Espanyol, Protagonista...

Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
22/02/2026
0

Baloncesto do bo e derbi galego. Ese é o cartel do partido que esta tarde (18:00 h, Pazo Municipal dos...

As xogadoras do Baxi Ferrol visitan a iogurtería de Clesa / CLESA

As xogadoras do BAXI Ferrol visitan a fábrica de CLESA e reforzan a histórica relación da marca co baloncesto ferrolán

por Redacción As Nosas
18/02/2026
0

As deportistas do BAXI Ferrol fixeron un percorrido polas instalacións e coñeceron en detalle os procesos de calidade, innovación e...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
CD Burela FS / SABELA BLANCO CD BURELA FS

FSF Castro Bloques Cando e Reyco Burela FS protagonizan esta xornada o derbi lucense do futsal galego

15/05/2026
Luis López-Tulla, adestrador / POIO PESCAMAR

Luis López-Tulla renova como adestrador do Poio Pescamar ata 2028

14/05/2026
Foro Sustentabilidade en instalacións deportivas / CLÚSTER DO DEPORTE

O foro de sustentabilidade de instalacións deportivas marca o camiño do novo modelo do deporte galego

14/05/2026
A coruñesa María Sanjurjo, campioa de Europa CP Esneca Fraga / RFEP

María Sanjurjo, campioa de Europa co CP Esneca Fraga (4-1)

13/05/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.