• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de GaliciaContido publicitario - Letras Galegas - Xunta de Galicia
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

Vanessa Rial: De Sigüeiro a Miami pasando por Cambre co sóftbol como fío condutor

A deportista do CBS Cambre xogará o vindeiro ano no MDC Sharks Softball en USA e estudará na Miami Dade College cunha bolsa como xogadora desta modalidade deportiva

Silvia Carregal por Silvia Carregal
20/09/2024
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Vanessa Rial xa en USA coas súas novas compañeiras do MDC Sharks Softball / VANESSA RIAL

Vanessa Rial xa en USA coas súas novas compañeiras do MDC Sharks Softball / VANESSA RIAL

221
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Hai 18 anos que Vanessa Rial nacía en Compostela, residía ata hai un mes en Sigüeiro (Oroso) ao tempo que era unha cambresa máis ao xogar no CBS Cambre desde hai catro tempadas, as dúas últimas na Liga Nacional División de Honra, a máxima categoría estatal denominada na SSL (Spanish Softball League). Chegou a debutar coa Selección Española desta disciplina.

La selección española absoluta de #sófbol debuta hoy en la Cataluña Softball International Cup enfrentándose a #Aruba a las 18.30 en #Barcelona 🥎💪🏼

Esta es la alineación con la que saldrá el equipo nacional en la segunda edición de este torneo internacional 🔝#VamosEspaña 🇪🇸 pic.twitter.com/BVyInGaS2k

— RFE Béisbol y Sófbol (@RFEBS) July 5, 2024

Vanessa Rial leva xogando ao softball desde os seis anos, iniciouse no Club Leones de Oroso. Todo mudou este inicio de curso cando tomou a decisión de aceptar unha proposta desas ás que é complicado dicirlle: non. Esta deportista de Sigüeiro cruzou o charco para trasladarse a vivir en Miami e xogar no MDC Sharks Softball da primeira división estadounidense.

Antes de marchar, no Concello de Cambre organizáronlle unha despedida da que fixeron parte representantes do CBS Cambre como María Fernanda Jóver (integrante do corpo técnico), Jhonny Pérez (presidente) e as xogadoras do club coruñés, pero á que tamén se sumaba o presidente do Club Leones Oroso, Franklin Salas, pechándose así un ciclo para a xogadora antes de mudar Galicia e España por Estados Unidos.

Na redacción de As Nosas quixemos saber máis sobre este novo reto deportivo e vital ao que se enfronta e tamén coñecela como xogadora.

A.N.: Cóntanos como te achegache ao sóftbol, Vanessa?

VANESSA RIAL: Empecei xogando ao béisbol cos Leones de Oroso. Participei en varios torneos e logo adestramos para o sóftbol e de aí fun cedida ao Club Béisbol Sótbol Cambre para xogar con elas.

A.N.: Cal é o teu forte nesta disciplina?

VANESSA RIAL:  Considero que o meu forte neste deporte é a velocidade que me axuda a chegar rápido ás bases e a defender axilmente no campo.

A.N.: Practicas algún outro deporte?

VANESSA RIAL:  Cando era máis cativa si practicaba algún outro, pero finalmente decidinme polo sóftbol.

Considero que o meu forte neste deporte é a velocidade que me axuda a chegar rápido ás bases e a defender axilmente no campo.

A.N.: Como chega a proposta de bolsa en USA? Postulácheste ti? Contactaron contigo? Como xurde esta oportunidade?

VANESSA RIAL:  Contactaron comigo. Viranme xogar ao participar co CBS Cambre na División de Honor e xogar coa Selección Española absoluta. Precisaban unha xogadora da miña posición.

Vanessa Rial estudará no Miami Dade College e xogará no MDC Sharks Softball

A.N.:  Para que universidade é a bolsa coa que acodes a estudar e xogar a Estados Unidos?

VANESSA RIAL:  Da Miami Dade College. Se todo vai ben podería finalizar a miña carreira aló.

A.N.:  Vas cursar unha titulación equivalente ao que aquí sería Ciencias do Deporte, certo?

VANESSA RIAL:  Correcto.

A.N.:  Cal é a túa aspiración ao cursar eses estudos? Refírome unha vez que a túa carreira deportiva remate (espero que dentro de moitos anos) presumo que pretendes seguir vencellada ao deporte como profesión. Nese sentido tes pensado que rol quererías desempeñar? Adestradora, preparadora física, docente, investigadora, xestora…

VANESSA RIAL:  Gustaríame seguir en contacto co deporte sendo adestradora persoal ou mestra de educación física, e, obviamente, poder ser adestradora de sóftbol.

A.N.:  Xogarás no equipo MDC Sharks Softball? En que categoría xogan dentro das ligas de EE.UU.?

VANESSA RIAL:  Xogan na Primeira División.

A.N.:  Sen dúbida parece que esta bolsa é unha grande oportunidade. Que esperas atoparte? Cales son as túas expectativas?

VANESSA RIAL:  Teño expectativas moi boas sobre este equipo. Coido que o nivel dos partidos vai ser bastante bo polo que me vai axudar a mellorar e ver outro tipo de sóftbol moi diferente ao de España.

A.N.:  O idioma manéxalo ben?

VANESSA RIAL:  A verdade, o inglés nunca foi o meu punto forte, pero estou certa de que poderei melloralo axiña.

Teño expectativas moi boas sobre este equipo. Coido que o nivel dos partidos vai ser bastante bo polo que me vai axudar a mellorar e ver outro tipo de sóftbol moi diferente ao de España.

A.N.: Cantas veces ao ano contas co poder vir a casa? 

VANESSA RIAL:  Conto coas vacacións de Nadal, en decembro, e ao finalizar o curso que sería aló por maio-xuño.

A.N.: Houbo algún que outro choro de despedida desde a emoción de perder o contacto continuo coas compañeiras. Houbo algún xesto, algunha frase, algo que che fixera especial ilusión?

VANESSA RIAL: O que podo salientar con moita felicidade e tristura é a cálida despedida de todas as persoas do club, amosando todo o mundo un gran cariño e aprecio cara a min, repetíndome sempre a frase de que van estar sempre comigo maila distancia.

Vanessa Rial na despedida que lle organizaron no Concello de Cambre coas compañeiras do CBS Cambre / CONCELLO DE CAMBRE
Vanessa Rial na despedida que lle organizaron no Concello de Cambre coas compañeiras do CBS Cambre / CONCELLO DE CAMBRE

A.N.:  Que é o que coidas que vas botar máis de menos?

VANESSA RIAL: Botarei moito de menos moitas cousas, pero sobre todo á miña familia, destacando á miña nai que desde o día un estívome apoiando neste deporte e á mellor compañeira de equipo te tiven sempre, a miña irma que tamén xoga no CBS Cambre.

A.N.: Cal é a túa primeira impresión unha vez estás en Miami?

VANESSA RIAL:  Miami sempre foi un sitio que me chamou a atención. Paréceme un paraíso e amo o xeito en que ven o deporte.

A.N.: Seguirás en contacto coas compañeiras do CBS Cambre, non si?

VANESSA RIAL:  Claro! Vounas ver xogar igualmente por YouYube e vounas mantar informadas de todo.

Miami sempre foi un sitio que me chamou a atención. Paréceme un paraíso e amo o xeito en que ven o deporte.

A.N.:  Unha última mensaxe para elas?

VANESSA RIAL:   Creo que sábeno todo. Só podo dar as grazas polo cómoda que me sentín con elas tanto dentro como fóra do campo. Que sigan a xogar a este deporte coas ganas e a ilusión que transmiten sempre.

  • Consulta os datos de Vanessa Rial Pinto na SSL (Spanish Softball League) nas últimas dúas tempadas. 

Etiquetas CBS CambreLeones de OrosoMARÍA FERNÁNDA JÓVERMDC Sharks SoftballMiami Dade CollegeSóftbolSpanish Softball LeagueSSLVanessa Rial
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Por 3.º ano o CBS Cambre pon en marcha unha campaña para a promoer a igualdade / CONCELLO DE CAMBRE

O CBS Cambre promoverá en novembro o deporte feminino galego con 2 torneos e unha campaña en redes sociais

por Redacción As Nosas
09/11/2024
0

  O Concello de Cambre colabora unha edición máis co CBS Cambre, que pon en marcha por terceiro ano consecutivo...

O CBS Cambre organiza anualmente unha campaña de concienciación co gallo do 25N / CONCELLO DE CAMBRE

O CBS Cambre vai encher as redes sociais de mensaxes a favor da igualdade co gallo do 25N

por Redacción As Nosas
28/10/2023
0

  Encher as redes sociais con mensaxes sobre a igualdade e en contra da violencia de xénero. Ese é o...

Miralbueno vs CBS Cambre na SSL / CLUB BEISBOL SÓFTBOL CAMBRE

O CBS Cambre regresa de Zaragoza con catro puntos tras medirse ao Miralbueno

por Redacción As Nosas
14/06/2023
0

  Nesta xornada da SSL (Spanish Softball League) o CBS Cambre precisaba sumar dúas vitorias para manterse na loita por...

O CBS Cambre reivindica a igualdade de xénero no deporte cunha nova campaña / CONCELLO DE CAMBRE

O Club Beisbol e Sófbol Cambre reivindica a igualdade de xénero no deporte co lanzamento da súa nova campaña

por Redacción As Nosas
18/11/2022
0

  Vila Concepción acolleu a presentación dunha iniciativa do CBS Cambre a prol da igualdade de xénero no deporte. No...

I Torneo Internacional Sóftball Cidade da Coruña en Acea da Má / @WASKERGZ

O CBS Cambre vence no I Torneo Internacional Cidade da Coruña

por Redacción As Nosas
21/08/2022
0

  O Druidas BC coruñés organizou esta fin de semana o I Torneo Internacional Cidade da Coruña que se disputou...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
O Conservas Orbe Zendal BM Porriño posa coa a súa afeccion na final da European Cup / BM PORRIÑO

Subcampionato na European Cup para un Conservas Orbe Zendal BM Porriño que loitou polo título ata o último segundo

18/05/2025
O Mecalia Atlético Guardés, xogará a final da European Cup / SPORTCOECO

O Conservas Orbe Zendal BM Porriño, a pola European Cup

16/05/2025
Friol acollerá o Campionato de España de Ciclismo Paralímpico en Estrada / FEDERACIÓN GALEGA DE CICLISMO

Friol acolle o Campionato de España de Ciclismo Paralímpico en Estrada 2025

16/05/2025
Conservas Orbe Zendal BM Porriño / BM PORRIÑO

O BM Porriño cae da loita polo título (19-30) e céntrase en Europa

15/05/2025
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.