• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
SUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADESUBSCRÍBETE AO BOLETÍN DE NOVAS DE AS NOSAS PUBLICIDADE
Inicio Máis Deporte Sobre rodas Hoquei

Valioso empate do HC Deportivo Liceo ante o Telecable HC (5-5)

As coruñesas conseguen puntuar ante un dos rivais máis complicados da categoría que ademais contou con apoio na bancada de seareiras desprazadas desde Asturias

Silvia Carregal por Silvia Carregal
20/11/2021
en Máis Deporte, Hoquei, Sobre rodas
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO

HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO

100
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

Hai empates que saben doces e outros que amargan. O desta xornada do HC Deportivo Liceo é dos primeiros. As xogadoras herculinas finalizaron en táboas (5-5) un partido diante dun dos rivais máis completos da OK Liga, o Telecable HC de Xixón. As asturianas estiveron, ademais, arroupadas pola súa afección que se desprazou á Coruña para alentar as patinadoras.

O Telecable, un dos catro cocos da OK Liga neste curso 2021-22, chegaba líder á Coruña e marcha líder, pero colleitou menos puntos dos que contaba. As galegas do HC Deportivo Liceo acadaron un valiosísimo empate diante das de Xixón (5-5).

 

1 de 9
- +
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
Adriana Soto, HC Deportivo Liceo, celebra con María Sanjurjo marcarle un gol al Telecable HC / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO

O conxunto liceísta, hoxe si lucindo as súas tradicionais cores verdibrancas, adiantouse no marcador aos dous minutos de xogo. Dous tantos consecutivos de Adriana Soto que amosaba así, unha vez máis, o seu olfato goleador. A arxentina sumou nesta terceira xornada tres goles máis á súa conta particular. E van seis.

No minuto sete Alba Garrote, outra xogadora que tampouco se queda atrás á hora de materializar ocasións, anotaba o 3-0. Na bancada do Pazo dos Deportes de Riazor medraba a ilusión. Meterlle o medo no corpo a todo un Telecable non é tarefa sinxela.

 

1 de 7
- +
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO

Fernando Sierra pediu tempo morto e reconduxo ás súas pupilas. Así, antes de chegar aos cuarto de hora de partido Natasha Lee empezaba recurtar distancias para o Telecable HC. Anotou o 3-1 no minuto 9 e o 3-2 no 11. O empate deixoullo á súa compañeira Sara Roces que subía o 3-3 no minuto 16.

Nin era doado sobre o papel imporse as asturianas, nin estaban dispostas a que o fose sobre a pista. As táboas devolvían o partido ao estadío inicial. Foi de novo Alba Garrote a que adiantou ás galegas do HC Deportivo Liceo (4-3). Pero antes de chegar ao descanso, a contesación de Milagros Carrera foi o 4-4.  Con ese marcador ambos os dous equipos patinaron rumbo a vestiarios.

 

1 de 11
- +
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO

Na segunda metade, con todo por decidir, os dous equipos foron a polo partido sen desguarnecer as súas costas. O primeiro en ter ocasión de anotar, nesta ocasión desde o punto de penalti, foi o HC Deportivo Liceo. A coruñesa María Sanjurjo, que se enfrontaba ás súas ex compañeiras, non fixo gol. Avisaron as verdibrancas con tiros que petaron no pau ou que saíron por fora lambendo un deles, e incluso unha bóla paseándose pola liña de gol se chegar a traspasala. Na bancada cantábase o gol, pero non.

Foi no minuto 31 de partido cando a maxia de Adriana Soto volveu facer acto de presenza sobre a pista do pazo. A arxentina anotaba o 5-4 e volvía adiantar ás galegas que estaban aguantando as chegadas das asturianas. O Telecable HC xerou perigo diante da meta de Viki Carreta (unha vez máis excelente), nas transicións. Durante uns minutos as coruñesas non estiveron vivas á hora de recompoñerse en tarefas defensivas nos robos de bóla das asturianas. Así o Telecable Hockey Club imprimía perigo coas chegadas á contra.

 

1 de 9
- +
María Sanjurjo, HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO
María Sanjurjo, HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO
María Sanjurjo, HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO
María Sanjurjo, HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO
As liceístas festexan un gol, O HC Deportivo Liceo festexa un gol / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo vs Telecable / SABELA MOSCOSO

En xogada, a concentración na defensa individual que dispuxeron sobre a pista as herculinas funcionaba como un reloxo, pero nas transicións, aí a cousa requeriu dun tempo morto e reaxustes que, finalmente deron resultado.

O gol do empate chegaría a 12 minutos do bucinazo final. Foi obra de Marta González que batía de penalti á cancerbeira local Viki Carreta.

Ocasións do Liceo e do Telecable

A partir de aí puido pasar calquera cousa. Os dous equipos nadaban e gardaban a roupa. Asumían riscos pero sen deixar vendida a súa portaría. Un gol podía decir o triunfo dun partido que ningunha das dúas escuadras quería rematar sen colleitar, canda menos un punto.

Loitouse, eso si, polo triunfo nun e outro bando ata o último ataque. Nada de contemporizar o resultado, nin de perdas de tempo aguantando a bóla. Houbo moito hoquei con cabeza e ambición.

O resultado foi un empate que semella xusto logo do visto sobre o parqué do Pazo dos Deportes de Riazor na Coruña. Con este novo punto no seu casilleiro ante un rival de primeiro nival como o Telecable HC, o HC Deportivo Liceo confirma que chegou á OK Liga para dar guerra.

HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

O seguinte reto das liceístas na competición ligueira será visitar a cancha das segundas clasificadas, o Cerdanyola CH Feníe Energía que hoxe mesmo vencía 0-4 ao CP Las Rozas na súa cancha. Será o vindeiro sábado 27 de novembro contra das 20:00 horas. Outro oso duro de roer para as galegas que, abofé, que irán a terras catalás con toda a intención de rañar o máximo de puntos posibles.

As galegas seguen esperando á persoa que substituirá a  Carlos Loureiro á fronte do banco. Entre mentres, o bloque verdibranco está a ser dirixido polo dúo conformado por  Noemí Uzal e Marc Godayol. Na acta, para evitar sanción, figura como adestrador un emblema do club coruñes, Willy Duarte, xa que é preciso presentar un técnico con título estatal.

HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO
HC Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

FICHA TÉCNICA

5) HOCKEY CLUB DEPORTIVO LICEO: Viki Carreta (p), María Sanjurjo, Alba Garrote, Luchy Paz e Adriana Soto – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Naiara Vaamonde, Lucía Yáñez, Lara Yáñez e Cris Diz.

5) TELECABLE HOCKEY CLUB:  Eva Mejido (p), Natasha Lee, Marta González, Nuria Obeso e Sara Roces – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Milagros Carrera, Rebeca González e Sara Lolo.

GOLES: 1-0 (min.2): Adriana Soto. 2-0 (min. 2): Adriana Soto. 3-0 (min. 7): Alba Garrote. 3-1 (min. 9): Natasha Lee Suárez. 3-2 (min. 11): Natasha Lee Suárez. 3-3 (min. 16): Sara Roces. 4-3 (min. 21): Alba Garrote. 4-4 (min. 24): Milagros Carrera. 5-4 (min. 31): Adriana Soto. 5-5 (min. 38): Marta González (penalti).

ÁRBITROS: Albert Barba Gómez-Álvarez, exerceu como colexiado principal, mentres que Aarón Candanedo Leal  foi o seu auxiliar. Non amosaron cartóns.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á terceira xornada da OK Liga feminina de hoquei a patíns da FEP. O encontro foi disputado no Pazo dos Deportes de Riazor da cidade da Coruña ante unhas 200 persoas. Na grada estivo o presidente da entidad, Daniel Echevarría, que seguiu o partido como é habitual. Nesta ocasión estivo acompañado na grada pola concelleira de Deportes do Concello da Coruña, Mónica Martínez.

Marc Godayol: “As xogadoras fixeron un partido moi traballado e puidemos sacar un empate”

 

Etiquetas A CoruñaAdriana SotoAlba GarroteHC Deportivo LiceohoqueiMarc GodayolNoemí UzalOK LigaTelecable
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

por Silvia Carregal
23/05/2022
0

  A unha xornada para que finalice a tempada regular na Segunda División do Fútbol Sala Feminino da RFEF falamos...

Bea Gaete e María Sanjurjo, xogadoras do HC Liceo / SABELA MOSCOSO

Remontada final do Liceo na cancha do Igualada

por Redacción As Nosas
22/05/2022
0

  A loita ata o último suspiro que caracteriza o xogo do HC Deportivo Liceo viviu un novo capítulo en Les...

Xogadoras liceístas do Hockey Club Deportivo Liceo / SABELA MOSCOSO

Visita liceísta ao Igualada

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  Sen presión e sen nada en xogo. Os finais de tempada sempre son máis tranquilos cos deberes listos. É...

Cidade de As Burgas vs Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

Derbi no máis alto da 2ª División entre Viaxes Amarelle FSF e Cidade de As Burgas GLS

por Redacción As Nosas
21/05/2022
0

  A Segunda División do Fútbol Sala feminino da RFEF trae esta xornada un derbi entre conxuntos galegos que están...

Madó González é coordinadora da Comisión Intersectorial de Psicoloxía e Deporte do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia e membro da Xunta Directiva da División de Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte do Consello Xeral de Psicoloxía / CLARA CARREIRA

Madó González: “A competición debe ser un contexto de aprendizaxe e diversión na que se fomente e valore o esforzo independentemente do resultado”

por Redacción As Nosas
19/05/2022
0

  Madó González é unha deportista e profesional da psicoloxía deportiva que forma parte do club coruñés 'La Mochila del...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Blanca Millán, nos Black Bear de Maine / UNIVERSITY OF MAINE

Blanca Millán regresa a Galicia para xogar co Ensino

24/05/2022
Equipo K4 500m feminino de España: Carolina García, Sara Ouzande, Teresa Portela e Laia Pelachs / RFEP

Así lles foi a Portela, García, Jácome e Couto na Copa do Mundo de piragüismo en Račice

23/05/2022
Jorge Basanta, adestrador do Viaxes Amarelle FSF / VIAXES AMARELLE FSF

Jorge Basanta: “Quedar primeiras danos un factor vantaxe”

23/05/2022
Manolo Codeso, adestrador do Cidade de As Burgas / SABELA MOSCOSO

Manolo Codeso: “Tanto nós como o Amarelle merecémonos estar en Primeira, pero hai que demostralo”

22/05/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Novas fútbol
    • Novas Liga Iberdrola
    • Novas Liga Reto Iberdrola
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.