Os riders galegos José Luis Cabarcos e Valentina Planes proclamáronse subcampións do Circuíto do Campionato de España Sub-16 de street, en la competición que se celebrou no Valencia European Skateboarding Open. Natalia Muñoz e Guillermo Sánchez coroáronse como campións de España.
A primeira proba tíñase levado a cabo no Madrid Urban Sports no pasado mes de xuño.
Logo da finalización do circuíto o Top-5 final en categoría femenina e masculina na modalidade de skate de Street foi o seguinte:
Sub-16 Feminino
- Natalia Muñoz
- Valentina Planes
- Sara Larrañaga
- Valentina Kranel
- Áfrika Criado
Sub-16 Masculino
- Guillermo Sánchez
- José Luis Cabarcos
- Merlín Ortiz
- Darío Palacín
- Gael Quintana
Desde a Federación Galega de Patinaxe felicitan aos riders galegos “Valentina Planes e a José Luis Cabarcos pola consecución dos seus subcampionatos en categoría estatal Sub-16″.