• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Baloncesto Liga Feminina Basket

O Valencia BC suma a 13ª vitoria consecutiva a costa do Durán Maquinaria Ensino (85-50)

O conxunto laranxa pasou por encima das galegas, vítimas colaterais da dura loita polo liderato que as valenciás manteñen co Spar Girona

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
21/01/2023
en Baloncesto, Liga Feminina Basket
Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

27
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

Xa dixera Antonio Pernas na previa que o Valencia BC non é un equipo da liga do Ensino. A plantilla que manexa Rubén Burgos e os resultados colleitados ata o momento facían desa afirmación unha realidade indiscutible. Pero cada partido é un mundo e a esperanza, ó último en perderse. Con todo, a lóxica acabou por impoñerse en La Fonteta. As locais venceron por un contundente 85-50.

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO
Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

O Durán Maquinaria Ensino foi a vítima colateral da loita que o Valencia BC mantén co Spar Girona polo liderato na Liga Femenina Endesa e que fai que ningún dos dous equipos se permita perde comba. O conxunto laranxa suma, coa de hoxe, 13 vitorias consecutivas.

Manteñen un ritmo imparable. Son o equipo máis anotador (1400 puntos) e dos que menos canastras reciben (1092 punto encaixados). O dito, un conxunto doutra liga moi diferente á do Ensino que sigue na 13ª posición e acumula xa seis derrotas consecutivas.

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO
Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

Se en xornadas previas o Durán Maquinaria Ensino  plantoulle cara ao seus rivais ata o último cuarto, nesta ocasión so aguantou un asalto. O primeiro envite rematou cun 17-14 e coas galegas no partido.

De feito, o conxunto lucense chegou a estar por diante no marcador en momentos puntuais deste período. Pero no segundo, un parcial de 20-8 fala ás claras de que o conxunto que adestra Antonio Pernas non puido coa avalancha anotadora do Valencia BC.

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO
Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

E como non hai peor cuña ca da propia madeira, a internacional galega Raquel Carrera foi unha das ‘culpables’ de que o Ensino se afundise no electrónico ata un 37-22, resultado co que se chegaba ao descanso.

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO
Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

O Valencia mete a directa

Na segunda metade as diferencias entre o Valencia BC e o Durán Maquinaria Ensino  aumentaron en favor das locais. No terceiro período, cun parcial de 20-12, o conxunto que adestra Rubén Burgos púxose 57-34 e co 28-16 do último cuarto o partido resolvíase cun tanteo de 85-50, 35 puntos de vantaxe para as locais que, como decíamos ao principio, son dunha liga moi distinta da do Ensino.

Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO
Valencia BC vs Durán Maquinaria Ensino / MIGUEL ÁNGEL POLO

FICHA TÉCNICA

85) VALENCIA BC (17+20+20+28): Cris Ouviña (4), Elena Buenvida (5), Queralt Casas  (13), Raquel Carrera (11), Gulich (14) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Ángela Salvadores (16), Leti Romero (6), Anna Kalenik (4), Laia Lamana (2), Djiu (2) e Cox (8).

50) DURÁN MAQUINARIA ENSINO (14+8+12+16): Ane Olaeta (8), Alba Prieto (4), Lorena Segura (5), Paula Ginzo (8), Roundtree (6) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Esther Castedo (5), Laura Aliaga (-), Lydia Giomi (12) e María Martiañez (2).

PARCIAIS: 17-14, 37-22, 57-34 e 85-50.

EQUIPO ARBITRAL: Germán Francisco Morales Ruiz, Juan Ramón Hurtado Almansa e Laura Piñeiro Amondaray.

INCIDENCIAS: Partido correspondente á 18ª xornada na Liga Femenina Endesa, disputado no Pabellón Municipal Fuente San Luis, La Fonteta, de Valencia.

A galega Raquel Carrera, milita no Valencia Basket / MIGUEL ÁNGEL POLO
A xogadora internacional galega Raquel Carrera, milita no conxunto laranxa / MIGUEL ÁNGEL POLO
Etiquetas Antonio PernasbaloncestoDurán Maquinaria EnsinoRaquel CarreraRubén BurgosValencia BC
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

Laura Aliaga no partido Movistar Estudiantes vs Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “O Valencia non é un equipo da nosa liga pero en momentos do partido estaremos aí”

por Redacción As Nosas
21/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino visita a complicada cancha do Valencia BC hoxe sábado 21 de xaneiro. O partido, que está...

Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino / ENSINO LUGO

Antonio Pernas: “Ter bóla para gañar a falta de 17 seguntos é un meritazo”

por Redacción As Nosas
16/01/2023
0

  Antonio Pernas, adestrador do  Durán Maquinaria Ensino Lugo estaba contento co esforzo e o traballo do bloque que adestra...

Duran Maquinaria Ensino Lugo vs Casademont Zaragoza / ENSINO LUGO TW

Pese a ir case todo o partido por diante, o Ensino Lugo remata perdendo co Casademont Zaragoza (65-69) na Liga Femenina Endesa

por Redacción As Nosas
15/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino Lugo perdía na casa 65-69 logo de ir por diante no electrónico na maior parte...

Antonio Pernas, adestrador do Durán Maquinaria Ensino en rolda de prensa previa ao cruce co Barça CBS / ENSINO CB LUGO

Antonio Pernas: “Xogamos dous moi bos primeiros cuartos, un bo terceiro e un cuarto horroroso”

por Redacción As Nosas
10/01/2023
0

  O partido do Durán Maquinaria Ensino contra o Cadi La Seu que rematou con vitoria do equipo de Lleida...

Durán Maquinaria Ensino vs Cadi La Seu / CANAL FEB TV

O Ensino afúndese no último cuarto ante o Cadi La Seu logo de mandar no marcador ata o terceiro (62-81)

por Redacción As Nosas
09/01/2023
0

  O Durán Maquinaria Ensino pasou de ter encamiñado o partido ante o Cadi La Seu ata o terceiro cuarto...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Antía Pérez, futbolista do Burela FS / BURELA FS

O Burela pon rumbo a terras mañas para baterse co Sala Zaragoza

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Antía Pérez, futbolista do Burela FS / BURELA FS

O Burela pon rumbo a terras mañas para baterse co Sala Zaragoza

04/02/2023
María Cedrón, atleta de Galicia / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Máis dunha trintena de deportistas de Galicia estarán no campionato estatal Sub-23

03/02/2023
Zona de lanzamentos do CGTD de Pontevedra / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

O CGTD de Pontevedra acolle o Campionato de Galicia de Lanzamentos Longos absoluto e Sub-23

03/02/2023
A atleta galega do Club Ourense Atletismo, Carmen Escariz, no Mundial de Marcha por equipos competindo por España nos 20 km, a deportista estará competindo en Ames no autonómico de marcha en ruta / RFEA

Ames, epicentro da marcha galega en ruta

03/02/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.