Segundo informa a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) a colexiada galega Lidia Crespo vai ser proposta a árbitra FIFA pola Comisión Nacional de Árbitros de Fútbol Sala.
“Esta proposta demostra a gran preparación e nivel das nosas compañeiras que arbitran en 1ª Iberdrola e 2ª división B, e de todas as que forman esta CTGAFS”, explican desde a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) .
Ver esta publicación en Instagram
Así mesmo é a demostración da gran labor que ven desenvolvendo Crespo durante as últimas tempadas nas que sempre estivo designada para os grandes eventos do fútbol sala feminino, sendo designada neste ano para a Futsal Week , a Final de Copa Feminina e partidos da Selección Española.





















