Uxía Pérez, do Playas de Castellón, proclamouse campioa galega nos 5km ruta na categoría sénior. Cun rexistro de 17:42, a atleta galega foi a mellor clasificada na proba que se levou a cabo en Bertamiráns, no Concello de Ames.
Detrás de Uxía Pérez quedou Tina Fernández, do Atletismo Sar, e en terceira posición, co bronce, quedou Sandra Mosquera, do Comesaña. Na categoría sub23, a campioa foi María Cedrón, do Gándara, mentres que na sub20 foi Paula de la Torre, da SG Pontevedra e na sub18 Carolina Santos, do Ría Ferrol.
Nas probas masculinas o campión absoluto foi Pablo Bocelo, do Coruña Comarca, acompañado por Abdessamad Ait na sub23, Hugo García na sub20 e Antón Martínez na sub18.
O campionato dos 5km ruta, que se desenvolvía cunha gran presenza de atletas chegados de todos os recunchos da xeografía galega, disputouse con saídas escalonadas de dez atletas a intervalos de medio minuto baixo una boa organización. No apartado de resultados, compre salientar os récords galegos acadados por Hugo Souto na categoría Sub20; Tina Fernández na F35; Domingo Alvarez M70 e Angeles Ripoll na F60.
As campioas dos 5km ruta 2021
- Absolutos/as. Uxía Pérez (Playas de Castellón) e Pablo Bocelo (Coruña Comarca)
- Sub18. Carolina Santos (Ría Ferrol) e Antón Martínez (A.Lucense)
- Sub20. Paula de la Torre (S.Gimnástica) e Hugo García (R.C.Celta)
- Sub23. María Cedrón (A Gándara) e Abdessamad Ait (Coruña Comarca)
- Máster35. Tina Fernández (At.Sar) e Alvaro Presedo (Marineda)
- Máster40. Elena Ledo (ADAS Proinor) e Rubén Diz (Ourense Atl.)
- Máster45. Marta Valín (Verxel Nutrición) e Abel Barros (Atl.+9 Moraña)
- Máster50. Inés Papín (At.Sada) e Juan Carlos Sande (Vet.Samil)
- Máster55. Sole Castro (Comesaña S.C.) e José Carlos Pereira (At.Boimorto)
- Máster60. Angeles Ripoll (C.A.Sada) e Manuel Suárez (Vet. Samil)
- Máster65. Begoña de Arriba (Egovarros) Javier Toro (Verxel Nutr.)
- Máster70. Domingo Álvarez (Egovarros)
- Máster75. Manuel Millara (Comesaña S.C.)