• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte

Uxía Martínez: “A miña meta deportiva é acudir ás nacionais, sería un soño feito realidade”

A tenista galega en Oregón descata que "adestrar en Estados Unidos serviume para mellorar moito a nivel físico e mental" e non pode esquecer o seu mellor recordo tenístico ata a data cando grazas á súa vitora eliminaron por primeira vez na historia a Stanford

Patri Campos por Patri Campos
27/04/2022
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Uxía Martínez durante un partido | UXÍA MARTÍNEZ

Uxía Martínez durante un partido | UXÍA MARTÍNEZ

277
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A tenista galega, Uxía Martínez, leva case dous anos vivindo o soño americano. A coruñesa conseguiu unha beca que cubre os gastos deportivos e formativos na Universidade de Oregón onde admite que “os días son moi intensos pero á vez súper divertidos”. Recentemente conseguiu o pase a cuartos de final do Campionato Pac-12 e imaxina algún día poder ir co equipo de nacionais porque “ao final ese é o obxectivo polo cal todos os equipos en College adestran tan duro cada día”.

Uxía Martínez, neste tempo ao outro lado do charco, recoñece que mellorou moito física e mentalmente nun paronama “onde todo mundo valora moitísimo que esteas fisicamente forte ou que poidas aguantar partidos de tres horas”.

Ademais, esta herculina en Oregón admite a súa morriña da cal a familia e amigos, a praia e a comida considera tres elementos fundamentais que sempre ten presente.

Esta xoven e talentosa tenista aspira a converterse algún día na futura Paula Badosa e ilúminase a súa mirada cando fala du mito do tenis como Serena Williams da que di que “ten unha capacidade de concentración incrible e inaudita no mundo do tenis. A capacidade que ten para xogar ben en momentos complicados é impresionante”.

Uxía Martínez durante un partido | UXÍA MARTÍNEZ
Uxía Martínez durante un partido | UXÍA MARTÍNEZ

As Nosas: Antes de nada, parabéns pola túa recente vitoria e paso a cuartos de final do Campionato Pac-12, cal é tu mellor recordo tenístico e cal é a túa meta deportiva?

Uxía Martínez: O meu mellor recordo tenístico foi quizás o ano pasado, cando xogamos contra Stanford na liga da conferencia. Xogamos na casa, en Oregón, e eu recordo que daquela Stanford estaba no ranking 23 do país, aínda que sempre adoitan estar entre as cinco mellores. Ademais, son unha universidade con moitísimo prestixio, non só a nivel académico, senón tamén a nivel tenístico e deportivo.

A eliminatoria ía empatada 3 a 3 e o meu partido era o decisivo. Cando fun capaz de gañar desatouse a tolemia, era a primeira vez na historia que gañábamos a Stanford e a verdade que ser a persoa que deu a guinda ao pastel e que grazas á miña vitoria o quipo puidese pasar de rolda, fíxome moitísima ilusión. Ver a todas as mis compañeiras animándome desde fóra e a todos os fans que estaban foi unha sensación incrible que que nunca se me vai borrar da cabeza.

Uxía Martínez, tenista do Oregon Duks Women´s Tennis: “Ver a todas as mis compañeiras animándome desde fóra e a todos os fans que estaban foi unha sensación incrible que que nunca se me vai borrar da cabeza”.

En relación a miña meta deportiva é acudir ás nacionais. Desde que cheguei a College o meu obxectivo principal sempre foi poder ir co equipo de nacionais porque eu creo que ao final ese é o obxectivo polo cal todos os equipos en College adestran tan duro e soñan cada día. Ogallá que o ranking que temos sexa suficiente para que podamos entrar en Nacional. Sería un soño feito realidade.

Uxía Martínez, tenista do Oregon Duks Women´s Tennis: “A miña meta deportiva é acudir ás nacionais. Ogallá que o ranking que temos sexa suficiente para que podamos entrar en Nacional. Sería un soño feito realidade”.

𝘿𝙐𝘾𝙆𝙎 𝙒𝙄𝙉 ‼️@uximartinez10 delivers the clincher with a 6-1, 1-6, 6-3 win to send Oregon to the Pac-12 Championship quarterfinals! #GoDucks pic.twitter.com/AdfRRtSnq5

— Oregon Women's Tennis (@OregonWTennis) April 21, 2022

A.N: Militas no Oregon Ducks Women’s Tennis, como é o día a día e a preparación de Uxía Martínez en Oregon?

U.M: O día a día é moi intenso pero á vez súper divertido. Cada día da semana é un pouco diferente, a miña rutina normal é espertarse sobre as 7 da mañá, almorzar e logo adestramento desde as 8 ata as 9. Despois imos ao ximnasio, facemos pesas e temos un descanso de media hora. Despois adestramos unhas dúas horas e media de tenis.

Logo xa vou a clase e máis tarde volvo a adestrar unha hora máis extra a tenis coas adestradoras e despois acabo un pouco o día sobre as catro ou cinco da tarde. Logo xa podo relaxarme un pouco e facer deberes, estudar ou calquera cousa que teña pendente.

Uxía Martínez, tenista do Oregon Duks Women´s Tennis: “O día a día en Oregón é moi intenso pero á vez súper divertido”.

A.N: Tras cruzar o charco, é moi diferente a preparación en EEUU que a que facías aquí no Real Club de Tenis Coruña? Cal é a principal diferenza que notas?

U.M: A transición de Junior a College é bastante grande. A verdade que os adestramentos son un pouco máis esixentes aquí xa que preparación física é moitísimo máis dura. Aquí todo o mundo valora moitísimo que esteas fisicamente forte ou que poidas aguantar partidos de tres horas. E iso notase ao final, porque a preparación é tamén táctica pero, sobre todo, moi física.

Creo que fisicamente mellorei moitísimo e ao final creo que mentalmente tamén din un paso adiante porque ao final a táctica chega unha idade que xa está bastante ben definida a falta de detalles. O meu marxe máis grande de mellora era un pouco máis a nivel mental e físico polo creo que en Estados Unidos serviume para mellorar moitísimo neses aspectos. Ao final aquí cada fin de semana temos competición e estamos nunha rutina de xogar partidos moi intensos cada fin de semana.

Durante a tempada tes moita capacidade de aprendizaxe e xogar partidos moitos partidos moi intensos obviamente fai que aprendas e mellores notablemente.

Uxía Martínez, tenista do Oregon Duks Women´s Tennis: “Creo que adestrar en Estados Unidos serviume para mellorar moito a nivel físico e mental”.

 

A.N: E como levas a morriña? Que é o que máis botas de menos da terra?

U.M: Pois eu diría que hai tres cousas que boto moito de menos. A primeira, sobre todo a miña familia e a miña xente. Iso inclúe familia, amigos e xente do Real Club Tenis Coruña, que ao final son persoas que están lonxe e que botas moito de menos, é bastante duro.

A segunda cousa sería ter a costa e a praia cerca. Cando estaba en Galicia tiña a sorte de vivir moi cerca da praia de Bastiagüeiro e da costa en xeral.

E a última, a comida. Os pratos da miña avoa, a tortilla de patacas, o polbo á galega, os calamares, o raxo. Podo dicir unha lista infinita que non terminaría nunca. [entre risas]

Estas tres cousas son as que máis boto de menos.

Uxía Martínez, tenista do Oregon Duks Women´s Tennis: “De Galicia, as tres cousas que máis boto de menos son familia e amigos, a praia e a comida”.

 

Uxía Martínez durante un partido | UXÍA MARTÍNEZ
Uxía Martínez durante un partido | UXÍA MARTÍNEZ

A.N: Uxía Martínez soña xogar algún día contra…?

U.M: Gustaríame xogar algún día con Rafa Nadal e sobre todo gustaríame falar con el porque paréceme unha persoa moi agradable e interesante. Creo que é unha persoa súper que me pode achegar moitísimo, non só a nivel tenístico, tamén a nivel persoal. Creo que Rafa Nadal é un claro exemplo de como se pode ser un extraterrestre dentro da pista, pero ao fin e ao cabo unha persoa normal como o resto fóra dela.

Tamén gustaríame moito xogar con Paula Badosa porque a verdade é que lévome fixando nela desde os seus comezos no mundo do tenis. Antes de que empezara a despuntar xa lle vía que tiña moitísimo futuro e agora estase vendo que está entre as cinco mellores do mundo. Tamén sería impresionante poder falar con ela para aprender e ver un pouco como foi esa transición.

Uxía Martínez, tenista do Oregon Duks Women´s Tennis: “Gustaríame algun día poder xogar contra Paula Badosa e contra Rafa Nadal”.

 

A.N: E a túa referente no tenis?

U.M: O meu referente masculino é Rafa Nadal, creo que é o mellor deportista español da historia e un claro exemplo de superación.

No eido feminino a miña referente é Serena Williams, xa que creo que ten unha capacidade de concentración incrible e inaudita no mundo do tenis. A capacidade que ten para xogar ben en momentos complicados é impresionante. Creo que que é un talento único e os números de títulos que ten ela xa o di todo. Quizás o noso estilo de xogo non é moi parecido, pero é que a min o aspecto mental dela me apaixona e encántame de ver xogar e ver como se concentra antes de cada punto. É un gusto ver.

Uxía Martínez, tenista do Oregon Duks Women´s Tennis: “Serena Williams ten unha capacidade de concentración incrible e inaudita no mundo do tenis. A capacidade que ten para xogar ben en momentos complicados é impresionante”.

Etiquetas máis deportetenisUxía Martínez
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Jessica Bouzas, en Maspalomas / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

Jessica Bouzas, subcampioa do W100 Maspalomas Gran Canaria

por Redacción As Nosas
17/08/2023
0

  A tenista galega Jessica Bouzas fíxose co título de subcampioa do W100 Maspalomas Gran Canaria, perdendo na final ante...

Iria Barreiro Navarro, campioa galega benxamín, Celia Cerviño foi a campioa absoluta / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

Celia Cerviño, campioa Galega Absoluta de tenis

por Redacción As Nosas
10/08/2022
0

  Celia Cerviño proclamouse campioa galega feminina na LXXXIII edición do Campionato Galego Absoluto de Tenis. Na final de dobres...

Jessica Bouzas e Leyre Romero Gormaz gañadoras do torneo de dobres do W60 San Bartolomé de Tirajana en Gran Canaria / FEDERACIÓN GALEGA DE TENIS

A tenista galega Jessica Bouzas, campioa de dobres do W60 San Bartolomé

por Redacción As Nosas
10/08/2022
0

  Jessica Bouzas proclamouse campioa de dobres do W60 San Bartolomé de Tirajana en Gran Canaria formando parella coa tenista...

Jessica Bouzas no W25 Madrid, agora competiu no / XUNTA DE GALICIA

Jéssica Bouzas, semifinalista no formato individual e finalista na proba de dobres do Torneo Internacional W25 de Darmstadt

por Redacción As Nosas
28/07/2022
0

  No Torneo Internacional W25 de Darmstadt en Alemania, a xogadora galega Jéssica Bouzas Maneiro conseguiu ser semifinalista no formato...

A pontevedresa Jéssica Bouzas e a barcelonesa Guiomar Maristany, ouro nos Xogos do Mediterráneo / FG TENIS

Ouro para as tenistas Jéssica Bouzas e Guiomar Maristany nos Xogos do Mediterráneo

por Redacción As Nosas
02/07/2022
0

  A pontevedresa Jéssica Bouzas e a barcelonesa Guiomar Maristany lograron o ouro na categoría de dobres de tenis feminino...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Carreira da Muller 2023 / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de cinco mil participantes, na Carreira da Muller da Coruña

25/09/2023
Dépor ABANCA / RCD

Primeira xornada e primeira vitoria con remontada para o Dépor ABANCA (1-2)

10/09/2023
I Xornada Solidaria AFAC / AFAC

O Torneo Solidario da AFAC recada 2.200 litros de leite para a Cocina Económica

10/09/2023
Irene Ferreras e Kevin Cabado / DÉPOR ABANCA

Irene Ferreras, adestradora do Dépor ABANCA: “Estamos preparadas, con moitas ganas”

09/09/2023
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión

© 2019 As Nosas SL.