Malas noticias para a xogadora do Viaxes Amarlle FSF, Marta López, coñecida como Martita. A futbolista estaba convocada para a concentración da Selección Española sub-21, a que finalmente non poderá acudir tras lesionarse de novo do xeonllo.
A acción que provocou a lesión produciuse nos minutos finais do duelo galego fronte ao Ourense Envialia FS. A falta de cinco minutos para o pitido final, un choque fixo que Martita, que xogaba presionada, quedase cravada na pista pola dor do xeonllo. Xustamente, estivo a tempada pasada recuperando esa mesma lesión.
O derbi galego entre Envialia e Amarelle quedou en terras ourensás 2-1
A xogadora herculina viaxaría esta fin de semana á Ciudad del Fútbol de Las Rozas para disputar un partido contra a Absoluta Femenina o martes, 15 de decembro. Finalmente, a peche do AD Alcorcón, Clau López, irá en sustitución de Martita.
Martita, arropada polas rivais
Ante estas malas noticias, a xogadora rival do Ourense Envialia, pero compañeira na Selección, Judith Pedreira, desexoulle á coruñesa unha pronta recuperación.
Eres increíble niña! Sin duda lo peor de todo es esto… Mucha fuerza y que todo se quede en un susto🙏🏽🤞🏽Un besazo enorme🧡 @maartitaa9 https://t.co/ZKmyAkjTXn
— Judith Pedreira (@JudithPedreira) December 8, 2020
Tamén se uniron a estas mensaxes de ánimo o propio Ourense Envialia e a AD Alcorcón, equipo da xogadora que a sustituirá coa camisola vermella.
SELECCIÓN ESPAÑOLA 🇪🇸
¡@Clauudialopez7 entra en la primera convocatoria de la sub21!
¡Enhorabuena! ⚽💛
Deseamos una pronta recuperación a @maartitaa9#CorazónAmarillo https://t.co/s7o6GOM7or
— A.D. Alcorcón F.S.F. (@ADAlcorconFSF) December 9, 2020
A futbolista do Amarelle terá que agardar a outra ocasión para competir co combinado estatal. Polo de agora, comeza o seu prazo de recuperación e estará de baixa, aínda que nin a xogadora nin o club anunciaron durante canto tempo.
Catro xogadoras galegas, convocadas por Clàudia Pons para a concentración da Selección