• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

A presentación do almanaque, que leva o título de ‘Deporte lugués en feminino’, serviu para que varias das deportistas que aparecen nel participaran do acto e expuxera ás súas vivencias

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
09/07/2026
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

98
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

  • Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte.
  • Os relatorios cursaron das dificultades polo xénero, as virtudes e desafíos da práctica e a influenza do factor económico e das ferramentas para profesionalizar o deporte.
  • O público puido levar un exemplar da publicación que cubre a tempada 2026-2027 e que conta imaxes e biografías de 18 deportistas lucenses

O pasado 6 de xullo, o histórico Palacio de San Marcos acolleu unha cita que tiña como finalidade poñer en valor a grandes deportistas lucenses. A escusa foi a presentación da Axenda Deportiva da tempada 2026-2027 ‘Deporte lugués en feminino’ da man da vicepresidencia da Deputación de Lugo. Ao redor deste evento desenvolvéronse unha serie de conversas con varias das deportista que protagonizan a citada axenda e que serviron para reflexionar sobre a situación da muller no deporte no momento actual.

Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, na presentación da Axenda Deportiva lucense / ZAR

Algo tan ligado ao noso día a día como unha axenda sirve para organizármonos nas tarefas cotiás, pero tamén pode ser unha ferramenta para abrir mentes, tomar consciencia da importancia de ter unha visión de xénero no deporte, construír referentes, ou tentar reducir a fenda de xénero no ámbito deportivo.

A Axenda Deportiva Tempada 2026-27 ‘Deporte lugués en feminino’ vai atravesando os meses da man de 18 mulleres que practican diferentes disciplinas. Todas elas son referentes nos seus ámbitos, pero en moitos casos, poden ser auténticas descoñecidas para o gran público.

Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR

Cando as persoas usuarias desta axenda vaian avanzando días e meses poderán ir coñecendo mellor a estes nomes propios destacados do deporte lucense e deixarán de ser para algunhas desas persoas unha figura por descubrir para ser un deportista a seguir.

18 mulleres do deporte lugués

O deporte é unha das competencias xestionadas pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que expresa con esta proposta o seu desexo por reivindicar os éxitos da muller e camiñar cara a unha igualdade efectiva. O vicepresidente,  Efrén Castro, explicaba durante a presentación que “estamos nun momento no que hai forzas e intereses que queren que este camiño se desande”.

Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR

“Temos un deporte feminino de primeiro nivel, que está acadando cotas impresionantes, pero faltaba poñer o foco sobre elas. Pensamos que era de xustiza tratar de xirar os focos cara ao deporte feminino, aínda que fose cun pequeno xesto”, apuntaba consultado sobre o porque da publicación desta axenda.

Con este fin, o de poñer a luz sobre as mulleres do deporte lugués, a Área de Deportes do Servizo de Publicacións da Deputación edita esta axenda que protagonizan as seguintes 18 deportistas:

  • A karateka Uxía Folgueira.
  • A xogadora de baloncesto Noa López.
  • A taekwondista Laura Álvarez.
  • As nadadoras Inés e Sofía Mourenza.
  • A xogadora de fútbol Carmen Carballada.
  • A atleta Adi Iglesias.
  • A xogadora de squash Olivia Mon.
  • A triatleta Elsa Pena.
  • As xogadoras de voleibol Clara Carreira e Olalla González.
  • A piragüista Tania Fernández.
  • A piloto de motos Elena López.
  • A ximnasta Alisa Urdaneta.
  • E as xogadoras de fútbol sala Sandra Pumares, Silvia Rubal, Verónica García e Area Loureiro.
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

Na opinión de Efrén Castro, vicepresidente da Deputación lucense: “Evidentemente as administracións temos un papel clave para reducir a fenda entre o deporte masculino e o feminino. Se queremos mudar algo, son as administracións as que temos que marcar o paso. É certo que hai que facer moitos cambios tamén a nivel da sociedade, e non poden ser só as administracións, pero nós temos que darlle ese impulso ao deporte feminino para que poida seguir medrando como o está a facer”.

Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR

No transcurso da tarde as persoas presentes foron quen de presenciar a preto dunha ducia de deportistas expoñendo as súas visións sobre os factores que as levaron ata onde están e as expectativas de futuro que teñen dentro e fóra do deporte.

As disciplinas das once deportistas que participaron do acto de presentación eran tan dispares como as súas idades, que recorrían camiños vitais desde os 14 a 34 anos. O nexo común situouse na paixón pola practica deportiva e nos valores que todas, dun ou outro xeito, explicaban que lles aportara o deporte. Tamén aseguraron que os sacrificios e os esforzo, por grandes que fosen, pagaban a pena.

As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

A ximnasta Alisa Urdaneta, a karateka Uxía Folgueira e a nadadora Inés Mourenza protagonizaron o primeiro relatorio.

O segundo foi para Elena López, piloto de motos, Elsa Pena, triatleta, e Tania Fernández, piragüista.

Finalmente, a xogadora de baloncesto Noa López, a de voleibol Clara Carreira, a futbolista Carmen Carballada e as xogadoras de fútbol sala Silvia Rubal e Sandra Pumares pecharon as entrevistas nun bloque no que o a práctica de disciplinas de equipo era o nexo de unión entre delas.

As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

Nas temáticas sobre as que conversaron as deportistas foron variadas, pero buscábase expoñer a realidade do deporte feminino e os camiños que as levaran ata este momento das súas carreiras deportivas.

As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

“Eu empecei a andar dándolle patadas a un balón”, confesou a baloncestista Noa López. “O que pasou é que na miña vila non había equipo feminino e entón os primeiros anos xoguei con nenos”. Finalmente tivo que deixar o fútbol por esa limitación que afecta a tantas rapazas no momento de intentar escalar a súa paixón a ligas maiores: a falta de equipos femininos.

Mudar o fútbol polo baloncesto non foi mala cousa para Noa López, que ata esta tempada militaba no Durán Maquinara Ensino de Lugo. O vindeiro curso cambiará de continente. Esta sarriá de 17 anos vén de anunciar que marcha a xogar ao equipo da University at Albany de Nova York. Alí xogará na liga universitaria estadounidense mentres cursa estudos de maxisterio coa especialidade en Educación Física.

Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR

A oferta deportiva con orientación feminina é por veces máis reducida en comparación coa masculina, levando á frustración de moitas atletas potenciais. É un exemplo desa fenda de xénero que se atopan elas tamén na práctica deportiva.

Aínda quedando moito camiño por percorrer, como indicaba Efrén Castro, a Deputación convoca este tipo de eventos coa finalidade de promocionar a promoción destas disciplinas e expandir o seu ofrecemento.

Aprendizaxe en valores da man do deporte

Malia os matices a considerar con relación ao xénero, todas as deportistas teñen claro que o deporte foi un factor diferencial na súa forma de desenvolverse no día a día. “Aprendín a levantarme e a ser máis forte para conseguir os meus obxectivos. Estou moi agradecida de que meu pai me tivera apuntado a karate, xa que sen este deporte non vexo unha vida”, afirmou Uxía Folgueira, gañadora de múltiples ouros internacionais en karate con apenas 14 anos.

As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

As actividades que desempeñan dan base a moitos dos valores das deportistas que participaron nesta presentación. A ximnasta Alisa Urdaneta salientou o “compañeirismo” e manifestaba que aprendera a “facer cousas soa. Ao final estaste independizando cada vez máis”.

A padexeira do Kayak Tudense, Tania Fernández, explicaba que no deporte: “Tes que aprender a superar a frustración, os malos momentos, e penso que iso é totalmente extrapolable á vida, e por suposto á vida académica e á vida laboral”.

A padexeira Tania Fernández, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

Non en tanto, a mellora non chega sen sacrificios. A mesma Carmen Carballada lamentábase das renuncias que as deportistas teñen que facer dende ben pequenas, marcadamente no relativo ao tempo en familia. “Desde pequenas sacrificamos moitas cousas bonitas, sobre todo relacionadas coa nosa familia, como aniversarios, festas familiares, etc. Pero ao final, cando estás loitando por un soño fas sacrificios non custan tanto. Organizándose hai tempo para facer outras cousas tamén”.

Xustamente ao respecto da necesidade de contar con tempo lonxe do deporte, a deportivista sumábase á reflexión doutra compañeira e explicaba que coincidía con ela en que “tamén hai que desconectar. Se estás focalizada só no deporte tampouco é san de todo”.

Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR

Foi precisamente o apoio das familias outro dos puntos que se concluíu que é un alicerce nas traxectorias deportivas. Esas nais e eses pais que fan quilómetros en coche para levalas a adestrar, que agardan ás portas dos recintos deportivos a que rematen ou que fan cadrar vacacións para poder ir velas competir.  Por non falar unha economía familiar que ten presente as necesidades de novo material para a competición como un apoio máis para que elas non queden atrás na súa evolución deportiva.

As xogadoras de equipo explicaban que o propio vestiario remata por se converter noutra familia ao pasar tanto tempo, estreitando lazos alá onde van competir.

As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

Para Clara Carreira, xogadora do CV Arenal Emevé, unha das cuestións chave nun vestiario está na confianza. Concretamente falaba de “facer pensar ás demais que debemos confiar no noso traballo, no que temos adestrado toda a semana. Se vemos que alguén está falto de confianza por pensar que o equipo rival impón, por que sexa bastante bo, debemos facerlle ver que estivemos adestrando para iso” .

Falando da xestión de grupo nun vestiario abordouse a necesidade da franqueza na comunicación nese espazo, e tamén da importancia de contar con líderes, e do apoio que se recibe das outras compañeiras. Unha xestión de grupo que non sexa óptima pode ter gran repercusión nos resultados deportivos.

As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

Consultadas sobre se o deporte individual require de máis fortaleza mental que os de equipo, ou polo menos doutra habilidades, Silvia Rubal suxire que “non por ser un deporte individual tes que ser máis forte que nun deporte de equipo. Nun deporte de equipo se caemos temos máis axuda das compañeiras para alzarnos. Pero tamén hai que saber xestionar moitas cabezas pensantes”, puntualizaba a xogadora de fútbol sala, e capitá do Reyco Burela FS.

As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

Mentres, Elena López concorda coa tese de que a deportista individual aprende a ter unha maior fortaleza para levantarse a si mesma ao caer.

Inés Mourenza: “Sei que do deporte non se vive”

Un dato para a reflexión foi o beneficio económico que reciben, ou máis ben non reciben estas deportistas. Xa no principio do evento, Inés Mourenza declarou: “A min o deporte gústame moito, pero sei que del non se vive e tamén hai que estudar”. Manifestou a súa intención de estudar enfermería en paralelo ao avance da súa carreira deportiva, e non foi a única.

As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

“Dende moi pequena, no colexio, decidín un día que quería ser mestra”, formulaba a triatleta Elsa Pena, que xa daquela relataba contos á cativada de cursos por debaixo do dela. Agora, continúa a querer ser mestra mentas colleita multitude de éxitos no tríatlon.

As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

De feito, unha das consultas que puxo sobre mesa de debate a condutora do acto, a xornalista e directora das Nosas Silvia Carregal, foi se tiñan un plan B vital para suplir a carencia de que, na meirande parte dos casos o deporte non chegaría a ser, lamentablemente, a profesión coa que pagarán as facturas.

Se ben é certo que a practica deportiva é un modo de vida, tamén o é que no caso do deporte feminino, máis aínda en disciplinas minorizadas, non é, por desgraza, un modo de gañarse e vida.

Malia todas as horas de adestramento, viaxes e competicións que mulleres como as 18 que protagonizan esta axenda deportiva invisten, a moitas cústalles incluso cubrir os gastos que a practica deportiva leva a aparellada.

A piloto de motociclismo Elena López daba datos: “Para que vos fagades unha idea, creo que os seis primeiros no mundial son os únicos que poden dedicarse única e exclusivamente a isto”.

As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

Fóra do tepe, do 40×20, da auga, subidas a unha bici ou a unha moto, bogando nunha piragüa, estudan, e traballan. Por dar algúns exemplos, Clara Carreira, estuda enfermaría, Elena López ten un ciclo de electromecánica e está cursando un módulo de mecánica de competición de motos, e Tania Fernández é fisioterapeuta no Coruxo (equipo de fútbol masculino).

Non todo no deporte son alegrías. Sábese hai que perder moitas veces para gañar, pero ademais  a practica deportiva leva aparellada si ou si, a condena das lesións. Tarde o cedo crúzanse na vida dunha deportista.

As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

Carmen Carballada, Noa López e Silvia Rubal contaron as súas experiencias a este respecto. Un punto no que se puido poñer en valor a importancia de que os clubs conten cunha estrutura sanitaria. As experiencias que narraron Silvia Rubal e Carmen Carballada foron total diferentes. A xogadora do Dépor ABANCA puxo en valor os medios cos que a entidade branquiazul dota ao equipo feminino, en diferentes ámbitos, pero tamén no relativo á saúde das futbolistas.

As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

Relatando o momento da súa rotura de peroné, Carmen Carballaba explicaba: “Síndrome moi afortunada de estar nun club coma o Dépor, que conta cuns servizos sanitarios de primeirísimo nivel. Rompín pola mañá, e ás seis da tarde estaba operada”.

Así é a Axenda Deportiva da Tempada 2026-27

O volume, de tapa dura e edición coidada, contén imaxes das atletas fóra do seu ambiente deportivo habitual, é dicir, non inmersas nas súas disciplinas, senón amosándose de maneira máis casual diante do obxectivo de Reyes Fernández Guizán (Júpiter Fotografía), responsable da elaboración dos retratos que compoñen esta publicación.

A xornalista Belén Rodríguez Arias (Konceptual) é responsable da elaboración dos textos desta axenda que amosa o ‘Deporte lugués en feminino’, a través dos que se pode coñecer un pouco máis as figuras das 18 protagonistas.

As autoras da Axenda Deportiva lucense, a xornalista Belén Rodríguez e a fotógrafa Reyes Fernández, na presentación desta obra editada pola Deputación de Lugo / ZAR

Relatou Belén Rodríguez, durante a presentación, que o proceso “afronteino como unha conversa”, tratando de establecer unha comunicación afable, obtendo así “un feedback moito mellor, un realismo máis máxico na resposta”.

“Temos moito do que presumir, e queríamos facelo cunha publicación tan bonita coma esta”, manifestaba no transcurso do acto Efrén Castro.

O almanaque comprende dende xullo de 2026 ata xuño de 2027, correspondendo co ámbito temporal máis habitual dunha tempada deportiva.

As deportistas participantes da presentación recibiron un exemplar da Axenda Deportiva da Tempada 2026-27 e o retrato impreso que a fotógrafa Reyes Fernández elaborou para esta publicación.

1 de 47
- +
Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares
Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, entrega agasallos institucioanles ás deportistas protagonistas da presentación da Axenda Deportiva lucense no transcurso da presentación / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares
Silvia Carregal, xornalista e directora das Nosas, conduciu a presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, na presentación da Axenda Deportiva lucense / ZAR
Efrén Castro, vicepresidente da Deputación de Lugo, na presentación da Axenda Deportiva lucense / ZAR
As autoras da Axenda Deportiva lucense, a xornalista Belén Rodríguez e a fotógrafa Reyes Fernández, na presentación desta obra editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As autoras da Axenda Deportiva lucense, a xornalista Belén Rodríguez e a fotógrafa Reyes Fernández, na presentación desta obra editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Alisa Urdaneta, Inés Mourenza e Uxía Folgueira na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Tania Fernández, Elena López e Elsa Pena, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
A padexeira Tania Fernández, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
Presentación da Axenda Deportiva lucense, editada pola Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR
As deportistas Noa López, Clara Carreira, Carmen Carballada, Silvia Rubal, Sandra Pumares, na presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR

O acto finalizou cunha foto grupal e as palabras da xornalista Silvia Carregal que lles desexou ás deportas: “Éxitos na competición e na vida, saúde para sacar adiante os retos que tendes nos vosos camiños vitais, e moita forza de vontade para seguir cando as cousas veñan mal dadas. O deporte lucense está orgullos de vós. Sodes referentes para as que veñen detrás. Sodes faro. Sodes guía. Sodes enormes!”

Etiquetas Adi IglesiasAlisa UrdanetaArea LoureirobaloncestoCarmen CarballadaClara CarreiraElsa Penafútbolfútbol salaInés MourenzaLaura ÁlvarezMotociclismoNATACIÓNNoa LópezOlalla GonzálezOlivia MonpiragüismoSandra PumaresSilvia RubalSofía MourenzaTania FernándeztriatlónUxía FolgueiraVerónica GarcíaXimnasia
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

por Redacción As Nosas
10/07/2026
0

A Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) comunica que a primeira parada do circuíto “3x3 URBAN – Deputación de Pontevedra”, prevista inicialmente para esta...

O baloncesto pode ser unha das disciplinas beneficiarias da plataforma Terra Move / SABELA MOSCOSO

Queres arbitrar baloncesto? o CGAB abre a inscripción dos Cursos de Iniciación 2026-2027

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

A  Federación Galega de Baloncesto (FEGABA), a través do Comité Galego de Árbitros de Baloncesto (CGAB), abre o prazo de inscrición para os...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Alberto Rodríguez substúe a Fran Alonso no banco do Dépor ABANCA / SABELA MOSCOSO

O arteixán Alberto Rodríguez, novo adestrador do Dépor ABANCA na tempada 2026-27

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Alberto Rodríguez (Arteixo, 22 de febreiro de 1989) será o adestrador do Dépor ABANCA na temporada 2026-27, segundo informa o...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Seleccións Galegas de fútbol gaélico na edición dos World Games de 2023 en Derry / AGFG

Galicia acude aos ‘World Games 2026’ de fútbol gaélico con catro equipos

11/07/2026
Circuíto 3x3 Urban Deputación de Pontevedra / FEGABA

A primeira parada do Circuíto de Baloncesto “3×3 URBAN – Deputación de Pontevedra” en Vilagarcía de Arousa reprográmase para os días 1 e 2 de agosto

10/07/2026
A atleta Ainhoa Repáraz é unha das atletas que competirán no XLVI Campionato Xunta Sub-20 de Probas Combinadas pista cuberta / ATLETISMO GALEGO

Galicia acude con 38 atletas ao Campionato de España Sub-23 de Cáceres

10/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.