• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Un punto que sabe a pouco ao Amarelle

As coruñesas empataron coa AE Penya Esplugues (1-1) que segue por encima do equipo que adestra Jorge Basanta

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/03/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Viaxes Amarelle FSF / SABELA MOSCOSO

Viaxes Amarelle FSF / SABELA MOSCOSO

166
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Viaxes Amarelle FSF recuperou o primeiro dos partidos aprazados contra un rival directo, visitando a cancha do AE Penya Esplugues, pero non conseguía o triunfo. Con todo, as coruñesas sumaron un punto froito do empate 1-1 co que rematou o choque. A colleita sabe a pouco por tratarse dun rival directo que, tras a disputa deste choque, queda un posto por riba das galegas.

As galegas empezaron con máis intención de xogo ofensivo, pero as locais adiantáronse ao final da primeira parte, presentando unha actitude máis defensiva na segunda parte. Foi aí onde as herculinas tomaron máis protagonismo e tiveron varias ocasións moi claras, pero que se resolveron cun só gol a favor. Eso permitiu que o partido finalizase con reparto de puntos, tras mostrar o luminoso un resultado de 1-1.

Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE
Viaxes Amarelle / VIAXES AMARELLE

O partido empezaba cun Viaxes Amarelle FSF que tiña o balón e xogábao con criterio para crear o perigo necesario sobre a portaría contraria, mentres que as locais optaban por unha defensa en media cancha, para tratar de sorprender á contra. Pero co avance do partido, ningún dos dous equipos conseguía porse por diante no marcador, nin xerar ocasións o suficientemente claras de perigo.

Xa na medianía do primeiro período, o AE Penya Esplugues optou por subir a súa liña de presión para impedir a saída de balón cómoda das herculinas, aínda que tampouco conseguían con iso porse por diante.

Deste xeito ían transcorrendo os minutos o partido igualábase. A falta de menos de dous minutos para o tempo de asueto, o AE Penya Esplugues roubaba o esférico en media cancha e armaba unha contra que finalizaba Berta Velasco cun potente disparo exterior, axustado ao pau contrario da porteira. Este disparo fixo subir o 1-0 ao marcador, un resultado co que o partido se iría ao descanso.

Lau Doce, Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO
Lau Doce, Viaxes Amarelle / SABELA MOSCOSO

Logo do paso por vestiarios, o partido volvía a unha dinámica similar á do inicio do partido. Víase a un AE Penya Esplugues que se atopaba cómodo en tarefas defensivas, coa vantaxe dun gol no marcador. Pero as herculinas necesitaban facer gol para igualar a contenda e tratar de darlle a volta ao marcador; e neste punto mostrou un xogo máis atrevido e empezaron a chegar as ocasións sobre a portaría das catalás. Con todo, a falta de definición no último pase ou os paus noutra ocasión, impedían que o partido se igualase no luminoso.

As galegas nin se rendían, nin baixaban o ritmo. Así, a falta de 6 minutos para o final, Sofía Rodríguez cun potente disparo de 8 metros puña o 1-1 no marcador.

As herculinas querían a vitoria, do mesmo xeito que as locais, que subiron as súas liñas nos últimos minutos; pero ningunha das dúas escuadras foi capaz de desfacer o empate, e chegou o asubío final coa repartición de puntos

Foi o desta xornada recuperada, un partido moi traballado do cadro herculino, que soubo levar o peso do partido en gran parte do encontro e conseguir bos repregamentos defensivos nas contras que conseguían xerar as locais. Aínda que cunha segunda parte con ocasións máis claras, e algún balón ao pau, o partido terminou cunha repartición de puntos ante un rival directo, que sabe a pouco. Non hai que esquecer que este resultado mantén á AE Penya Esplugues, rival directo, un posto por encima das galegas na clasificación, a falta dun partido para terminar a primeira fase da competición.

Seguinte rival, o CD Leganés FSF

Tras a disputa deste novo encontro da competición regular, o Viaxes Amarelle FSF regresa nos próximos días aos adestramentos para afrontar un encontro complicado duelo fronte a un rival da zona media da táboa na Primeira División Nacional Feminina de fútbol sala. Será recuperando o encontro aprazado da duodécima xornada do subgrupo A contra o CD Leganés FSF.

As herculinas recibirán as madrileñas o vindeiro sábado 20 de marzo ás 18:00 horas no Pavillón Municipal de Novo Mesoiro (A Coruña).

FICHA TÉCNICA

1) AE PENYA ESPLUGUES: Raquel, Martita, Celia, Berta Velasco e Clara – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Collado, Irina, Pilar, Laia, Roser, Beth, Belén e Muni.

1) VIAXES AMARELLE FSF: Leti Rojo, Cris Lourés, Lau Doce, Anna Escribano e Candela Soria – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Patri Corral, María Gómez, Sofía Rodríguez e Yaiza.

GOLES: 1-0 Berta (min. 18); 1-1 Sofía Rodríguez (min. 34).

Árbitros: Bernardo Simon Benet e Francesc García Donas Salvador do Colexio de Árbitros de Cataluña. Mesa: Sergio Rodríguez Aguado do Colexio de Árbitros de Cataluña. Amosaron cartón amarelo a Diego do Viaxes Amarelle FSF.

INCIDENCIAS: Partido aprazado correspondente á 11ª xornada do Subgrupo A da Primeira División Nacional Feminina de Fútbol Sala disputado no C.E.M. Les Moreres (Esplugues de Llobregat).

Etiquetas AE Penya Espluguesfútbol salafutsalViaxes Amarelle FSF
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

A Coruña, sede dun seminario técnido do Comité Nacional de Fútbol Sala para a formacion de arbitros/as / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña reúne a 110 árbitros das principais competicións estatais de fútbol sala nun seminario técnico

por Redacción As Nosas
24/07/2026
0

A Coruña acolle esta fin de semana un seminario técnico organizado polo Comité Nacional de Fútbol Sala da Real Federación...

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.