• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Iberdrola Fútbol

Un gol que vale un mundo e deixa ao Dépor a un trunfo da salvación

Alba Merino insuflou, co seu tanto, alento a un Dépor necesitado de osíxeno de puntos

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
03/03/2021
en Fútbol, Liga Iberdrola Fútbol
Gol de Alba Merino co Dépor ABANCA / RCD

Gol de Alba Merino co Dépor ABANCA / RCD

105
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Tres puntos separan agora mesmo ao Dépor ABANCA da tranquilidade. Logo de imporse pola mínima (1-0) en Abegondo ao Sporting Huelva, as deportivistas respiran un pouco máis forte, recuperan fuelle, alento e ánimos con tres puntos que as colocan a outros tres da salvación. O solitario gol de Alba Merino vale o seu peso en ouro.

Alineación do Dépor ABANCA en Abegondo / RCD
Alineación do RC Deportivo ABANCA en Abegondo por fin con público nas bandadas / RCD

En xornada entre semana, e tras tres derrotas consecutivas, ao fin vencían as futbolistas que adestra Manu Sánchez. Un trunfo pola mínima pero que ten moitísimo valor xa que lle fixo recurtar distancias na táboa co seu rival, o Sporting Huelva. As onubenses son, xustamente, o equipo que ocupa ese posto 14º na táboa que marca a liña entre a permanencia e o descenso. Sen deixar de ser colistas, as deportivistas teñen a tiro de pedra escalar na clasificación e conservar a categoría.

Non podían fallar, sabíano e non o fixeron. Custou, e moito, vencer nun partido que non tivo donas en case ningún momento. Pero como todo o que supón un esforzo extra, esta vitoria seguramente teña un sabor especial para as deportivistas.

Nest partido, que estaba pendente de disputa por ser adiado na 17ª xornada de Primera Iberdrola, houbo ocasións por ambos bandos e os puntos quedaron #nanosacasa branquiazul como  poideron poñer rumbo ao sur. As deportivistas que volvían á Cidade Deportiva de Abegondo e querían agasallar ao seu público cunha alegría. Cumpliron.

Alternancia nas chegadas e na posesión

Arrincou o partido cun pelotazo de Athenea del Castillo que deu no traveseiro. Corría o minuto dous de xogo. Pero as cousas non serían tan doadas para as galegas.

Foi partido cheo de alternancias nas chegadas e nas posesións. A mellor ocasión das visitantes chegaba por unha imprecisión do Dépor ABANCA na saída do balón. O erro local case custa moi caro. Sullastres, aguantou o duelo fronte a fronte con Gey e tocou o xusto o tiro da futbolista do Huelva. Para rematar a faena chegou Iris que evitou que o esférico rematase de cruzar a liña de gol (cara a onde se dirixía inexorablemente). Frustrouse así un tanto que ben podería ter mudado o curso do partido.

Un tiro de Gaby viu porta, pero non subiu ao marcador ao decretarse fóra de xogo. Así se chegaba ao descanso sen que se movese o resultado do 0-0 na Cidade Deportiva de Abegondo.

Cris Martínez nun lance do Dépor vs Huelva en Abegondo / RCD
Cris Martínez nun lance do partido entre o RC Deportivo e o Sporting Huelva en Abegondo / RCD

No minuto 51 se produciría o gol que deu o partido e os tres puntos ao Dépor ABANCA. A insistente presión de Athenea del Castillo provocou que o despexe da central do Sporting Huelva, Cinta Rodríguez, lle quedase curto. Alí estaba Gaby que recolleu o esférico para envialo a Peke que agardaba na área e peiteaba a pelota cara a Alba Merino. Control e pepinazo da capitá branquiazul que fusilaba a Chelsea Ashurst anotando o 1-0.

Penalti?

Seguiron as alternancias nas chegadas e no control do balón, pero as deportivistas mantiñan a súa curta pero resolutiva vantaxe no marcador. Foi moi protestada unha xogada que puido supoñer o 2-0. As futbolistas deportivistas reclamaron unha man dentro da área da estadounidense Claire Falknor que, tería impedido o segundo das galegas. A colexiada non apreciou o mesmo e, polo tanto, non pitou penalti.

Na recta final do choque o RC Deportivo ABANCA fixo un grande esforzo defensivo contendo os intentos do Sporting Huelva que non se rendía e buscaba con insistencia meta de Sullastres. O partido remataría co 1-0. O gol de Alba Merino valeu tres puntos e permite soñar a As Nosas branquiazuis.

O Dépor ABANCA vence ao Sporting Huelva en Abegondo / RCD
O RC Deportivo ABANCA vence ao Sporting Huelva na Cidade Deportiva de Abegondo / RCD

O Dépor ABANCA, que segue colista, suma catro trunfos e 14 puntos. Está, como deciamos ao comezo, a so tres puntos (unha vitoria) do Sporting Huelva que ocupa o posto que delimita a permanencia na Primera Iberdrola.

Mañá, xoves 4 de marzo, o equipo que adestra Manu Sánchez ten libre. As futbolistas volven aos adestramentos o venres 5 de marzo ás 17:30 horas na Cidade Deportiva de Abegondo. O seguinte reto competitivo o teñen o domingo 7 de marzo, data na que renderán visita á Real Sociedad, en Zubieta nun encontro correspondente á 21ª xornada de Liga na Primera Iberdrola. O cruce está marcado para ás 11:00 horas e será retransmitido en directo por Gol.

Camiseta especial para a deportivista centenaria Cris Martínez

A futbolista Cris Martínez alcanzaba en terras tinerfeñas o centenar de partidos lucindo as cores branquiazuis. Unha data que terá para ela un recordo en forma, precisamente, de camiseta centenaria. A deportista de Astorga leva catro tempadas na disciplina deportivista. De feito, é a única futbolista que, arestora, se mantén no equipo que adestra Manu Sánchez con respecto á primeira plantilla do equipo feminino do RC Deportivo nesta nova etapa competitiva que arrincou no 2016. Xogou o primeiro partido e viviu o ascenso do equipo coruñés á elite do fútbol feminino español.

De recordo para a segunda centenaria d #asnosas, unha peza especial d #asnosascores. Parabéns CRIS 🔵⚪️💯⚪️🔵 pic.twitter.com/Se4rVWySs5

— RC Deportivo (@RCDeportivo) March 3, 2021

Cris Martínez é a segunda en alcanzar esa cifra histórica de cen partidos xogados co Dépor ABANCA. Hai unhas semanas tomoulle a dianteira a súa compañeira, a venezolana Gaby, a primeira deportivista centeneria. 

FICHA TÉCNICA

RC DEPORTIVO ABANCA: Sullastres, Cris, Iris Arnaiz, Blanco, Patri López, Ainoa, Alba Merino, Gaby, Eva Dios (Michelle Romero, min. 85), Athenea y Peke (María Figueroa, min. 88).

SPORTING CLUB DE HUELVA: Chelsea Ashurst, Pau (Paula Romero, min. 46), Patri Ojeda, Cinta Rodríguez, Kristina Fisher, Yoko Tanaka, Castelló (Waldman, min. 66), Claire Falknor, Gey (Kanteh, min. 56), Dany Helena (Jenifer, min. 82) y Mayra Ramírez.

GOL: 1-0 Alba Merino (min. 51).

ÁRBITRA: Fernández Ceferino, do Colexio de Asturias. Amosou cartón amarelo polas visitantes ás futbolistasCastelló (min. 7), Pau (min. 25), Gey (min. 52) e Cinta Rodríguez (min. 66).

INCIDENCIAS: Partido aplazado de la 17ª xornada de Primera Iberdrola disputado na Cidade Deportiva de Abegondo con afluencia limitada a 150 espectadores debido a la pandemia de COVID-19, pero que supuña a volta do público aos partidos do conxunto branquiazul na casa.

Alba Merino: “Animicamente é un paso moi grande, collemos moral… é unha vitoria moi importante”

 

Etiquetas AbegondoAlba MerinoDépor ABANCAfútbolRC DeportivoRCDSporting Huelva
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

por Silvia Carregal
13/08/2026
0

Dous goles, un de Millene e outro de Eva Dios, deron o triunfo ao Dépor ABANCA no 14.º Trofeo Teresa...

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Coñece o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

A tempada 2026-2027 comezará cun tinte favorable para as herculinas do Dépor ABANCA: xogarán o primeiro partido en casa. A...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

O Dépor ABANCA leva o Teresa Herrera 2026 ao vencer por 2-0 ao FC Porto

13/08/2026
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.