• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Máis Deporte Atletismo

Un Campionato Galego de cen

No galego absoluto de atletismo celebrado en Balaídos batíronse un total de once récords de Galicia | Adi Iglesias, campioa dos 100 e 200m terá como seguinte proba os Xogos Paralímpicos de Toquio 2021

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
19/07/2021
en Atletismo, Máis Deporte
Campionato Galego Absoluto federado de Atletismo / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Campionato Galego Absoluto de Atletismo / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

183
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Excelente Campionato Xunta de Galicia Absoluto o presenciado nas pistas Municipais de Balaídos no que se bateron once récords autonómicos.

A cita deportiva, que contou ca importante colaboración e apoio do Concello de Vigo e Deputación provincial de Pontevedra, celebraba o ano do centenario da Federación Galega de atletismo precisamente na cidade da súa fundación e creación baixo un importante control de seguridade e medidas sanitarias.

Ca presenza por vez primeira nas bancadas de público controlado, daba comezo a dobre xornada esta edición  do Campionato Galego Absoluto de Atletismo onde no sector da velocidade, e como se agardaba, as grandes protagonistas foron as atletas internacionais  Adi Iglesias do Lucus Caixa Rural e Mauro Triana do Playas de Castellón os cales lograban os títulos tanto nos 100 m. como nos 200 m. demostrando nestes intres o seu liderazgo neste sector do noso atletismo. Precisamente a lucense tomaba esta competición como un dos ultimos test de cara aos Xogos paralímpicos nos que tomará parte.

Sen lugar a dúbidas unha das probas máis agardadas do Campionato foi os 400 m. ca presenza de Jacobo Soler do Rías Baixas recén chegado do europeo Sub23, e os célticos Pedro Juncal e Jorge Román ambos cunha máxima igualdade sobre a distancia cuxo triunfo decantábase ao lado do catrocentista internacional con 47.71 polos 47.74 de Pedro Juncal.

Laura Santos, raíña do medio fondo, ao vencer nos 800m e nos 1.500m

Outro dos nosos europeístas Sub23 de Tallín,  Elian Numa López do Coruña Comarca, domiñaba comodamente os 800 m. con 1:52.29 proba esta na que Laura Santos do Lucus convertíase na protagonista do medio fondo logo de  facerse co título tanto dos 800 m. con 2:16.82 como na dos 1.500 m. con 4:34.43. En homes  Pablo Bocelo do Coruña Comarca con 4:00.62 lograba a medalla de ouro dos 1.500 m. por diante de Carlos Porto con 4:01.41

Esteban Vila do Lucus Caixa Rural foi outros dos atletas destacados do campionato gañando tanto nos 3.000 obstáculos con 9:16.77 como nos 5.000 con 14:34.18 proba esta última na que a internacional do Comesaña Sandra Mosquera con 18:16.54 lograba o autonómico na categoría femenina, nunha carreira gañada pola venezolana Edymar Brea do Ourense Atletismo. Ana García do ADAS Proinor facía o propio sobre os obstáculos con 11:03.58.

Duelo nos valos entre Lucía Ferrer e Teresa Rodríguez

Nos valos interesante man a man entre Lucía Ferrer da Gimnástica e Teresa Rodríguez do Riazor Coruña con victoria final para a pontevedresa con 14.41.

De igual modo non menos interesante resultou os 400 valos femininos na Lucía Rivadulla do Ría Ferrol remataba por diante da medallista no nacional Sub23 Belén García do ADAS Proinor con 1:00.14.

Na categoría masculina o venezolano Gerson Vidal Izaguirre do Narón era o máis rápido nos valos curtos, nun sector no que o protagonista foi o lucense do Lucus Caixa Rural Galega Santi Rozas logrando os títulos galegos tanto dos 110 valos con 14.60 como na dos 400 v. con 55.99.

Concurso de saltos de altura e lonxitude

Nos concursos de saltos destacada actuación da atleta Lucía SáNchez del Valle da Atlética Lucense conseguindo o título de altura con 1.64 m. e unha excelente segunda posición na lonxitude con 5.67 m.

Foi precisamente sobre ese foso na que unha das atraccións do campionato, a campioa de España e plusmarquista galega Leticia Gil,  domiñaba o concurso saltando ata os 6.17 m.

Lola Bouza conserva o título galego na pértega

Na pértega Lola Bouza do ADAS Proinor con 3,60 m. retiña o título galego absoluto diante de Bea Viteri quen tería que saltar con problemas físicos logo de rachar a súa pértega nos primeiros saltos. No concurso de triplo Alba Cuns cumplía os pronósticos con 12.69 m. diante dunha excelente Tania Valverde do ADAS Proinor quen chebada ata os 12.01.

Na categoría masculina o Sub20 Raúl Cortizo con 1.84 m. impoñíase na altura logrando o bronce nun emocionante concurso de lonxitude que foi gañado por David Ferrer da Gimnástica con 7.28 m. Tomás López do Atletismo Sada foi quen máis saltaba sobre o listón de pértega con 4.20 m. facendo o propio no triplo o lucense subcampión de España Sub23 de pista cuberta,  Alexandre Barreiro do Lugo Running con 14.89 polos 14.00 de Pablo Saa do Real Club Celta.

Concursos de Lanzamentos

Nos lanzamentos os célticos Miguel Angel Granados con 14.47 e Raquel Villa con 12.14 domiñaban o sector do peso proba esta na que Victor Gallego lograba un metal de bronce que sumaba ao tamén bronce de disco, cuxo gañador foi o máster do Atletismo Sada Fran Gúzman con 45.91 m.

No martelo o plusmarquista galego e internacional Isaac Vicente confirmaba os pronósticos gañando con 61.35 m. o mesmo que facía na categoría femenina Marta Neira do AVA con 49.10 m. No disco a subcampioa de España en Pista Cuberta Sub18 en peso  Xiana Lago do Ría Ferrol lanzaba ata os 40.09 m. que lle daban a victoria do concurso e que completaba ca prata en peso con 11.75 m.

Salientamos de igual modo as dúas medallas da Campioa de España Sub20 en xavelina Paula Piñón quen lograba o bronce no peso con 12.14 como a prata na xavelina con 41.75

Destacada presencia da atleta internacional cubana Yulenmis Aguiar lanzando ata os 56.12 nun concurso onde o título autónomico foi para María Pena do A.F.Celta con 42.09 m. En homes sería Manuel Uriz  con 64.21 quen domiñaba a especialidade por diante de Borja Barbeito quen reaparecía para lanzar ata os 61.76 m.

Antía Chamosa, sen rival na marcha

A marcha centraba novamente sobre as pistas de Balaídos a atención de todos o publico, xa que sobre os 5.000 marcha a internacional e medallista de bronce nos recentemente desenvoltos Campionatos de Europa Sub23, Antía Chamosa da Gimnástica lograba un récord galego Sub23 sobre esta proba logo de rematar con 22:20.89 e xubilar os 22:37 de Laura Ferreiro logrados no ano 1998 na Coruña.

Dani Chamosa da Gimnástica na categoría masculina pola súa banda, facía o propio con 19:45.84 ocupando o medallista internacional máster-40 Iván Morales do Marineda Atlético o segundo lugar cun novo récord galego de 20:51.04.

Por último na proba dos relevos, a Gimnástica na categoría feminina e o Real Club Celta na categoría masculina domiñaban o conxunto dos mesmos.

Récord do Mundo

Un dos momentos importantes da competición foi a do récord do mundo do atleta máster M80 Pepín Rioseco do Atletismo Narón quen sobre a proba de milla en pista establecía un crono de 5:56.93 que mellora os 6:22.69 da anterior plusmarca mundial en posesión do madrileño Manuel Alonso desde o ano 2017 .

Con este importante rexistro, o atleta ferrolá nas ringleiras do Atletismo Narón suma o seu quinto récord mundial que engade aos logrados na categoría M80 sobre os 800 m. con 2:41.59 (2021); M75 sobre os 2.000 m. obstáculos con 8.29.26 (2019);  o dos 1.500 m. con 5:11.27 (2018) e o dos 800 m. con 2:30.59 (2016), ademáis dos catro récords de España tanto en aire libre como na pista cuberta.

Homenaxe a Víctor Gallego

Noutro orden de cousas Victor Gallego recibía do atletismo galego a mans do seu presidente Isidoro Hornillos, unha merecida homenaxame por ser o atleta con mais títulos galegos logrados da historia.

Ademáis dos seus títulos, destacase tamén os excepcionais valores do carismático lanzador galego que fan del un dos atletas mais queridos e admirados do noso deporte

Premios en metálico

En outro orden de aspectos, o campionato serviu para repartir premios en metálico para os tres primeiros de cada sector de 150 €, 100 € e 50 € así como un premio especial de 200 € para a mellor marca de todos os participantes por táboa WA quen sería para o marchador Daniel Chamosa cuxo rexistro de 19:45.84 sumaba un total de 1.081 puntos.

Placa Ramón Dacal

De igual modo o Comité Galego de Xuices como ven facendo habitualmente cada ano coincidindo co Campionato Galego absoluto, distinguía ca súa máxima distinción, a Placa Ramón Dacal, a xuiza Mercedes García Cayo como recoñecemento a toda unha traxectoria como xuiza de atletismo.

Once récords galegos batidos

No campionato batíronse un total de once récords de Galicia. Ademáis dos xa mencionados, estes son os mesmos:

  • 100 m. M-35: Miguel Gómez (R.C.Celta) 11.01
  • Milla M-50: José Cabado (At. Santiago) 5:12.06
  • Milla M-60: José Fernández Sangiao (Verxel Nutrición) 5:12.77
  • Milla M-65: Domingo Álvarez (Burgas Ourense) 5:26.00
  • Milla Sub18: Erika Souto (Rías Baixas) 5:50.73
  • Milla W35: Begoña Domínguez (Ourense Atl.) 5:26.26
  • Martelo W-45: Loreto Brea (S.Gimnástica) 37,50 m.
  • Martelo W-60. Ana María Abuín (At. A Silva) 23,76 m.

RESULTADOS DO CAMPIONATO GALEGO ABSOLUTO DE ATLETISMO

 

Etiquetas Adi IglesiasAlba CunsAna GarcíaAntía ChamosaatletismoBea ViteriBelén GarcíaEdymar BreaLola BouzaLucía FerrerLucía RivadullaLucía Sánchez del ValleMaría PenaMarta NeiraRaquel VillaSandra MosqueraTania ValverdeTeresa RodríguezXiana LagoYulenmis Aguiar
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

II Gala do Trail Running Galego / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

A II Gala do Trail Running Galego premia aos mellores do ano 2025

por Redacción As Nosas
09/01/2026
0

Onte, xoves 8 de xaneiro, tivo lugar no Teatro Princial de Ourense a II Gala do Trail Running do Atletismo...

Aldara Meilán batía o récord de España de marcha en Sub20 10km no Campionato de España celebrado no Barco / RFEA

O Barco vibra co Campionato de España de marcha atlética

por Redacción As Nosas
15/12/2025
0

Desde a Federación Galega de Atletismo cualifican como extraordinario o balance para o atletismo galego logrado no campionato de España...

Competición de marcha atlética nas rúas da Coruña / FEDERACIÓN GALEGA DE ATLETISMO

Moitas opcións para a marcha galega no Campionato de España 2025

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Un total de 21 atletas galegos e galegas tomarán parte esta fin de semana no Campionato de España de Marcha...

A proba do Ventorrillo é a penúltima do Circuíto Coruña Corre / CONCELLO DA CORUÑA

Máis de 1.300 persoas participarán na Carreira Popular do Ventorrillo

por Redacción As Nosas
25/10/2025
0

Este domingo celebrarase a penúltima carreira do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Trátase da Carreira Popular do Ventorrillo, cita...

Carreira ENKI / CONCELLO DA CORUÑA

A Coruña máis inclusiva mobilizou a 15.000 persoas na XI Carreira ENKI

por Redacción As Nosas
19/10/2025
0

Este sábado celebrouse a décimo segunda edición da Carreira ENKI, unha iniciativa organizada pola fundación homónima e apoiada polo Concello...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.