Logo da disputa das dúas sedes previas, o CRAT Residencia Rialta chega a Madrid, terceira sede da Copa da Raíña Seven. Esa cidade será a última parada da tempada para as xogadoras do club coruñés. A cancha será o mítico campo do Central.
O CRAT, que adestra Jos Portos, está no Grupo C polo que compartirá sorte con Cisneros, Sanse Scrum e Jabatos.
O calendario está marcado cos seguintes horarios e orde dos partidos para as galegas:
- 10:44 CRAT Residencia Rialta vs Jabatos.
- 13:40 CRAT Residencia Rialta vs Sanse Scrum.
- 16:58 CRAT Residencia Rialta vs Cisneros.
Nas sedes previas o equipo coruñés quedou ás portas da loita polo podio. En Arroyo de la Encomienda foron cuartas e na sede de Eibar, quintas.
Actualmente é líder da clasificación o Club Rugby Majadahonda que ten 34 puntos. Segundo é o Eibar con 32, e terceiras sitúanse as xogadoras do CR Sant Cugat. O cuarto posto é o lugar que ocupa o CRAT Coruña con 26 puntos, dous máis que o CR Cisneros e o Rugby Turia.