• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA PUBLICIDADE - EN REFORMA
Inicio Máis Deporte Máis disciplinas deportivas

UFEDEGA, preocupada polo actual escenario no Deporte Federado en Galicia e o seu futuro

A entidade chama a atención sobre a situación de federacións galegas e diferentes clubs neste contexto COVID-19 ao respecto da súa viabilidade con seis meses de parón

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/09/2020
en Máis Deporte, Máis disciplinas deportivas
UFEDEGA

UFEDEGA

67
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter
En Reforma - PublicidadeEn Reforma - PublicidadeEn Reforma - Publicidade

 

A Unión de Federacións Deportivas Galegas  (UFEDEGA), vén de remitir aos medios un comunicado ante a actual situación do Deporte Federado en Galicia. Amósase preocupada pola viabilidade de entidades que acumulan xa un parón de seis meses. Os protocolos, os accesos a instalacións, e a concesión de subvencións son cuestións que plantexan desde este colectivo.

Segundo explica a entidade “o deporte galego está a pasar por un dos momentos máis difíciles da súa historia. A incidencia da COVID-19 na nosa sociedade provocou un escenario económico incerto e repleto de novos retos para todas as entidades e organismos que pelexan no día a día para promocionar algo tan esencial e saudable nas nosas vidas como é a práctica deportiva”.

Seis meses de iniactividade

Para UFEDEGA “despois dunha das épocas máis complicadas para o noso país, dun confinamento cheo de temores, cando parecía que xa pasaramos o peor e que por fin os nosos deportistas poderían competir nas diferentes disciplinas deportivas, atopámonos cunha paralización da práctica deportiva de contacto e combate afeccionado que xa vai máis aló dos seis meses e que é difícil de soportar para as federacións e os nosos clubs, que se atopan nunha grave situación de viabilidade. Unha realidade difícil de entender para o deporte xa que non hai ningunha outra prohibición de tal calibre en ningún sector da sociedade”.

Considera Unión de Federacións Deportivas Galegas que as federacións e clubs galegos, “amosaron a súa empatía e implicación coa sociedade e coas administracións nun momento no que, en tempo récord, houbo que reinventarse e chegar aos domicilios dunha poboación que precisaba do entretemento e dos beneficios da actividade física deportiva, non dubidamos en sumarnos ás labores de voluntariado, en doar e prestar material ou en dar apoio en calquera das formas que estivese nas nosas mans. O deporte galego tratou de estar á altura dunhas circunstancias que requirían unión, iniciativa e solidariedade”.

Dende a Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA), manifestan:

  • A necesidade de salvar e pelexar polo presente e futuro do deporte federado de Galicia. Pedimos axuda, empatía e solucións para un sector que supón a 2,63% do PIB Galego, do que dependen 272.000 deportistas, máis de 15.000 familias e que proporciona ingresos recorrentes a máis de 2.300 empresas.
  • As federacións deportivas galegas, e as súas entidades e deportistas levan meses traballando en exhaustivos e amplos protocolos para recuperar a súa actividade e garantir as medidas necesarias para minimizar os riscos ante un virus que non entende de economía, nin de política, incluso nin de ámbitos xeográficos, tan só de responsabilidade e disciplina, algo no que o mundo do deporte pode dar grandes leccións.
  • En UFEDEGA defenden que son 17 as federacións deportivas galegas de contacto e de combate que nestes momentos seguen inmersas nun confinamento deportivo sen precedentes, dezasete federacións que representan o 70% das licenzas deportivas galegas , que piden regresar coa máxima seguridade sen perder a esencia das súas disciplinas, con cautela e respecto, pero sen medo.
  • As federacións deportivas galegas, ao igual que as nosas entides e deportistas estamos máis unidas ca nunca e confíamos no traballo realizado así como nas medidas propostas para a reactivación. Non eludimos responsabilidades e por iso solicitamos que as diferentes instancias do deporte tampouco o fagan, precisamos decisións, implicación, consenso e solucións urxentes.
  • Entramos nun período de tempo fundamental e decisivo para a práctica deportiva de contacto e de combate. Se nestas dúas próximas semanas non se pon fin a esta paralización nos abocará á inactividade ata máis aló do inicio do 2021, situación que daría lugar á desaparición de moitas entidades deportivas galegas.
  • Ufedega solicita “a todas as institucións tanto privadas como públicas, nacionais, autonómicas, provinciais e locais o apoio de defensa do deporte. Pedimos coordinación entre institucións, rogamos non nos supriman axudas ou subvencións e instamos á colaboración cos propietarios/as das instalacións. Por favor, é urxente a confirmación dun protocolo marco entre as máximas instancias deportivas para poder regresar ás que durante moito tempo foron as nosas casas. As federacións e os clubs podemos facilitar o camiño, pero todos vós tendes a chave, precisamos organización, empatía e implicación con todas esas entidades que tantas alegrías nos daban non hai moito tempo”.
  • Na Unión de Federacións Deportivas Galegas realizan “un chamamento aos responsables políticos e á sociedade para que se suban ao barco da esperanza; o deporte é saúde, é vida, non é un problema, o deporte galego federado pode ser parte da solución na concienciación social e no adoutrinamento das medidas preventivas ante a COVID-19, na conciliación familiar, etc…”

Finaliza o seu comunicado a UFEDEGA (podes velo aquí enteiro) indicando que é o “momento do diálogo, das solucións, da unidade e da responsabilidade. O deporte galego federado está preparado para o regreso”. 

Etiquetas FederaciónsUFEDEGA
ComparteChía
Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas Publicidade As Nosas

Relacionado co tema

A UFEDEGA e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asinan un acordo de colaboración / UFEDEGA

A UFEDEGA e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia asinan un acordo de colaboración

por Redacción As Nosas
09/03/2022
0

  Este mércores, a Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (COPG) asinaron...

Xuntanza virtual cos representantes das 58 federacións deportivas galegas co secretario xeral para o Deporte, Lete Lasa / XUNTA DE GALICIA

As 58 federacións deportivas galegas inician os preparativos para os procesos electorais de 2022

por Redacción As Nosas
30/01/2022
0

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, mantivo esta semana unha xuntanza virtual cos representantes das 58...

A UFEDEGA promove o deporte galego e seguro / UFEDEGA

A UFEDEGA promove o deporte galego e seguro

por Redacción As Nosas
23/12/2021
0

A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) realizou unha nova xuntanza telemática coas Federacións, á cal asistiron máis de 25...

A UFEDEGA celebra a asemblea ordinaria co vicepresidente do COE, Francisco Blázquez / UFEDEGA

A UFEDEGA celebra a asemblea ordinaria co vicepresidente do COE, Francisco Blázquez

por Redacción As Nosas
28/06/2021
0

A Unión de Federacións Deportivas Galegas (UFEDEGA) reuniuse esta tarde para celebrar a súa asemblea anual. O acto celebrouse de...

Acto na Casa do Deporte de Vigo sobre a xestión deportiva da pandemia de COVID-19 / SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE

A prevención e as probas diagnósticas, chaves na xestión da COVID-19 no deporte vigués

por Redacción As Nosas
01/06/2021
0

No ámbito deportivo de Vigo, a prevención e as probas diagnósticas están a ser as ferramentas chave na xestión da...

Ver máis
CORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidadeCORGAL AUTOMÓVILES publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Helen Roca: "A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai"

Helen Roca: “A incerteza de se vas poder volver é o máis complicado de ser nai”

05/04/2020
Belén Toimil no Europeo de Munich / RFEA MIGUELEZ TEAM

Belén Toimil, décima no Europeo en lanzamento de peso

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0

O Ensino arrasa no Pazo Universitario

0
Belén Toimil no Europeo de Munich / RFEA MIGUELEZ TEAM

Belén Toimil, décima no Europeo en lanzamento de peso

16/08/2022
A marchadora galega Antía Chamosa no Mundial de Munich 2022 / RFEA

Antía Chamosa terminou 15ª no Europeo de Munich nos 35km marcha

16/08/2022
Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (CGTD) / SABELA MOSCOSO

Está por rematar o prazo para solicitar prazas no sector de lanzamentos no CGTD para o curso académico 2022/23

15/08/2022
Yohana, porteira Dépor ABANCA / RCD

Yohana tivo que deixar o seu posto baixo paus no Teresa Herrera por mor dunha contusión pélvica

14/08/2022
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga Iberdrola
    • Fútbol – Primera Federación
    • Novas Primeira Nacional G1
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Hoquei
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • ToKyo 2020

© 2019 As Nosas SL.