• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

As Guerreiras Laranxas, no máis alto

Vitoria do Pescados Rubén Burela no seu debut ligueiro en Vista Alegre ante un difícil UA Alicante (2-0)

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
08/11/2020
en Primeira División Fútbol Sala, Fútbol Sala
Burela, líderes, vs UA Alicante / PRBFS

Burela vs UA Alicante / PRBFS

102
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Pescados Rubén Burela son líderes. As pupilas de Julio Delgado conseguiron sumar unha vitoria no seu debut ligueiro en Vista Alegre ante un difícil UA Alicante (2-0), tres puntos que soben ás Guerreiras Laranxas ao cumio clasificatorio do Grupo B da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF. Arestora, as da mariña suman sete puntos, na xornada 4ª.

As pupilas de Julio Delgado foron de menos a máis; gozaron dun minuto de ouro na primeira parte, o 15, para tomar a vantaxe e apropiarse do marcador, nunha cita na que demostraron un gran control, con moitas ocasións, aínda que con resistencia de finalización nos últimos metros. A escuadra mariñá sabía que tiña que ter paciencia ante o complicado Alicante.

Burela vs UA Alicante / PRBFS
Burela vence ao UA Alicante e rematan a xornada líderes / PRBFS

A ex das laranxas defendeu á perfección a rede visitante nas primeiras tentativas burelistas, de Peque, en recuperación, e no disparo seco de Lara Balseiro, nos minutos 4 e 5. Jozi tamén mantivo o marcador a cero no 7, facendo acto de presenza para cazar o esférico na maraña da área entre Pao e a defensa local; era a primeira das de Maravillas Sansano.

Antes da medianía do primeiro acto, Dany, a balón parado, e Peque, plantándose fronte a Ana, non puideron adiantarse. Con todo, en tan só un minuto, a insistencia galega ante unha Ana Romero moi oportuna tivo recompensa, cunha xenialidade de Cilene, no 15, e Cristina no 16, nun disparo cruzado ao segundo pau que tocou en Ángela Mingot.

Pao o intentaba por parte do UA Alicante

As alacantinas tiveron a mellor ocasión para recortar antes do descanso no 18, cunha incursión de Pao, que conseguiu desviar Jozi tocando o xusto. Renovouse o xogo en Vista Alegre con cambio en ambas as redes, con máis fluidez nas filas laranxas ante o desgaste visitante.

Sandra Buzón bloqueou ás alacantinas para custodiar a vantaxe local no regreso, no minuto 23 fronte a Sara e despois, no rexeite, ante Rocío.

Burela vs UA Alicante / PRBFS
Burela festexa un triunfo que as deixa líderes / PRBFS

A 4 galega volveu estar moi atenta ante o potente disparo de Melli. Rozando o ecuador do segundo acto, Cilene tivo o terceiro nunha gran incursión de Dany apoiada en Bea Mateos, desbaratada polas filas alacantinas.

Pouco despois Elena conseguiu frear as intencións no bo entendemento entre Peque e Lara Balseiro. A vaselina de Jenny no 35 tampouco obtivo recompensa.

🙌 Minuto mágico en Vista Alegre

Revive ya los goles del @burelafs 🆚 @UAfutsafemenino

⚽ @cilenefutsal06
⚽ @CristinaPere10 (p.p. Ángela)#Burela #Futsal @SomosFutsal #FutsalHeart🧡 pic.twitter.com/HJ18nfq3xK

— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) November 8, 2020

Definitivamente o terceiro das burelistas resistíase. Dany non puido chegar ao pase de Bea Mateos, soas ante Elena. Pouco antes, Rocío tivera unha das mellores para reducir nun disparo demasiado cruzado. Con dous minutos para a bucina final, as visitantes saltaron ao parqué con xogo de cinco con Elenita, sen perigo.

Seguinte reto das líderes, en Vista Alegre, pero co Sala Zaragoza

Próxima cita das líderes de grupo, 21 de novembro Tras o descanso da próxima semana, as Guerreiras Laranxas volverán xogar sobre parqué, coa xornada 5, de novo en Vista Alegre. Será o sábado día 21 de novembro, ás 16.30 horas.

O rival para esa cita deportiva será o Sala Zaragoza, cuarto clasificado na táboa con dous partidos gañados e un perdido dos tres disputados até o momento nesta liga 2020 – 2021.

O alcalde de Burela, Alfredo Llano, entrega un detalle ao club polo campionato 19-20, están a capitana Peque e o presidente Manuel Blanco / PRBFS
O alcalde de Burela, Alfredo Llano, entrega un detalle ao club polo campionato 19-20, están Peque e o presidente Manuel Blanco / PRBFS

FICHA TÉCNICA

PESCADOS RUBÉN BURELA FS: Jozi Oliveira, Cilene, Peque, Lara Balseiro, M. Cortés, – cinco inicial- Tamén xogaron:Jenny, Dany, Ale de Paz, Bea Mateos, Cristina, Elena Aragón e Sandra Buzón.

UA ALICANTE FS: Ana Romero, Elenita, Sara, Melli, Rocío – cinco inicial- Tamén xogaron: Ángela, Lara, Pao, Anita, Miriam, Raquel e Elena.

GOLES: 1-0, minuto 15, Cilene; 2-0, minuto 16, Cristina (propia porta Ángela)

ÁRBITROS: Gallo Suárez e Hevia Campa.

Incidencias: Partido correspondente á jornada 4ª da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF disputado no Pavillón de Vista Alegre, en Burela, a porta pechada. O encontro supuxo a apertura da competición ligueira na Bombonera. Nesta cita, o alcalde do Concello de Burela, Alfredo Llano, fixo entrega dun detalle conmemorativo do título de Liga 2019 – 2020 ás campioas locais, recibido sobre a pista burelista polo presidente do club, Manuel Blanco, e a capitana das Guerrerias Laranxas, Peque.

☀️ Buenos días #FamiliaLaranxa, qué emoción levantarse líderes 🤗.#FelizDomingo🧡 pic.twitter.com/6WceS83Y0j

— Pescados Rubén Burela FS (@burelafs) November 8, 2020

Etiquetas Alfredo LlanoBea MateosBurelaCileneDanyfútbol salafutsalGuerreiras LaranxasJennyJoziJulio DelgadoLARA BALSEIROMaravillas SansanoPequePescados Rubén BurelaUA AlicanteVista Alegre
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Presentación da Axenda Deportiva lucense por parte da vicepresidencia da Deputación de Lugo / ZAR Belén Rodríguez Reyes Fernández Efrén Castro Alisa Urdaneta Uxía Folgueira Inés Mourenza Elena López Elsa Pena Tania Fernández Noa López Clara Carreira Carmen Carballada Silvia Rubal Sandra Pumares

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo pon en valor ás deportistas da provincia visibilizando as súas figuras cunha axenda deportiva que protagonizan 18 delas

por Redacción As Nosas
09/07/2026
0

  Esta Axenda Deportiva Tempada 2026-27 vaise distribuír ao longo do ano en actos institucionais ligados ao deporte. Os relatorios...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem entre as que está Elena González / POIO PESCAMAR

Media ducia de renovacións máis ata o 2028 no Poio Pescamar

por Redacción As Nosas
08/07/2026
0

Seis xogadoras máis veñen de facer pública a súa renovación co Poio Pescamar e fano ata o ano 2028, e...

Pablo Prieto, presidente da Real Federación Galega de Fútbol, xunto á nova directiva da RFGF / FUTGAL

Pablo Prieto xa exerce como presidente da Real Federación Galega de Fútbol

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

Pablo Prieto Perille xa é oficialmente presidente da Real Federación Galega de Fútbol (RFGF). Esta mañá tomou posesión nunha xuntanza...

De esquerda a dereita: Juanma Marrube, adestrador do masculino, José Luis Sáez Castro, presidente do club da Mariña e Javier Pardeiro, adestrador do feminino / BURELA FS

Javier Pardeiro, novo adestrador do Reyco Burela para o curso 2026-27

por Redacción As Nosas
07/07/2026
0

  Javier Pardeiro asume a dirección do conxunto feminino do Reyco Burela, mentres que Juanma Marrube cumpre a segunda tempada...

Galicia, fútbol sala / FUTGAL

A Galicia cae ante Cataluña no amigable entre seleccións absolutas de futsal disputado en Lugo (1-3)

por Redacción As Nosas
04/07/2026
0

Non puido ser. A Selección de Galicia absoluta feminina de fútbol sala despediuse de Lugo cunha derrota ante Cataluña no choque...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

18/07/2026
O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así é o calendario que ten por diante na Liga F o Dépor ABANCA

18/07/2026
Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

13/07/2026
Blanca Pereira, medalla de ouro no lanzamento de martelo no Campionato de España Sub-23 de atletismo 2026 / RFEA - SPORTMEDIA

Galicia regresa con catro medallas do estatal de Sub-23 de atletismo

13/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.