O HC Deportivo Liceo vén de facer público un comunicado no que explica que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) determinou que non observa “indicio de discriminación” nos feitos que denunciara a ex xogadora verdibranca Catherine Guscin. No que si lle dá a razón á xogadora a Xustiza é no pago de salarios.
Segundo explican desde o HC Deportivo Liceo no relativo á demanda presentada por Katy Guscin e as posteriores sentencias emitidas por estamentos xudiciais, a entidade deportiva coruñesa manifesta que:
- “En 2022, Catherine Guscin presentou unha demanda ante o club na que denunciaba unha suposta actitude discriminatoria pola nosa parte e reclamaba a conseguinte compensación diante desa hipotética inexistencia dos seus dereitos fundamentais. A súa vez, reclamaba unha débeda económica”.
- “O club sempre entendeu que non existía relación laboral con esta xogadora (e con ningunha), pola libertade de actuación e operativa que ten o equipo feminino”.
- “Nunca se lle negou a esta persona a cantidade de compensación adebedada. Sempre foi recoñecida polo Hockey Club Liceo e insistíuselle no seu abono antes de levar o asunto ao círculo xudicial, aínda que Guscin decidiu proseguir coa demanda co obxectivo de reclamar a suposta discriminación”.
- “Os tribunais de instancia déronlle a razón á demandante no que atinxe ao asunto laboral (moi discutible, pero acatado) e a cantidad adebeda, non así na discriminación. A mencionada demandante optou por realizar recurso de suplicación ante o TSXG, feito que impugnaron o Ministerio Fiscal mailo Hockey Club Liceo“.
- “En resolución do 18 de noviembre de 2022 el TSXG desestimou o recurso de suplicación, dando razón ao club. Non podemos máis que manifestar a nosa satisfacción, ao recollerse xudicialmente o que levamos defendendo desde hai xa demasiados meses”.
Na argumentación na que se desestima a hipotética discriminación o TSXG expón que o “feito de que as xogadoras do equipo feminino non estean dadas de alta na Seguridade Social, non implica que sexa un indicio de discriminación por canto era unha cuestión controvertida o feito de si a autora estaba unida coa demandada relación laboral, esto é, discutíase o vencello de laboralidade, por canto o club demandado sempre sostivo que non era traballadora do club, ao non concurrir as notas de laboralidade en consecuencia non consideraba necesaria a súa alta na Seguridade Social; tratándose dunha discrepancia de carácter xurídico que nada ten que ver coa discriminación denunciada, nin pode entenderse como un indicio de discriminación”.
Outro dos argumentos do TSXG é que “non se pode concluir, en base aos motivos que cita no recurso, a falta de alta na Seguridade Social e o impago de salarios que quedan reducidos a un tema de legalidade ordinaria o primero, e ao incumplimiento das obrigas por parte da empresa, o segundo, a existencia dun trato discriminatorio e de vulneración dos dereitos fundamentais que denuncia a demandante recurrente”.
O que di o TSXG sobre as diferencias nas viaxes
Tamén se manifesta o TSXG ao respecto do argumento sobre a diferencia de trato por viaxar o equipo masculino en avión, non así o feminino. Neste sentido, entiende o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) que obedece aos tipos de competicións e polos maiores ingresos derivados de publicidade. En concreto explica: “En canto ás alegacións de que o primer equipo masculino viaxa en avión, a diferencia do equipo femenino, tal extremo xa ten sido valorado correctamente pola maxistrada de instancia logo dunha análise da proba practicada e obedece aos distintos tipos de competicións que desarrollan debido aos desprazamentos derivados dun ámbito territorial superior e conlevan maiores ingresos derivados da publicidade dos seus patrocinadores”.
Desde o Hockey Club Liceo trasladan nun comunicado o seu “máximo compromiso coa loita pola igualdade entre homes e mulleres. A clara intención da entidade desde a entrada da presente directiva é a de, paso a paso, equiparar todos os aspectos entre equipos masculinos e femininos”. Neste sentido aseguran que van “continuar traballando para que esto poida ser unha realidad cada vez máis palpable”.