• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Liga Reto Iberdrola Fútbol

Tropezo fatal do Dépor ABANCA ante o Espanyol (1-2)

Esta derrota, colleitada en cancha propia, pode custarlle cara ás branquiazuis que adestra Miguel Llorente

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
30/04/2022
en Fútbol, Liga Reto Iberdrola Fútbol
Dépor ABANCA vs RCD Espanyol en Abegondo / RCD

Dépor ABANCA vs RCD Espanyol en Abegondo / RCD

124
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

Perder, e facelo na casa nun partido clave, non gusta a ninguén. Pero pasa. Aconteceulle hoxe ao Dépor ABANCA que afrontaba nunha mañá solleira na Cidade Deportiva de Abegondo con toda a ilusión do mundo ante un rival directo e rematou caendo derrotado, pola mínima (1-2), pero derrotado.

Co golaverage particular abaixo após o 2-0 na ida e 3 puntos de desvantaxe, a vitoria branquiazul, e a poder ser con diferenza, era unha necesidade para poder seguir loitando polo ascenso de categoría. Non aconteceu. Con esta derrota as coruñesas poden terse deixado boa parte das súas opcións de ascenso nesta Liga Reto Iberdrola 2021-22.

Naceu o choque con moita igualdade e cos dous conxuntos movendo o balón con dificultade. Con todo, o Dépor ABANCA atopou o xeito de abrir a lata. E o fixo axina. Corría minuto sete de partido cando un pase de Ainhoa Marín chegaba ás botas de Alba Merino, a capitá internouse na área e rematou optando por un tiro cruzado co que superou a Paula Myllyoja na súa saída (1-0).

#DéporABANCARCDEspanyol: camiño do primeiro cuarto de partido en #Abegondo!

🦋 #VoemosXuntas 💙 #MoitoPorVivir pic.twitter.com/gUjGYxNaga

— RC Deportivo (@RCDeportivo) April 30, 2022

Pintaba ben o encontro pero aínda quedaban moitos minutos por diante. Houbo chegadas de ambos os dous equipos. O gol do empate chegou no minuto 27. A raíz dunha falta botada colgando o esférico ao punto de penalti para que, de cabeza, rematase Xènia Pérez primeiro ao pau e finalmente anotase o gol que devolvía as táboas ao marcador da Cidade Deportiva de Abegondo.

Para rematar de afogar as aspiracións das galegas, as pericas puidéronse pór por diante un minuto despois nunha rápida contra pola esquerda que non puido rematar Ariadna Sánchez soa no punto de penalti e que a súa compañeira Tamilia Khimych mandou fóra a porta baleira. Viñan mal dadas. Non ía ser doado facerse coa vitoria.

O partido, con mudou tras o descanso e continuou polos mesmos camiños ata que o RCD Espanyol case calcou a acción do seu primeiro gol. Alba Merino acababa de deixar o seu sitio a Laura Fernández cando unha falta lateral colgada ao punto de penalti atopou a cabeza de Daniela Caracas. A diferenza do primeiro gol o seu remate non foi directo, senón que serviu coa testa á súa compañeira Adrina Marín que, de suave volea co interior, puxo por diante ao conxunto visitante con algo máis de media hora por diante de partido (1-2).

Unha hora de encontro do #DéporABANCARCDEspanyol en #Abegondo!

🦋 #VoemosXuntas 💙 #MoitoPorVivir pic.twitter.com/EJ3kevRFFH

— RC Deportivo (@RCDeportivo) April 30, 2022

Non foron quen as xogadoras que adestra Miguel Llorente de empatar e menos aínda de darlle a volta ao marcador. E iso que houbo ocasións branquiazuis, como a falta botada por Paula Gutiérrez que María Ruiz rematou alto. Tampouco tivo a sorte de cara Ainhoa Marín nunha contra na que superou por encima a saída de Paula Myllyoja.

Pola contra, estivo por chegar o 1-3 para o RCD Espanyol, aínda que non acontenceu e o partido rematou o seu tempo con derrota pola mínima das coruñesas en terras de Abegondo.

Este resultado fai que o Dépor ABANCA case diga adeus ao ascenso. As galegas deben traballar agora para conservar as primeiras prazas para evitar o play-out de descenso, algo que non se poden permitir.

#ASNOSAS | O Dépor ABANCA a Abegondo mañá domingo ás 11:30 h. https://t.co/GdQT4Lzhsr pic.twitter.com/4Vlhag6im2

— RC Deportivo (@RCDeportivo) April 30, 2022

Seguinte rival do Dépor, o Sporting de Gijón

As Nosas regresan ao traballo á Cidade Deportiva de Abegondo mañá domingo 1 de maio ás 11:30. Miguel Llorente dirixirá unha sesión que será de recuperación para as titulares desta xornada e máis intensa para o resto do cadro.

A próxima fin de semana, o conxunto branquiazul visita ao Sporting de Gijón o sábado ás 18:00 h. en Mareo en partido correspondente á 27ª xornada no grupo norte de Reto Iberdrola.

FICHA TÉCNICA

1) DÉPOR ABANCA: Ana Valles, Carlota Sánchez, Inés Altamira, Raquel García, Goretti Neira (Andrea Sierra, min. 63), Alba (Laura Fernández, min. 54), Paula Gutiérrez, Eva Dios (Jone Ibáñez, min. 46), Ainhoa Marín, Aroa Guerra (Vika Hiryn, min. 86) e María Ruiz

2) RCD ESPANYOL: Paula Myllyoja, Sara Extremera (Maya Yamamoto, min. 86), Xènia Pérez, Nayadet López, Cristina Baudet, Tamilia Khimych (Judit Pablos, min. 59), Carol Marín (Laia Troncoso, min. 86), Adriana Martín, Júlia Guerra, Daniela Caracas e Ariadna Sánchez (Clara de Clemente, min. 70)

GOLES: 1-0 Alba Merino (min. 7); 1-1 Xènia Pérez (min. 27); 1-2 Adriana Martín (min. 55)

EQUIPO ARBITRAL: Rodrigo García (c. Galego). Amoestou a Tamilia Khimych (min. 59), Ainhoa Marín (min. 67), Jone (min. 76), Adriana Martín (min. 83) e expulsou ao técnico visitante Francesc Soriano (min. 90)

INCIDENCIAS: Partido da 26ª xornada de Reto Iberdrola disputado na Cidade Deportiva de Abegondo ante uns 500 espectadores.

Etiquetas A CoruñaAbegondoDépor ABANCAfútbolMiguel Llorenteplay-outRCD Espanyol
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

Millene logo de anotar o tanto que abría o marcador esta mañá en ABANCA Riazor | wykazszkowski

O Dépor ABANCA estrea o 2026 cun punto que sabe a pouco

por Martín Pais
11/01/2026
0

Máis dunha hora durou a ledicia na casa das Nosas contra un correoso rival, o UD Costa Adeje Tenerife, quinto...

A futbolista galega Lúa Arufe xoga no FC Barcelona / LÚA ARUFE IG

Lúa Arufe, a xoia galega do FC Barcelona

por Sara González
18/12/2025
0

A dianteira do FC Barcelona, aínda con ficha do filial, debutou onte na Champions League fronte ao París FC, nun...

O RC Celta de Vigo xoga na 2.ª Federación / AS CELTAS IG

A 2.ª Federación pecha a última xornada o 2025 sen ningunha vitoria entre os equipos galegos

por Redacción As Nosas
16/12/2025
0

  O última xornada do ano na Segunda Federación rematou coa derrota do Dépor ABANCA `B´ ante o Burgos C.F....

Millene Cabral dispara a porta no Dépor ABANCA vs Granada en Riazor | @wykazszkowski

Reto de altura para o Dépor ABANCA ante o 3.º clasificado da Liga F

por Sara González
13/12/2025
0

Tras a valiosa vitoria do pasado sábado en Riazor fronte ao Granada CF por 2-0, o Dépor ABANCA enfróntase agora...

Futbolistas do equipo galego de 2.ª Federación RC Celta de Vigo / AS CELTAS IG

Xornada sen triunfos para os equipos galegos na 2.ª Federación

por Redacción As Nosas
10/12/2025
0

  Non houbo triunfo para os equipos galegos da Segunda Federación de fútbol. O encontro que enfrontaba ao Atlético Villalonga...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.