No pavillón municipal dos Rosales, na Coruña, tivo lugar esta fin de semana o 1º Trofeo Internacional Ferenc Szabo de halterofilia con dominio e triunfo dos deportistas do combinado da Coruña.
Na mañá, dentro do Trofeo Internacional Ferenc Szabo, celebrouse a Copa de Promesas de Galicia coa participación dos 40 mellores halteras galegas/os nas categorías de base desta disciplina. Non houbo sorpresas e as e os deportistas do Club Halterofilia Coruña, un dos mellores do estado en categorías de base, foron quen dominaron as súas respectivas categorías. Halterras do Club Halterofilia Coruña gañaron nas catro categorías disputadas:
- Sub-15 femenina: Digna Silo
- Sub-15 masculino: Aris Salaño
- Sub-17 femenina: Paula Canedo
- Sub-17 masculino: José Paris
Xa na tarde celebrouse o propio Campionato Internacional do Trofeo Internacional Ferenc Szabo que con ton coa participación das seleccións en categoría Junior das cidades da Coruña, Bilbao, Ourense, Vigo, Salamanca, Fráncfort e Lisboa.
O equipo triunfador foi o combinado coruñés con 1.230 ptos Sinclair, seguido por Lisboa con 1.161) e Salamanca con 1.144.
No ránking individual feminino a mejor marca foi para a haltera Eduarda Sousa (Lisboa), a segunda a obtivo Irene Blanco (A Coruña), e a terceira correspondeulle a Marta García (Salamanca).
Chío 2/3
🥈 A coruñesa Irene Blanco Tarela acadou o segundo posto.
👉 Na categoría de equipos, o vencedor foi o Club Ciudad de Lisboa. pic.twitter.com/j35nduluiz
— A Coruña Deportes (@coruna_deportes) October 8, 2022
Entre os deportistas de categoría masculina triunfou Bruno Soto (Bilbao), obtivo o segundo lugar Alejandro Méndez (A Coruña) e o tercero Rubén Leite (Lisboa).