Un gol madrugador de Ana Rivera cando non se cumprira nin un minuto de xogo, fixo que o Poio Pescamar enfocase un partido que finalizou vencendo por 0-3 na cancha do Atlético Torcal.
As conserveiras estiveron a piques de aumentar a vantaxe no minuto seis cun tiro de Luísa Mayara que solventou baixo paus Eva. Tentábano con ganas e inxenio as malagueñas do Atlético Torcal, pero o gol que devolvería as táboas ao electrónico non chegaba. Ao contrario, apareceu de novo Ana Rivera que esta vez enviaba cara a súa compañeira Irene ao segundo pau para perforar a meta local (0-2).
As futbolistas que adestra Manu Cossío seguiron facendo o seu futsal sabéndose por diante no marcador. Avanzaron os minutos e conseguiron novas chegadas con perigo, tamén a balón parado.
A seguridade de Caridad na portería do Poio Pescamar aportaba, unha vez máis, unha garantía extra ás galegas. A cancerbeira foi, sen dúbida, unha das artífices do triunfo das conserveiras en terras andaluzas.
Chegouse así ao descanso cunha vantaxe de dous goles para as vermellas e o Atlético Torcal volcado ao ataque á procura dun gol que non chegaba e non chegaría. Alves foi a deportista que máis puxo en aprietos a Caridad pero a gardameta das conserveiras tiña o día e non permitiu que as locais visen porta.
Nin o xogo de cinco foi abondo para que o Atlético Torcal puidese anotar. O Poio Pescamar colocaba a puntilla no pescozo do conxunto local co 0-3, un gol de Luísa Mayara desde cancha galega a porta baleira case sobre a bucina.
O Poio Pescamar mantense entre os catro primeiros
Con este resultado o Poio Pescamar ocupa a cuarta posición na táboa clasificatoria na Primeira División do Fútbol Sala feminino da RFEF con 33 puntos.
O seguinte reto das vermellas será recibir na Seca ao STV Roldán FS, sétimo clasificado con 28 puntos no seu haber e os mesmos partidos que as conserveiras, 18. Ambas as dúas escuadras teñen un partido pendente de disputa.
FICHA TÉCNICA:
0) ATLÉTICO TORCAL: Valeria; Ale, Eva, Cesi e Tais Alves – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Carmen, Nuria, Raquel, Anita Mayoral e Pam.
3) POIO PESCAMAR: Caridad; Dani Sousa, Luci Gómez, Irene García e Ana Rivera – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Anna Escribano, Luisa Mayara, Julia Dupuy, Martita e Agostina Chiesa.
GOLES: 0-1, min. 1 Ana Rivera; 0-2, min. 12 Irene; 0-3, min. 40 Luísa Mayara.
ÁRBITROS: José Eugenio Quintero Carrión e Alberto Ugarte Ruiz. Viu cartón amarelo Tais Alves no Atlético Torcal.
INCIDENCIAS: Gualdajaire. Partido correspondente á 19ª xornada da Primeira División do FSF da RFEF. Nesta xornada, en todos os partidos desta categoría as capitás luciron un brazaleta coas cores de Ucraína pedindo o final da guerra.
Un pequeño gesto más para parar esta barbarie. La guerra y el sufrimiento humano nunca pueden ser la solución #StopWar #StopWarInUkraine@ACFSFfutsal @SomosFutsal pic.twitter.com/klKjd6vxmB
— Poio Pescamar FS (@PoioPescamarfs) March 5, 2022