Un 0-4 foi o resultado co que regresan as coruñesas do HC Coruña Feminino do seu partido ante o Coutras Rink-Hockey na WSE Champions League Women. Anotaron para as galegas Alba Garrote en tres ocasións e Mar Franci nunha. Pero por amplo que pareza o marcador, os goles tardaron en chegar para las herculinas.
O HC Coruña Feminino que adestra Stanis García finalizou a fase de grupos da Liga de Campeones a WSE Champions League Women con triunfo e á fronte do Grupo C. O primeiro lugar do grupo deullo un mellor goal average con Martinelia Manlleu.
Con esta posición as herculinas gañan prestixio, e melloran as súas posibilidades nos cruces, xa que van poder evitar ao Generali HC Palau Plegamans que é campión europeo. Os outro equipos españois que se manteñen na competición son o Telecable Gijon HC, o Martinelia Manlleu, o CP Vila-Sana Coop d`Ivars e o CP Esneca Fraga.
Ao HC Coruña Feminino tócalle así en sorte o Massamá de Portugal. Nesta fase da competición o torneo xógase por eliminatorias a dobre partido. O primeiro cruce co Astro Stuart Hóquei Clube de Massamá será o 23 de marzo en Lisboa. O partido de volta será na Coruña o 6 de abril.
Cuartos de final da WSE Champions League Women
Partido 1
- 30/03/2024 – Roller Matera (ITA) vs CP Esneca Fraga (SPA)
- 23/03/2024 – Astro Stuart HC Massamà (POR) vs HC Coruña (SPA)
- 23/03/2024 – CP Vila-Sana Coop d’Ivars (SPA) vs Telecable Gijon HC (SPA)
- 23/03/2024 – Martinelia Manlleu (SPA) vs Generali HC Palau Plegamans (SPA)
Partido 2
- 06/04/2024 – CP Esneca Fraga (SPA) vs Roller Matera (ITA)
- 06/04/2024 – HC Coruña vs Astro Stuart HC Massamà (POR)
- 06/04/2024 – Telecable Gijon HC (SPA) vs CP Vila-sana Coop d’Ivars (SPA)
- 06/04/2024 – Generali HC Palau Plegamans (SPA) vs Martinelia Manlleu (SPA)
Destas eliminatorias sairán os equipos participantes na Final Four que terá lugar os días 27 e 28 de abril.
Ver esta publicación en Instagram