- O Torneo de presentación do HC Coruña ofreceu unha xornada marcada pola igualdade e a emoción
No partido inaugural do torneo de presentación do HC Coruña o conxunto herculino, anfitrión, non puido superar a un ordenado HC Raxoi, que se mostrou moi sólido en defensa.
A eliminatoria resolveuse na quenda de penalties, onde unha brillante acción de Lucía Velo deu a vitoria ao conxunto coruñés fronte ao santiagués.
¡¡Lucía Velo hizo magia!!
La jugadora carballesa tiro de recursos para anotar el definitivo penalti que nos dio la victoria en el primer partido del torneo de presentación. pic.twitter.com/B2LaxEbgqx
— HCCoruña (@HcCoruna) September 27, 2025

O segundo enfrontamento do torneo de presentación do HC Coruña xogouse entre os conxuntos do HC Raxoi e DP Berenguela, e repetiu guion.
Logo dun choque moi equilibrado, o desenlace chegou novamente desde o punto de penalti, esta vez con triunfo para o DP Berenguela.

No terceiro e último encontro do torneo de presentación do HC Coruña, as xogadoras herculinas mostrou unha maior contundencia ofensiva e logrou impoñerse por 3-1, pechando así o torneo cunha vitoria diante a súa afección.






















