O Tenerife CB Clarinos Ciudad de La Laguna non puido sumar a súa primeira vitoria como local e as galegas do Durán Maquinaria Ensino colleitaron a segunda consecutiva. Laguneras e lucenses mediron forzas no pavillón Santiago Martín. O dominino foi para as galegas pero a remontada das canarias estivo a piques de producirse. De feito, o Tenerife quedou a so cinco puntos de impoñerse (70-74).
Ás xogadoras que adestra Claudio García non puideron facerse coa vitoria, sumaron a terceira derrota consecutiva e colócanse como pechacancelas, mentres que as galegas que prepara Antonio Pernas regresaron a Galicia cun novo triunfo, o primeiro a domicilio. Cara e cruz do deporte nun mesmo partido no que as forzas non estiveron tan distantes como pode facer parecer as traxectorias de ambos os dous equipos.
O arranque do choque contou con dominio das lucenses. Paula Ginzo liderou ao Durán Maquinaria Ensino en ese momento de xogo. No outro lado, Aisha Sheppard respondía con boas accións. O partido chegaba a empatarse 10-10. Pero apareceu o acerto de Blanca Millan e o primeiro parcial remataba cun 11-20 para as galegas.
A tendencia continuou no arranque do segundo período. Brittany Miller facía dano na pintura e Claudio García víase obrigado a solicitar tempo morto ao minuto e medio de comezar o cuarto pola deriva que ía tomando o choque (11-26). A maior intensidade do Tenerife rematou por dar froitos e, aínda que Paula Ginzo seguía anotando, o acerto de Sheppard e sete puntos consecutivos de Terezia Palenikova cambiaban a dinámica. O segundo parcial remataba 20-15 e os dous equipos poñía rumbo a vestiarios cun 31-35 no electrónico do Santiago Martín. Unha renda curta para o Durán Maquinara Ensino de Lugo.
Precisamente tras o descanso o Tenerife conseguía poñerse por diante no marcador por primeira vz no partido (38-37) metendo un pouco o medo no corpo ás galegas que meteron a quinta marcha. O equipo que adestra Antonio Pernas endosaba ás tinerfeñas un parcial de 0-11. O partido púñase 38-48. Chegouse ao final do terceiro cuarto cun tanteo a favor do Durán Maquinaria Ensino de Lugo de 43-53. O parcial do cuarto foi 12-18.
Nin unhas, nin outras baixaron o ritmo. As galegas chegaron a estar 10 puntos por encima (57-66), pero as tinerfeñas apretaron ata que o cuarto finalizaba cun 27-21 que deixaba o partido cun 70-74 para as galegas.
Seguinte cruce do Ensino, na casa co Valencia BC
Logo deste partido, o equipo que prepara Antonio Pernas é sétimo con tres partidos gañados e dous perdidos tras cinco xornadas disputadas na Liga Feminina 2022-23. O seguinte rival será o Valencia BC que ocupa a 12ª praza na táboa. Na quinta xornada o Valencia CB perdía na súa cancha contra o Kutxabank Araski (sexto clasificado) por un tanteo de 49-67.
O Pazo Provincial dos Deportes será escenario do cruce previsto para o sábado 5 de novembro ás 19:45 horas. O equipo arbitral estará conformado polos colexiados Guillermo Ríos Marcos, Juan Ramón Hurtado Almansa e Joan Fanes Marginet.
FICHA TÉCNICA
70) TENERIFE CB CLARINOS CIUDAD DE LA LAGUNA (11+20+12+27): Gaby Ocete (4), Aisha Sheppard (25), Kris Raksanyi (4), Tijana Krivacevic (8) e Kai James (8) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Iho López (-), Terezia Palenikova (12), Izaskun García (1), Esther Montenegro (7) e Andjela Delic (1).
74) DURÁN MAQUINARIA ENSINO (20+15+18+21): Anne Olaeta (-), Laura Aliaga (1), Alba Prieto (12), Paula Ginzo (18) e Lydia Giomi (4) – quinteto inicial -. Tamén xogaron: Lorena Segura (2), Esther Castedo (3), Blanca Millán (18), Margaret Roundtree (12), María Martiáñez (-) e Brittany Miller (4).
PARCIAIS: 11-20, 31-35- descanso – 43-53 e 70-74.
EQUIPO ARBITRAL: Carlos García, Elena Espiau e Daniel Cervantes. Descualificaron ao adestrador local, Claudio García, por dúas faltas técnicas (min. 27) e eliminaron por cinco faltas persoais a Tijana Krivacevic.
INCIDENCIAS: Partido disputado no pavillón Insular Santiago Martín de La Laguna (Tenerife), diante duns 250 espectadores. Encontro correspondente á quinta xornada da liga Feminina Endesa.