- As coruñesas do CRAT Residencia Rialta vence a domicilio ao Sant Cugat deixando claro que esta tempada apuntan alto na Liga Ibredrola
Nova tempada para o CRAT Residencia Rialta que tras un ano moi complicado a pasada campaña, onde estivo con pé e medio na segunda división, fixo os deberes no verán reforzando o seu cadro de xogadoras con fichaxes de nivel.
Isto, sumado á maior experiencia das xogadoras da casa e ao mantemento dalgúns puntais como Mariana e Maica, converten ao CRAT Residencia Rialta, sobre o papel, nun bloque de xogadoras máis para pensar na zona alta que en pasar apuros.

Malia ser a Segunda Xornada da Liga Iberdrola, este encontro constituía o debut dol CRAT Residencia Rialta por ser adiado o seu primeiro partido previsto diante do Majadahonda.
A pesar de que o encontro comezou moi de fronte para as coruñesas cun ensaio nos primeiros compases, a primeira parte Sant Cugat mostrouse superior.
Placajes pouco contundentes, perdas de balón e fallos nas fases estáticas condenaron ao CRAT Residencia Rialta que se foi un ensaio por baixo no marcador ao descanso. A segunda parte empezou coa mesma tónica que a primeira e un equipo catalán dominante que se aproveitaba da pouca contundencia visitante.
Con todo, cando peor pintaban as cousas coas locais encerrando ao Rialta na súa zona de ensaio e con superioridade numérica o equipo espertou.
O equipo pareceu atopar a concentración unha vez tocado chan e volteó por completo o encontro con tres ensaios consecutivos.

Con só segundos para finalizar, Sant Cugat ensaiaba e obtiña un prezado bonus defensivo, pero o tempo non lles permitía sequera soñar coa remontada.
Boa vitoria do CRAT Residencia Rialta e 4 puntos nun campo que sempre é complicado e diante un rival que a priori será tamén un dos competidores na zona media-alta da táboa.





















