Nova vitoria en casa do CV Autos Cancela Zalaeta que se impuxo nesta ocasión ao Real Grupo de Cultura Covadonga (3-0). As pupilas de Jorge Barrero tiveron no tino anotador de Alba Quirós (18 puntos) e Laura Vázquez (11 puntos) as súas mellores bazas.

O primeiro set foi para as galegas por un axustado 28-26. Pero o tanteo foi abondo para encamiñar o partido. No segundo as galegas xa vencían por 25-19 e no terceiro finiquitaron o partido cun 25-22. Deste xeito o CV Autos Cancela Zalaeta conseguía un triunfo ante un rival directo como é o RGC Covandonga.
Esta vitoria deixa ao equipo adestrado por Jorge Barrero na sexta posición da SLF2 con 1 puntos no peto tras 8 partidos xogados. A Superliga Feminina 2 achégase ao momento no que se fará o corte para disputar a Copa da Princesa.
O conxunto coruñés xoga a próxima semana contra do faroliño vermello, o Torrelavega. A ocasión é fantástica para que o CV Autos Cancela Zalaeta poida encadear dúas vitorias e subir postos na táboa da Superliga Feminina 2. A cita está marcada para o domingo 12 de decembor ás 12:00 horas no Pavillón Municipal Habana Vieja.
Ver esta publicación en Instagram
FICHA TÉCNICA
3) CV AUTOS CANCELA ZALETA: Laura Vázquez (11), Irene Yáñez (3), Alba Quirós (18), Carmen Carvajal (12), Andreia Rivas (8) e Patro Santos (3). Líbero: Noa Sánchez. Tamén xogou: María Forteza.
0) COVADONGA: Marina Rubiera (8), Covadonga Noguero (1), Miriam Diéguez (15), Laura Sowerby (4),m Sara GArcía (7), e Paula Lorenzana (8). Líbero: Paula Fernández. Tamén xogaron: Ariana Mor´na (2) e Ana Martín (4).
PARCIAIS: 28-26, 25-19 e 25-22.
ÁRBITROS: Carlos Alberto Cordeiro Fervenza, principal. Albergo Vázquez Cabano, auxiliar. Cordeiro Prado, anotador.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á novena xornada da Superliga Feminina 2 de voleibol da RFEVB, disputado no Pavillón Polideportivo do Barrio das Flores na Coruña.