Vitoria moi valiosa do Autos Cancela CV Zalaeta que se impuxo 3-1 ao RGCC Covadonga na décima xornada da Superliga Femenina 2. As coruñesas vencían así aun rival directo. Recupéranse así as galegas da derrota da anterior xornada na que caían 3-2 ante o C.V. Torrejón a domicilio.
SF2 🏐
Boa maneira de despedir o fortín ata o 2023! 🤩
As nosas conseguiron levarse os 3 puntos nun encontro moi desputado contra as nosas veciñas asturianas 💪🏼
Ese é o camiño, a seguir remando! 🔥 pic.twitter.com/OfrmCIs0dH
— Voleibol Zalaeta (@CVZalaeta) December 12, 2022
Arrincou o partido no Barrio das Flores con triunfo no primeiro set para as coruñesas (25-23). Fíxolle fronte o RGCC Covadonga no segundo set (22-25). Pero os dous seguintes sets foron para un Autos Cancela CV Zalaeta que non deu ocasión ás visitantes. Venceron no terceiro 25-21 e o cuarto e definitivo dun xeito máis rotundo 25-15. O cómputo global puxo o marcador 3-1 para as galegas.
Partido de la SF2 entre el @CVZalaeta y @VoleibolRGCC
@coruna_deportes #voleibolfemenino #voleibol #deportefemenino #nonaviolenciadexenero @VoleiGalego pic.twitter.com/leszt5tBqq— j carlos corral (@carloscoruna) December 11, 2022
Logo da disputa desta partido o Autos Cancela CV Zalaeta ocupa a quinta praza da clasificación mentres que o RGCC Covadonga queda na sétima.
O Autos Cancela CV Zalaeta despide o ano na SLF2 en Oviedo
A vindeira xornada, undécima, o conxunto que prepara Jorge Barrero visita ao Oviedo antes do parón. Será o sábado 17 de decembro ás 17:00 horas no Polideportivo José Manuel Fuente. Á volta, A Coruña será escenario da Copa da Princesa e o Autos Cancela CV Zalaeta será o equipo anfitrión.
FICHA TÉCNICA
3) AUTOS CANCELA CV ZALAETA: Emma Ordóñez (17), Andrea Rivas (2), Sara Urrea (19), Carmen Carbajal (13), Eleonora Guzzi (18) e Patri Santos. Paula Lorenzo (líbero), Noa Sánchez (líbero). Tamén xogaron: Claudia Gómez (!), Cecilia Thon (4) e Irene Yáñez (3).
1) RGCC COVADONGA: Marina Rubiera (6), Ariana Morán (5), Marina Blaqnco (19), Claudia Cudeiro (3), Sara García (18) e Ana Martín (12), Paula Lorenzana (líbero). Tamén xogaron: Ana Rodríguez (5) e Covadonga Nogueiro (-).
PARCIAIS POR SETS: 25-23, 22-25, 25-21 e 25-15.
EQUIPO ARBITRAL: Berta Arrabuarrena.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á décima xornada na Superliga Femenina 2 (SLF2) disputado no Pavillón Polideportivo Municipal do Barrio das Flores da Coruña. Consulta as estatísticas do partido na RFEVB.
Encontro contra a violencia de xénero. A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acudiu a ver o partido e puxo en valor o papel que todas as deportistas desenvolven a favor da igualdade na comunidade e a loita contra a violencia de xénero. O club coruñés é beneficiario do Plan de patrocinio dos equipos de alta competición femininos de primeiro máximo nivel estatal de Galicia co que a Xunta quere trasladar ao mundo do deporte a implicación a favor da equidade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero en todas as súas manifestacións.





















