- A VII edición do Tríatlon Concello de Porriño rende homenaxe á loita polos dereitos do colectivo LGTBIQ+ e está apadriñado polo triatleta Iván Raña.
O vindeiro sábado 16 de xullo centos de atletas percorrerán os 25.950 km de circuíto do Tríatlon Concello do Porriño, entre eles, o Campión do Mundo, Iván Raña que ademais de participar este ano apadriña a cita deportiva.
A competición do VII Triatlón Concello de Porriño terá lugar o próximo sábado 16 de xullo ás 16:30 horas entre os concellos de Tui e O Porriño, cunha distancia de 750 metros de natación, 20 quilómetros en bicicleta e 5 quilómetros de carreira a pé.
Ademais o evento contará cunha versión infantil, destinada a nenos e nenas de entre 4 e 10 anos celebrado o mesmo día pola mañá. As distancias neste caso serán de 25 metros na piscina, 700 metros en bicicleta e metros a pé. O prazo de inscrición atópase xa aberto e así o estará ata as 23:59 horas do vindeiro 12 de xullo.
Como cada edición, o tramo de natación sprint é de 750 m, desenvolverase no río Miño fronte á sede da Comandancia Naval de Tui. O tramo de bici é de 20 km entre os concellos de Tui e O Porriño e finalmente a carreira pedestre cun percorrido de 5 km que se disputa no casco urbano do Concello do Porriño.
O alcalde do Porriño explicaba que as cores da iconografía desta edición homenaxean: “o movemento en defensa da diversidade e pola igualdade de dereitos das persoas LGTBIQ+. Este é un evento deportivo de alto nivel que reivindica unha sociedade máis libre e respectuosa”
Na edición deste ano 2022 a iconografía e cartelería xira en torno á bandeira multicor sumándose, tal e como explicou o alcalde da localidade porriñesa, ao “movemento en defensa da diversidade e pola igualdade de dereitos das persoas LGTBIQ+”, en definitiva, “un evento deportivo de alto nivel que reivindica unha sociedade máis libre e respectuosa”.
Haberá unha Mini Triatlón
Os máis pequenos tamén terán a súa proba: o Triatlón Mini. Disputarase o mesmo día en horario de mañá e poden participar os nenos e nenas de entre 4 e 10 anos acompañados por un adulto. O único requisito será saber nadar 25 m ininterrumpidamente e saber andar en bici.
Terán que completar 25 m na piscina municipal, 700 m en bicicleta dende a piscina ata a igrexa e alí farán a transición para encarar os 300 m de carreira a pé dende ata o Concello. A inscripción está aberta ata o 13 de xuño ou ata completar as 45 prazas.
Abel Estévez: “Retomar esta actividade é moi importante para nós”
Na presentación desta proba, que tras o parón derivado da pandemia chega a súa sétima edición, contouse coa presenza do alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, o secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, José Ramón Lete Lasa, os concelleiros de Deportes do Porriño e Tui, Abel Estévez e Rafael Estévez, respectivamente, o comandante Naval do Miño, Pablo Redondo Belzunce, o sarxento Primeiro do Posto de Tráfico do Porriño, Daniel Castelo Baz, o director Deportivo da Fegatri, Carlos David Prieto e o padriño da proba, Iván Raña. Tamén estiveron presentes representantes dos clubs colaboradores.
“Este será o meu primeiro Triatlón como alcalde e é toda unha honra ter contado co respaldo e colaboración total do tecido deportivo do Porriño para os que non teño máis que palabras de agradecemento”, afirmou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Moitísimas grazas a todos e todas os voluntarios e voluntarias, clubs deportivos, Protección Civil, Policía Local, Garda Civil, Concello de Tui, Xunta de Galicia, a todos os que facedes que posible que un evento desta magnitude teña lugar na nosa vila”.
IVÁN RAÑA, PADRIÑO DO VII TRÍATLÓN CONCELLO DO PORRIÑO: A sétima edición do Tríatlon Concello do Porriño celebrarase o vindeiro 16 de xullo a partir das 17 h pic.twitter.com/D0Nas3UW5R
— ConcelloPorriño (@PorrinoConcello) July 8, 2022
O rexedor, lembrou que a inscrición sigue aberta ata as 23:49 h do 12 de xullo e que “a día de hoxe son preto de 200 os inscritos” , animando a todo aquel que queira a “participar e competir, nada máis e nada menos, que cun campión do mundo”.
Pola súa banda, secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, destacou o nivel desta proba que, na súa séptima edición demostra “o deporte non para, que o deporte galego loita contra todas circunstancias e continúa grazas á disciplina”. Lete Lasa quixo poñer en valor a figura de Iván Raña “pioneiro do triatlón galego e grazas ao cal esta modalidade hoxe en día é o que é en Galicia”.
O concelleiro de Deportes do Porriño, Abel Estévez, destacou que “retomar esta actividade é moi importante para nós” xa que “podemos presumir de ter un tríatlon popular de alto nivel”.
O concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, afirmou con respecto á edición de 2022: “Este ano vai ser unha proba moi bonita”
No mesmo sentido se expresou o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, que afirmou que “este ano vai ser unha proba moi bonita” e agradeceu “en especial ao comandante Naval do Miño xa que grazas a el poderemos ter unha proba de calidade, e tamén aos clubs tudenses, Policía Local e Protección Civil de Tui”
Lete Lasa: “Que o deporte loite pola igualdade entre as persoas é unha mostra máis dos principios que abraza”
O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, falou de Iván Raña como como un deportista “pioneiro deste deporte” e destacou o seu palmarés como “campión do mundo e bicampión de Europa”. “Que o deporte loite pola igualdade entre as persoas é unha mostra máis dos principios que abraza como o respecto, a tolerancia ou a educación en valores”, dixo.
Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte da Xunta da Galicia: “Que o deporte loite pola igualdade entre as persoas é unha mostra máis dos principios que abraza como o respecto, a tolerancia ou a educación en valores”
O mandatario galego resaltou a labor que a Xunta de Galicia vén levando a cabo en materia de igualdade no deporte representada na campaña NON en contra da violencia de xénero e a prol da equiparación deportiva. Nas súas palabras “esa cor violeta a favor da igualdade, empuxou a todos os nosos olímpicos e paralímpicos en Toquio a través do reto Galicia-Toquio con Igualdade, e empuxou tamén a Susana Rodríguez-Gacio a alcanzar o ouro e a Javi Gómez Noya na súa última carreira na distancia olímpica”.