• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Primeira División Nacional Fútbol

Treviño: “O único que nos importa é gañar cada domingo”

O adestrador do Viajes Interrías analiza a primeira fase da tempada, na que remataron como líderes, e as posibilidades de estar na promoción de ascenso

Carmen G. Mariñas por Carmen G. Mariñas
14/04/2021
en Primeira División Nacional Fútbol, Fútbol
Viajes Interrías / CEDIDA

Viajes Interrías / CEDIDA

316
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

O Viajes Interrías que adestra Luís Treviño é un dos candidatos ao ascenso á Reto Iberdrola. Despois dunha primeira fase con grandes números, as de Portonovo compiten no grupo 1C por un posto no play off de promoción.

As xogadoras do Interrías van xa ben encamiñadas, seguindo a filosofía de ir partido a partido. “O único que nos importa é gañar cada domingo”, declara o adestrador. Foron campioas do grupo 1A tanto na primeira como na segunda volta, con 37 puntos e só un empate e tres derrotas á fin da primeira fase. Agora, coa segunda xa iniciada, as galegas estreáronse cunha vitoria 2-1 ante o CDE Racing Féminas B.

O Interrías sofre pero vence na primeira xornada da segunda fase

A meta: o play-off

Neste curso, o conxunto do Viajes Interrías está a seguir o guion escrito na pretempada. “Desde o principio marcamos o obxectivo de intentar volver a estar na cabeza para disputar o play-off“, recorda Luís Treviño. Conscientes da dificultade, “debido ao formato que propoñían desde a Federación”, o equipo foi sumando semana a semana, nun grupo no que, segundo o técnico, “están os equipos máis fortes deste grupo 1”.

Luís Treviño: “Desde o principio marcamos o obxectivo de intentar volver a estar na cabeza para disputar o play-off”

Ás dificultades propias da competición, engadíanse a incertidume polo rendemento dun equipo de nova creación. Respecto ao conxunto da tempada anterior, só sete xogadoras seguiron ás ordes de Luís Treviño, que recorda como estes cambios no plantel supoñen “volver a crear automatismos e sen moito tempo para isto”. Aínda así, a actitude desde a primeira xornada foi de “saír a gañar partidos. Pouco a pouco foi saíndo ben e ao final tivemos a oportunidade de ser campioas de grupo”, explica.

Luis Treviño, adestrador do Viajes Interrías / CEDIDA
Luis Treviño, adestrador do Viajes Interrías / CEDIDA

Así, o Viajes Interrías pasou como líder do grupo 1A ao 1C, no que a clasificación realízase en función dos coeficientes, ao ter disputado o primeiro grupo 16 partidos na primeira fase e o segundo só 14.

Partir como as mellores do grupo de Galicia non supón unha presión extra para as de Portonovo segundo Treviño, senón que “é a mesma que cando arrancou o campionato. Tiñamos claro que queríamos xogar o play-off e o único que nos importa é gañar cada domingo. A partir de aí pode ser un plus o saber que puideches competir cos mellores equipos de Galicia e quedar por diante deles e á hora de afrontar unha fase con outros tres grandes equipos”.

Todo isto, aunque poida motivar ás xogadoras, non basta para xogar con tranquilidade esta fase. “Agora é máis complicado que antes. Antes atopabas equipos dun nivel dispar e agora son tres equipos que quedaron nas primeiras posicións de Asturias – Cantabria”, puntualiza o adestrador.

A falta de scouting, streaming

Seguindo as normas da competición, os tres clubs que pasan do 1A (Interrías, Victoria CF e Dépor ABANCA B) non xogarán entre si, senón que só se cruzarán cos do grupo 1B (Real Oviedo B, Gijón FF e Racing Féminas B).

Así, as galegas non viron con anterioridade ás súas rivais sobre o verde, pero grazas ás novas tecnoloxías e ás redes sociais, estes equipos non son uns completos descoñecidos.

O streaming serviu para compensar as dificultades de facer scouting na Primeira Nacional. “Este ano se algo fixemos os equipos foi explotar as redes sociais e retransmitir partidos. Elas seguramente coñécennos de sobra porque en casa retransmitimos todos os partidos que xogamos, e nós tamén podemos saber ben como xoga Gijón, Oviedo ou Racing. Tamén eles, sobre todo Gijón, tiveron a ben retransmitir o fútbol feminino para toda a súa xente”, apunta Treviño.

Aquí podes revivir o último partido do Interrías en casa na primeira parte da competición, ante a Umia CF.

Viajes Interrías / CEDIDA
Viajes Interrías / CEDIDA

Porén, ver os partidos anteriores en plataformas como Youtube ou Facebook non elimina o factor sorpresa propio das divisións inferiores. “No fútbol humilde é tamén case é improvisar cada fin de semana, porque non tes os medios de scouting que teñen os grandes equipos e non podes escaparte a ver partidos doutra comunidade”, recorda o adestrador do Interrías.

Luís Treviño: “O fútbol modesto adáptase moito máis e as xogadoras teñen o poder de adaptación máis desenvolvido que noutras categorías”

Desde o seu punto de vista, isto ten unha cara positiva: “O fútbol modesto adáptase moito máis e as xogadoras adáptanse máis que as profesionais, porque non o teñen tan masticado e teñen o poder de adaptación máis desenvolvido que noutras categorías”.

Non é o mesmo un rival filial que un primeiro equipo 

Unha das particularidades dos rivais das galegas neste grupo 1C, é que dous deles son filiais, “de dous equipos importantes de España”, o Oviedo e o Racing. Este feito cambia moito o estilo de xogo dos seus planteis, xa que contan con ” xogadoras xovencísimas que apenas teñen presión, porque o obxectivo é xogar cada día o mellor posible para poder xogar no equipo A”. Segundo Treviño, isto pode ser “un risco, porque non teñen o sentido de respecto ao rival de ir con medo a perder e lles da un plus”.

Luis Treviño, adestrador do Viajes Interrías / CEDIDA
Luis Treviño, adestrador do Viajes Interrías / CEDIDA

Nesta liña, o técnico denuncia que o formato da competición favorece sempre aos grandes clubs, polo que “o o sacrificio de equipos e clubs máis modestos non siga. O poder de captación destes grandes equipos sempre é enorme, e é de supoñer que estarán nos postos punteros cos seus filiais”.

Completando o trío está o Gijón, “un equipo que se armou moi ben, con xogadoras da zona, sacándolle xogadoras ao Sporting esta tempada e cun moi bo adestrador, como é Martín Rodríguez“, subliña o técnico do conxunto de Portonovo. Treviño valora a este equipo como o máis complicado, porque “é moi agresivo con e sen balón”.

Luís Treviño: “O rival o temos en casa, para nós é o Victoria de Coruña. Ou elas ou nós xogaremos o ‘play off'”

Con todo, o verdadeiro rival do Interrías “o temos en casa”. Para o adestrador, o máximo rival é o Victoria CF, un conxunto que lle pisou os talóns ao longo da primeira fase e empatou a puntos con elas, aínda que o average quedou para as do sur. “Ou elas ou nós xogaremos o play-off“, conclúe Treviño.

Etiquetas fútbolLuis Treviñoplay-offPortonovoPrimeira NacionalViajes InterríasViajes Interrías Fútbol Femenino
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.