- Un trío de xogadoras internacionais holandesas Kyra Elzinga, Quen Makkinga e Nicky Dix reforzarán ao equipo do CRAT Residencia Rialta neste curso 2022-23 na Liga Ibedrola na que as coruñesas militarán un ano máis.
Despois dunha tempada onde as lesións e o COVID-19 pasaron unha mala pasada a un conxunto de Liga Iberdrola do CRAT Residencia Rialta, que tivo que sufrir ata a última xornada para garantirse matematicamente a permanencia, a dirección deportiva do club estivo traballando para reforzar o bloque do club galego e aumentar efectivos. Por contra, o club coruñés comunica a marcha de Elena Martínez e Claudia Barrio.
É por iso que o club aproveitou a oportunidade para sumar á disciplina do equipo que adestrará Jos Portos e Paco Usero a tres internacionais de contrastado prestixio a nivel europeo. Estes son os seus nomes e perfís segundo informa o CRAT:
- Kyra Elzinga (1998) destaca pola súa fortaleza e xoga normalmente na segunda liña aínda que se pode desempeñar como número 8. Vén procedente do Rugby Club Waterland, campión da última liga de Paises Baixos, e é xogadora fixa da Selección Nacional desde o ano 2019, cando debutou en categoría absoluta.
- Quen Makkinga (1997) é unha tres cuartos que destaca pola súa habilidade. A centro, Internacional co seu país tanto na modalidade de Rugby Olímpico como a XV, vén procedente do AAC Rugby de Amsterdam, co que conseguiu varios títulos nacionais no seu país.
- Nicky Dix (2000) vén para fortalecer a primeira liña do equipo. Internacional polo seu país desde categorías inferiores, xa coñece o que é a liga Iberdrola xogando en Lles Abelles no ano 2020.
👏🏻 3 incorporaciones internacionales por 🇳🇱 para la #FamiliaCRAT de @DHIberdrola
👉🏻 Kyra Elzinga @rcwaterland
👉🏻 Quen Makkinga @RugbyDames
👉🏻 Nicky Dix @lesabellesrc
📝 Toda la info en nuestra web
🔗 https://t.co/yvz4fH6oyo#ResistiendoDesde1976 pic.twitter.com/EQR05JIAGp
— 🏉C.R.A.T. A Coruña 🇺🇦 (@CRAT1976) August 9, 2022
Dúas baixas no CRAT
Estas tres xogadoras reforzarán posicións que se verán minguadas esta tempada pola baixa de dous grandes xogadoras que, tras anos no club, deixan Galicia por motivos persoais: Elena Martínez e Claudia Barrio.