• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Sala Primeira División Fútbol Sala

Tres vitorias e unha derrota para o futsalfem galego na sexta xornada da Primeira División

Gañaron Pescados Rubén Burela, Ourense Envialia e Marín Futsal, mentres que o Poio Pescamar baixa á sétima praza na clasificación tras sumar a súa segunda derrota consecutiva | No Marín Fútsal Raúl Jiménez avisa: "Non estamos aquí de paso"

Silvia Carregal por Silvia Carregal
10/11/2021
en Fútbol Sala, Primeira División Fútbol Sala
Pescados Rubén Burela, futsalfem / PRBFS

Pescados Rubén Burela / PRBFS

61
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

O futsalfem galego da elite case fai pleno. So a derrota do Poio Pescamar enzoufa a felicidade dos catro equipos galegos da Primeira División do Fútbol Sala Feminino da RFEF. As conserveiras encadean dúas derrotas consecutivas ao caer na casa 1-2 co Universidade de Alicante.

A colleitada en terras galegas foi o primeiro triunfo das alacantinas, o cal fai máis dolorosa a derrota local. Pero as de Manu Cossío tiveron en fronte a un equipo tan necesitado de gañar que dexouno todo na pista e superou ao Poio Pescamar. O gol que abría o marcador foi de Mariángeles aos 8 minutos de xogo. Ata o 30 no foi quen de empatar o equipo galego. Un gol de Dani Sousa colocaba o electrónico 1-1. Pero so un minuto despois, Sara Roelas anotaba o 1-2 que daría os tres puntos ás foráneas.

As vitorias foron para o Ourense Envialia (4-2) ante o STV Roldán FS, o Pescados Rubén Burela FS que gañaba a domicilio ao Juventut d’ Elx FS (2-3) ao igual que o Marín Futsal que vencía 1-3 na cancha maña do Sala Zaragoza. 

Golazo de Café para o Marín FutSal

As deportistas que adestra Raúl Jiménez colleitaban a súa segundo vitoria consecutiva nun partido no que Café marcou dous tantos, un deles, un auténtico golazo de vaselina. A futbolista do Marín Futsal roubaba o esférico nun erro na saída de balón do Sala Zaragoza e, con moita calma, enviaba o balón sobre a cancerbeira local que saía ao seu encontro para tentar freala e se atopou con un disparo que Ana Etayo non puido deter.

Foi este precisamente o tanto que abriu o marcador. Empataría despois o conxunto maño pero as de Marín anotaron dúas veces máis (1-3).

6ª J- 1ª RFEF FSF ( Goles)@SalaZaragoza 0-1 @marin_futsal

Gol de:
Café 14′

(Grabaciones propias <HD <THX )

Toda la información del encuentro en…https://t.co/jEwAVtprf4
@rfef pic.twitter.com/Jlu3hJjWOY

— Esimportante.es – Futsal Femenino (@esimportante_es) November 8, 2021

Raúl Jiménez: “Non estamos aquí de paso”

O técnico do Marín Futsal advirte que o conxunto galego, recén ascendido, ten a clara intención de manterse “Non estamos aquí de paso”, avisa o técnico.

Raúl Jiménez declaraba ao final do partido: “Viñamos a unha pista complicada. Queremos aumentar a confianza no proxecto e demostrar que non somos un equipo que sube para descender. O club ten claro que quere medrar moito. Hai factores e material para que o club, co paso dos anos, consiga máis cousas e aspire máis. Temos que afinanzarnos na Primeira División. Non estamos aquí de paso. Queremos quedar en Primeira. Esta segunda vitoria vainos dar confianza. Seguro que imos manternos”.

Sobre o estilo de xogo das galegas este baséase en “pecharse atrás, roubar balóns e saír ás contras e estanos saíndo ben”, explicaba o adestrador.

ZONA MIXTA | Raúl Jiménez, entrenador de @marin_futsal:

” , , “#SalaZaragoza ⚽️ pic.twitter.com/QhxwyezrmJ

— Sala Zaragoza (@SalaZaragoza) November 7, 2021

Traballada vitoria das Guerreiras Laranxas

As futbolistas do Pescados Rubén Burela tiveron que traballar para sacar adiante o partido co Joventut d’ Elx e levarse os tres puntos para a Mariña. As locais sorpendía anotando no primeiro minuto de xogo descolocando ás galegas que se viron por detrás no marcador.

O Pescados Rubén Burela, coa expulsión de Jenny na recta final da primeira parte por dobre amarela, conseguiu equilibrar o electrónico tras o descanso.

Até o minuto 22 non chegaba o primeiro tanto do Pescados Rubén Burela obra de Cami, no minuto 22 (1-1). Logo xa empezarían a caer os goles do equipo que prepara Lucas. As Guerreiras Laranxas adiantáronse cun trallazo de Cilene á escuadra. Joventut d’Elx asustaba ás galegas ao devolver as táboas ao marcador froito do seu xogo de cinco. Faltaba medio minuto para que soase abucina. Foi entón cando apareceu Emilly que coa súa maxia tirou partido dun rexeite para que a triunfo fose para as galegas.

Dous goles para remirar: o de Iria Saeta de cabeza e o de bolea de Chiki

Na vitoria do Ourense Envialia, segunda consecutiva, hai que destaca o gol que a nota coa testa a galega Iria Saeta.

Es un buen momento para repasar algunos de los Golazos de la Jornada 6ª:

Ojo que viene cargadita de golazos¡¡

⚽️Mirar la jugada de @OUenvialiaFSF.
Quién dijo que no se pueden marcar goles de cabeza en el fútbol sala¡¡
Golazo de @Iriasaeta10¡¡

Vía RFEF#FútbolSalaFemenino pic.twitter.com/OmIaGpqGq3

— ZonaFutsal (@infozonafutsal) November 7, 2021

Outro tanto para ver repetido varias veces é o balón que empalma Chiki desde a frontal da área ao saque dun córner. A futbolista anotaría dous dos catro goles das futbolistas que prepara Gonzalo Iglesias Morenín. Laura Uña completou a terna de goleadoras locais nos Remedios.

Atent@s a los Golazos que vienen ahora.¡¡

⚽️Mirad pequeñ@s: asi también se marca un golazo¡¡
Ojo a como empala el balón Chiki (@jessiquevalgo), jugadora de @OUenvialiaFSF en el partido ante @RoldanFSF.
Espectacular¡¡

Vía RFEF#FútbolSalaFemenino pic.twitter.com/a9lJhyNbfw

— ZonaFutsal (@infozonafutsal) November 7, 2021

Así vai a liga na Primeira co Burela segundo

Logo desta nova fin de semana de competición, o Pescados Rubén Burela FS está segundo a dous puntos das líderes invictas as futbolistas do Atlético Navalcarnero que levan seis partidos gañados de seis. As da Mariña so cederon un empate. Foi na xornada 2 na cancha do Poio Pescamar.

Precisamente o seguinte equipo galego na clasificación son as conserveiras que ocupan a sétima praza. Levan 2 partidos rematados en táboas. Ademais dese derbi galego da 2ª xornada, tamén finalizaron con empate contra o Atlético Torcal 3-3 xogando como locais. Gañáronlles o STV Roldán FS que as superaba cun 6-4 na 6ª xornada e, como indicábamos antes, nesta última fin de semana perdían co Universidade de Alicante (1-2), esta vez como locais.

A próxima xornada terá lugar o o sábado 13/11/21 a excepción do cruce entre STV Roldán FS e AE Penya Esplugues que reservan o seu cruce para a mañá do domingo (11:30 h).

Abre a xornada o Marín Futsal que recibe ao pechacancelas, o Joventut D’ Elx ás 16:00 horas. As de Marín levan tres compromisos sen perder e non entrará nos seus planes romper a serie positiva coas colistas.

Vista Alegre acollerá o partido pola Igualdade na Primeira  

O Burela Pescados Rubén ten un compromiso complicado ás 18:30 horas do sábado recibindo ao Fútbol Sala Femenino Móstoles, cuarto clasificado e serias aspirantes a dar loita nese postos altos. As madrileñas non poderá arrebatar a segunda praza ás da Mariña, que lles levan catro puntos, pero si poderían recurtar distancias. Este encontro dedicarase á loita pola igualdade efectiva de mulleres e homes. O encontro ante o

Tócalle viaxar a Ourense Envialia que visita a cancha do Universidad de Alicante. ás 19:00 horas. Logo de perder os seus tres primeiros compromisos ligueros, as xogadoras que adestra Morenín colleitaron un empate co Marín e levan dúas vitorias consecutivas. Dixeron adeus á zona de perigo pero seguir sumando sería moi importante para as ourensás, máis aínda cando falamos dun rival asequible, canda menos sobre o papel.

Á mesma hora que as ourensás visita o Poio Pescamar ao CD Leganés. En xogo estará a sexta praza que as galegas tentarán arrebatarlle ás madrileñas para volver escalar postos na táboa e reencontrase co triunfo.

XORNADA 7ª PRIMEIRA DIVISIÓN FÚTSALFEM RFEF

SÁBADO 13/11/21

  • Marín Futsal  -­ Clínica Blasco Joventut D’Elx | 16:00 horas | A Raña
  • Futsi. At. Navalcarnero -­ Melilla Sport Capital Torreblanca | 18:00 horas  | La Estación
  • At. Torcal – Sala Zaragoza | 18:30 horas | Guadaljaire
  • Pescados Rubén Burela – FSF Móstoles | 18:30 horas | Vista Alegre
  • CD Leganés -­ Poio Pescamar  |  19:00 horas | La Fortuna
  • Universitat D’Alacant  -­ Ourense Envialia | 19:00 horas |   Mutxamel
  • Rayo Majadahonda Afar 4 -­ Arriva AD Alcorcón FSF | 20:00 horas  | La Granadilla

DOMINGO 14/11/21

  • STV Roldán -­ Penya Esplugues AE                                          Gabriel Pérez               11:30 horas

Todos os partidos desta categoría emítense en vivo nas webs oficiais da RFEF e LIVE Vuvuzela.

Etiquetas CaféChikifútbol salaIria SaetaLucasManu CossíoMarín FutsalMorenínourense envialiaPescados Rubén Burelapoio pescamarRaúl JiménezRFEF
ComparteChía
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

FSF Castro Bloques Cando na Copa da Raíña de fútbol sala / FSF CASTRO IG

Poio Pescamar e Castro Bloques Cando selan o pase a cuartos de final na Copa da Raíña 25-26

por Redacción As Nosas
18/12/2025
0

  Poio Pescamar e FSF Castro Bloques Cando continúan na Copa da Raíña de fútbol sala, mentres que o Ourense...

A Selección Española futbol sala feminino, con 4 galegas, bronce no Mundial 2025 / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, bronce con ampla representación galega nas súas filas

por Redacción As Nosas
07/12/2025
0

  España pechou o Mundial de Filipinas cunha medalla de bronce cunha representación galega notable nas súas filas. No partido...

As 7 futbolistas internacionais do Poio Pecamar que xogan o Mundial de Filipinas de futsalfem / POIO PESCAMAR

MUNDIAL FUTSALFEM | O Poio Pescamar, o club con máis representantes en Filipinas con 7 futbolistas

por Redacción As Nosas
05/12/2025
0

  O Poio Pescamar converteuse no equipo con maior presenza no Mundial de Filipinas. O conxunto galego achegou sete xogadoras...

España xoga o Mundial de futsalfem / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM | España, en semifinais tras vencer a Marrocos 6-1

por Redacción As Nosas
02/12/2025
0

  España segue paso a paso no Mundial de fútbol sala feminino e xa está en semifinais con ampla representación galega...

Ale de paz, futbolista galega coa Selección Española no Mundial nun partido contra Canadá / RFEF

MUNDIAL FUTSALFEM 25 | Goleada de España a Canadá para finalizar a fase de grupos con tantos de Ale de Paz, Antía Pérez e Martita

por Redacción As Nosas
29/11/2025
0

  España pechou a fase de grupos do Mundial 2025 de futsalfem coa goleada máis cómoda ata o momento (0-7)....

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Banco do Durán Maquinaria Ensino / CAB ESTEPONA - FLORIN NOVA

Ensino e BAXI, á procura de ser o galego mellor situado na Liga Femenina Endesa

22/02/2026
Imaxe de arquivo da Selección Galega de técnica / FEDERACIÓN GALEGA DE TAEKWONDO

A Selección Galega, á procura de revalidar o seu título de campioa de España de Poomsae e Freestyle

20/02/2026
O encoro de Pontillón de Castro, Verducido, acollerá unha formación superior dentro das previstas para a artellar a Rede de Voluntariado naútico seguro/ RFEP

“Padexa con nós”, unha rede galega de voluntariado náutico seguro que aspira a poñer en marcha a FEGAPI captando a 100 persoas

20/02/2026
Presentación Campionato Galego Xunta de Galicia K1 C1 5000 metros de piragüismo / FEGAPI

Máis de 550 deportistas estarán no Campionato Galego CGI K1/C1 5.000 mts de piragüismo

20/02/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.