Antesala da máxima categoría do baloncesto feminino español e o principal trampolín para algunhas das xogadoras con máis talento do país, a Liga Feminina 2 comeza esta fin de semana directamente na xornada dúas, tras verse aprazada a primeira xornada a pasada semana ao non poder garantizarse a seguridade por mor da COVID-19, xa que os resultados das análises non chegaron a tempo á Federación.
O balón comezará a botar nas pistas dunha nova tempada con importantes novidades. A ampliación do número total de equipos e a súa distribución en tres grupos fará moi interesante a loita por entrar nos postos para desputar a fase final de ascenso á Liga Endesa.
Pero estes non son os únicos cambios nesta Liga Feminina 2. Tras a tempada regular, serán doce en vez de oito os equipos que poderán loitar polas dúas prazas de ascenso á Liga Endesa. Ademáis as xogadoras terán que facer tests para detectar a COVID-19 antes de cada encontro. A Federación terá que ter estes resultados antes de que o equipo viaxe se ten un partido fóra da casa, e se é local, antes do comezo do encontro.
Un dos aspectos desequilibrantes no devenir dos resultados e que beneficiaba aos equipos locais, como é a presión do público, verase bastante mermado pola obriga das restricións de aforo.
A pesares de todos os cambios, unidos a unha extraña e curta pretempada, a emoción dispararase nos corazóns das siareiras galegas, que este ano estarán de noraboa xa que, para a súa fachenda, esta liga contará con seiequipos participantes da nosa terra: o Baxi Ferrol, o CB Arxil de Pontevedra, o A.D. Cortegada de Vilagarcía, o Maristas Coruña, o Celta Zorka Recalvi de Vigo e o Ulla Oil Rosalía de Santiago.
Haberá nada máis e nada menos que 30 duelos rexionais dentro do grupo A, nos que desfrutar do mellor baloncesto con acento galego. Neste inicio para ir abrindo boca contaremos con tres: O Baxi Ferrol recibe ao Cortegada, Maristas e Arxil veránse as caras en A Coruña, e Celta e Rosalía buscarán a primeira victoria na Cidade Olívica.
BAXI FERROL – A.D. CORTEGADA
As ferrolanas conforman un dos conxuntos favoritos de cara ao ascenso á Liga Endesa. O ano pasado quedaron cuartas da categoría e este reforzáronse moi ben e contan cunha plantilla profunda e de calidade.
Namentres un clásico da categoría, o Cortegada, chega a terras ferrolanas con moitas ganas de dar a sorpresa. A súa plantilla está basada en xogadoras locais como Cristina Lourero ou Patricia Vicente e na pintura apostaron por dúas xovenes xogadoras europeas como Teodora Saric e Teresa Sedlakova.
O partido poderase seguir en streaming a través da canle FEB: www.canalfeb.tv
Sábado 10/10/2020 19:00h
ÁRBITROS: Roi Rilo Antelo e Martín Trasancos Blanco
LUGAR: Pavillón Municipal A Malata – Ferrol (A Coruña)
MARISTAS CORUÑA – C.B. ARXIL
O recén ascendido á Liga Feminina 2, o Maristas Coruña, volta á categoría coa columna vertebral que consegiu o ascenso. Ao seu favor teñen a experiencia xogando xuntas e a incorporación de calidade da portuguesa Joana Ferreira que aportará unha dose extra de experiencia na categoría.
Dirixidas por Jorge Carreira, un home da casa, probarán a súa capacidade de loita con gran ilusión e co obxetivo da permanencia en mente. Para este partido sufrirán coa baixa da súa pívot Laura Hughes, un contratempo máis que sensible, se cadra, por ter enfronte a un equipo tan alto e físico como o Arxil.
Noutra banda o conxunto de Maite Méndez deu un paso ao fronte con respecto a otras tempadas, reforzándose con nomes importantes como Sara Castro, Noelia Masía e Bineta Ndoye. O Arxil conseguiu renovar tamén a Heather Forster, unha das xogadoras revelación da tempada pasada. Na Copa Galicia mostraron as súa mellora quedando moi cerca no marcador do poderoso Celta Recalvi.
Segundo a recomendación da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, o partido disputarase sen a presencia de público.
Sábado, 10/10/2020 20:30h
ÁRBITROS: Iván Escariz Torres e Elio Claveria Sánchez,
LUGAR: Pavillón Colexio Maristas – Coruña, (A Coruña)

CELTA ZORKA RECALVI – ULLA OIL ROSALÍA
Un histórico da categoría o Celta Zorka Recalvi empreza este novo curso na Liga Feminina 2 o obxectivo de lograr o ascenso á Liga Endesa. Tras quedarse durante dúas tempadas consecutivas ás portas, as viguesas ficharon a dúas xogadoras de calidade como a base Mariona Martín e á pívot María Davydova.
Outro recén ascendido e debutante na categoría, o Ulla Oil Rosalía tratará ofrecer o seu mellor xogo cunha combinación de xogadoras da cantera, un clásico como Chiqui Barros á fronte do banco e a experiencia de Nuria Chorén (ex Cortegada).
O partido celebrarase sen presencia de público nas bancadas do pavillón de Navia á espera de saber cómo evoluciona a situación sanitaria actual de cara ás próximas xornadas. Sen embargo poderase seguir en streaming a través da canle da FEB: www.canalfeb.tv
Sábado, 10/10/2020 18:30h
ÁRBITROS: Adrián Álvarez Rodríguez e Christian Ábalo Buceta
LUGAR: Pavillón de Navia – Vigo (Pontevedra)