• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Fútbol Máis fútbol

Tres madridistas que foron deportivistas

A lista de futbolistas homes que que compartiron a elástica merengue e a branquiazul ten uns cantos nomes, a das mulleres en activo é un trío que pasa pola portería o centro do campo e o ataque

Silvia Carregal por Silvia Carregal
04/11/2021
en Máis fútbol, Fútbol
Madridistas que foron deportivistas, Tere Abelleira, Misa e Athenea del Castillo / RCD - REAL MADRID - SABELA MOSCOSO

Madridistas que foron deportivistas, Tere Abelleira, Misa e Athenea del Castillo / RCD - REAL MADRID - SABELA MOSCOSO

207
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

Desta volta imos falar de madridistas con pasado branquiazul. A evolución do mundo do fútbol fixo que cada vez se dean menos historias de mulleres e homes que so vestiron a elástica dun club. As e os chamados one club women / men. Xustamente nesta reportaxe imos falar de xogadoras que teñen vestido, canda menos, dúas camisetas en concreto. Unha delas é galega e branquiazul, a do RC Deportivo ABANCA. A outra, é merengue, a do Real Madrid. Neste momento hai tres futbolistas que cumpre ese requisito en activo: Misa, Athenea del Castillo e Tere Abelleira, as tres no club branco.

Este trío de deportistas está conformado por unha canaria, unha cántabra e unha galega que noutra hora defenderon as cores do Dépor ABANCA e que nesta tempada militan na Primera Iberdrola nas filas do Real Madrid. Elas son tres madridistas que foron deportivistas.

Tere Abelleira (Pontevedra, 2000)

Tere Abelleira en rolda de prensa / SABELA MOSCOSO
Tere Abelleira en rolda de prensa / SABELA MOSCOSO

Para moitos Tere Abelleira é a substituta natural de Vero Boquete no fútbol feminino galego. A centrocampista pontevedresa conta cunha visión de xogo que a fai especial sobre o tepe. Chegou ao RC Deportivo no ano 2016, cando Manu Sánchez adestraba o Dépor ABANCA na categoría de prata.

Tere Abelleira pasará á historia do futfem galego por ser, coa pontesa Raquel Béjar, a primeira xogadora en ter contrato profesional no fútbol feminino galego.

Tras catro tempadas defendendo a elástica do Dépor ABANCA, co que ascendeu á elite e sorprendou liderando o centro do campo do club revelación, Tere Abelleira ficha polo Real Madrid no 2020, con 20 anos.

A futbolista galega debutou coa Selección Española absoluta en novembro de 2020 ante Moldavia.

Misa Rodríguez (Las Palmas de Gran Canaria, 1999)

Misa, porteira do RCD ABANCA, quencendo en Abegondo / SABELA MOSCOSO
Misa, porteira do RCD ABANCA, quencendo en Abegondo / SABELA MOSCOSO

María Isabel Misa Rodríguez, defendeu a portaría do Dépor ABANCA na tempada 2019-20. Antes xa militara no CD Femarguín da súa illa natal, e no Atlético de Madrid. Do club branquiazul deu o salto á casa branca, onde milita desde o curso 2020-21. Foi outra das deportistas que chamaron a atención naquela máxica tempada debut do Dépor ABANCA na Primera Iberdrola.

Misa compartía posto baixo paus con Esther Sullastres coa que se alternaba na portaría. Como porteira a deportista grancanaria conta con cualidades moi interesantes como a súa boa colocación e reflexos.

Misa Rodríguez debutaba como internacional coa Selección Española absoluta de fútbol feminino en partido oficial en febreiro de 2021.

Athenea del Castillo (Solares, 2000)

RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO
RC Deportivo contra o Real Betis en Abegondo / SABELA MOSCOSO

A cántabra Athenea del Castillo chegaba a Galicia para engrosar as filas deportivistas na campaña 2019-20 procedente do Rácing Féminas. Antes tiña militado no AVE Fénix Rácing. A súa fichaxe trouxo certa polémica pola negativa do Rácing a deixar ir á futbolista. Ao final, o club de Santader cedeu e todo que dou en nada.

Desde entón, a deportista de Solares estivo regalando goles desde o seu posto de interior dereito atacante á afección deportivista ata o curso 2020-21. Foi nesta tempada 2021-22 cando fichou polo Real Madrid CF, seguindo así os pasos dados previamente por Tere Abelleira e Misa Rodríguez.

O descenso do club branquiazul á Reto Iberdrola logo de loita ata o último momento pola permanencia, e a proxección internacional da futbolista facíanse incompatibles. Así que Athenea puxo rumbo á casa branca.

Rápida, veloz e con gol, Athenea del Castillo, xunto con Peke e Tere Abelleira, conformou un triunvirato épico naquel Dépor ABANCA da liga 2019-20 que fixo historia como equipo revelación na máxima categoría. Foi chegar e encher. Pero aquel éxito suporía tamén a condena para o futuro do club, xa que outros equipos, como o caso do Real Madrid CF, acudiron a pescar xogadoras a augas galegas e a entidade branquiazul, máis modesta e con moito menos orzamento, foi perdendo efectivos.

Pagouno caro o seguinte curso, no que remataría por  descender á categoría de prata do fútbol feminino español, a Reto Iberdrola onde milita actualmente baixo a dirección do técnico Miguel Llorente. O adestrador, procedente do FC Barcelona, substituiu a Manu Sánchez logo do descenso das coruñesas.

Athenea del Castillo co premio Fútbol Draft de Oro 2019-2020 como interior dereita / RCD
A futbolista Athenea del Castillo co premio Fútbol Draft de Oro 2019-2020 como interior dereita / RCD

Aquela tempada 2019-20 o xogo de Athena del Castillo levouna a ser distinguida non so nas crónicas, se non tamén con premios como o Fútbol Draft de Ouro 2019-2020 como a mellor interior dereita.

Como as outras tres futbolistas madridistas – deportivistas das que falamos desta volta, a cántabra tamén acadou a internacionalidade absoluta coa Roja. Foi En outubro de 2020 cando defendía aínda a camiseta branquiazul do club herculino.

A lista de homes inclúe a deportivistas – madridistas como Amancio ou Buyo

Se facemos un repaso pola listas de futbolististas homes que teñen xogado no Real Madrid e no RC Deportivo da Coruña atopamos nomes históricos tanto do club branco como do deportivista. Na lista están nomes como o de Amancio Amaro, todo un nome propio do fútbol coruñés, galego e español.

Hai históricos do Dépor como Pahiño, futbolista vigués que tamén xogou no equipo da súa cidade, o Real Club Celta de Vigo. Manuel Fernández Fernández, Pahiño, chegaría a ser máximo goleador no conxunto madrileño. Foi pichichi co Celta na 1947-48 e como madridista na 1951-52. Contan as hemerotecas que lle chamaban o fútbolista rojo, por que gostaba de ler a Tolstoi e a Dostoievski. Na web deportivista www.rcdeportivo.com explicase no apartado reservado a plantillas históricas, que na tempada 1955-56, Pahiño chegou a ser xogador e adestrador un mes, deulle tempo tamén a marcar 14 goles. Foi precisamente ese ano cando o Dépor gañaba por vez primeira ao Real Madrid no Santiago Bernabéu (1-2), como recolle a web deportivista.

Non esquezamos nesta relación de deportistas a xogadores que marcaron unha época nas filas branquiazuis e que foron tamén madridistas como Aldana, Martín Vázquez, Flávio Conceiçao ou Víctor Sánchez del Amo, quen co paso do tempo incluso chegou a adestrar aos coruñeses.

Nesa lista de nomes propios de xogadores deportistas e madridistas están amén: Amavisca, Álvaro Arbeloa, Fede Valverde, Filipe Luis, Jaime, Joselu, José Rodríguez, Juanfran, Mista, Mosquera, Munitis, Riki, Rafael Martín Vázquez, Villarroya e o mítico cancerbeiro betanceiro Paco Buyo.

Etiquetas Athenea del CastillodeportivistafútbolfutbolistamadridistaMisaRC DeportivoRCDREAL MADRIDTere Abelleira
Comparte1Chía1
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas

Relacionado co tema

RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

por Redacción As Nosas
26/07/2026
0

Tere Abelleira está sen equipo e o Dépor ABANCA podería estar negociando a súa volta ao conxunto branquiazul. Segundo informaba a...

Campos de fútbol de San Pedro de Visma / CONCELLO DA CORUÑA

O Concello da Coruña inicia os traballos de renovación do céspede artificial nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma

por Redacción As Nosas
21/07/2026
0

O Concello da Coruña iniciou xa o plan de melloras previsto nos campos municipais de fútbol de San Pedro de Visma,...

O Dépor ABANCA continuará un ano máis na elite do fútbol feminino nacional | @wykazszkowski

Así e o Dépor ABANCA que afronta a Liga F 2026-27 buscando asentarse na elite do futfem estatal

por Redacción As Nosas
18/07/2026
0

O Dépor ABANCA retomou os adestramentos de cara á cada vez máis próximo inicio da tempada 2026-2027 da Liga F....

'A nosa bóla', balón personalizado para o fútbol galego que presenta a RFGF / FUTGAL

As principais ligas femininas galegas darán comezo a fin de semana do 12-13 de setembro

por Redacción As Nosas
14/07/2026
0

Xa se coñecen as datas de inicio das ligas femininas galegas para o curso 2026-27. A Real Federación Galega de...

Lúa Arufe e Lucía Rivas, campioas Sub-19 de Europa coa Selección Española / FUTGAL

As futbolistas galegas Lúa Arufe, Lucía Rivas, campioas de Europa Sub-19 con España

por Redacción As Nosas
13/07/2026
0

Nesta fin de semana catro futbolistas galegos conseguían proclamarse campións de Europa na categoría Sub-19. Coa Selección Española feminina levantaron...

Ver máis
KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Belén Toimil, acada o seu sétimo campionato de España de lanzamento de peso no absoluto ao aire libre 2026, na imaxe posa no podio coa medalla de ouro / RFEA - SPORT MEDIA

Oito medallas para o atletismo galego no Campionato de España Absoluto, a metade corresponden a atletas femininas

28/07/2026
RC Deportivo ABANCA vs Valencia CF / SABELA MOSCOSO

Tere Abelleira podería estar barallando o seu regreso ao Dépor ABANCA

26/07/2026
Antía Chamosa (prata), María Pérez (ouro) e Aldara Meilán (bronce) nos 10.000 metros marcha do Campionato de España de atletismo / RFEA SPORTMEDIA

Antía Chamosa e Aldara Meilán, prata e bronce nos 10.000 metros marcha do Campionato de España

25/07/2026
Presentación da C10 con cartel de Antón Lezcano / CONCELLO DA CORUÑA

A carreira popular C10 estreará meta nesta vixésima edición: a praza de María Pita

25/07/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.