• Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
Subscríbete á nosa newsletter!
As Nosas
Advertisement
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos
Sen resultados
Ver todos os resultados
As Nosas
Sen resultados
Ver todos os resultados
Contido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.netContido publicitario | EnReforma.net
Inicio Opinión

Tres homes cómplices

Silvia Carregal

Redacción As Nosas por Redacción As Nosas
14/04/2021
en Opinión
270
VISITAS
Que rule en FacebookQue rule en Twitter

 

As persoas que me coñecen hai anos, ademais de saber da miña teima persistente no tempo de visibilizar o papel da muller no deporte en todos os anos, saben tamén que se lle suman dúas cuestións tamén repetidas: a posta en valor das pioneiras e dos que chamo “homes cómplices”.

No primeiro dos casos, refírome ao recoñecemento e agradecemento ás mulleres que foron pioneiras. A aquelas que deron pasos, pequenos ou grandes, antes que nós. Esas que fixeron co seu andar que os camiños que habiamos de transitar outras mulleres e que trasitarán moitas logo de nós, estivesen abertos.

As mozas deportistas da miña xeración non avanzamos na igualdade por autopistas. Que va! Se me apurades por non haber non había roteiros asfaltados, nin empedrados. Como moito tocounos andar, se me permitedes a metáfora, por pistas forestais, e o peor era que case había que dar as grazas. Pero o certo é que, afortunademente polo traballo das pioneiras, aquelas rutas que pisamos xa non estaban a monte. Houbo que desbrozou antes para abrir camiño.

E logo está a outra teima, que era da que en realidade quería falarvos hoxe: “os homes cómplices”. Persoalmente chámolle así a todos eses homes que non so non ven na muller un ser a protexer, co que ser condescendente, alguén fráxil e delicado que precisa de coidados. Son homes que nos queren iguais, poderosas, libres e fortes en corpo e espíritu.

Os homes cómplices non ven na muller un ser a protexer, co que ser condescendente, alguén fráxil e delicado que precisa de coidados. Son homes que nos queren iguais, poderosas, libres e fortes en corpo e espíritu.

Un home cómplice é ese que cando presencia unha inxustiza ou algo que non lle parece correcto no trato cara a unha muller ou cara ao colectivo de mulleres di: “non, así, non”. Non mira cara a outro lado, non se desentende, non pensa que non vai con el. Porque resulta que o traballo a prol da igualdade é un traballo por unha sociedad máis xusta.

Non o fan por teren fillas, irmás ou mulleres nas súas vidas ás que seguramente queren e valoran. Para servos franca, a min ese argumento nunca me pareceu lóxico. E ten un punto de egoísmo e individualismo. Refírome a cando escoitas: “E que quero un mundo mellor para a miña filla”. Na miña cabeza iso tradúcese en que se tiveran tido un fillo, non pensarían igual. Se cadra prexulgo e estou errada, pero non podo evitar chegar a esa conclusión.

Sintoo, pero a reflexión que eu fago, coa que me sinto representada e que cando observo unha desigualdade, simplemente penso que é unha inxustiza e que se fose ao revés, tampouco o admitiría. O que eu quero é un mundo mellor para as persoas, independentemente do seu xénero ou calquera outra condición. Unha sociedade máis xusta.

Homes que educan en igualdade

O home cómplice colócase ao noso carón e ofrece a súa colaboración para o que faga falta. Son pais e mestres que educan ás nenas repetíndolles esa gran frase que debera estar gravada a lume no cerebro de calquera ser humano: Que ninguén te diga que non podes. E así debera ser á marxe do seu xénero, condición, raza, etc.

Os homes cómplices non te ven como muller ou como home, vente como o que es: unha persoa.

Os homes cómplices educan ás nenas repetíndolles esa gran frase que debera estar gravada a lume no cerebro de calquera ser humano: Que ninguén te diga que non podes

Ao fío de que parece que A Coruña vai ter un equipo na máxima categoría autonómica do balonmán feminino, o Balonmán Brigatium, lembrei a figura de Tito Pispieiro, un deses homes cómplices.

Pensei que neste conxunto herculino teñen a sorte de saber que se pode, xa que alguén o fixo antes. Farán falta moitas ganas, traballo, esforzo, sacrificios e un chisco de sorte. Se hai xente na Coruña que quere tentar sacar a diante unha estrutura de balonmán feminino que medra desde a base paso a paso: ben por esa xente.

Calquera entidade deportiva que quera andar ese tránsito perfectamente terá, como o seu referente, o camiño marcado previamente, anos atrás, por un equipo que forma parte dos ilustres do deporte coruñés: o Club Balonmano Coruña, que tiña a Tito Villar Pispieiro coma a súa alma mater.

Naqueles anos, Villar Pispieiro era ao balonmán feminino o que Víctor Sieiro ao fútbol Sala feminino co Sal-Lence(na foto Sieiro con unha das primeiras formacións do Sal-Lence). Foron dous homes que se volcaron en corpo e alma con dúas disciplinas deportivas diferentes, pero que tiñan en común a defensa do deporte feminino e que abriron portas que estaban pechadas e camiños que poucos homes e mulleres transitaban.

José Mañana, adestrador Karbo, coa Copa da Raíña do 1981 / AS NOSAS
José Mañana, adestrador Karbo, coa Copa da Raíña do 1981 / AS NOSAS

A terceira pata daqueles anos, ou a primeira, segundo se mire, podemos decir que foi José Mañana o adestrador que estivo á fronte do banco do Karbo Deportivo, outro club coruñés que o gañou todo na súa disciplina, o fútbol.

Pispieiro e Sieiro xa no están entre nós, por sorte Mañana aínda si. Eles son tres exemplos deses homes cómplices. Que tamén eles sexan exemplo e sexan recoñecidos. 

Etiquetas Club Balonmano CoruñaJosé MañanaKarboopiniónSal LenceSilvia CarregalTito Villar PispieiroVíctor Sieiro
Publicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As NosasPublicidade - subscrición ao boletín de As Nosas
Redacción As Nosas

Redacción As Nosas

Redacción As Nosas

KIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - PublicidadeKIA - Corgal Automóviles - Publicidade
  • O que o peta
  • Interesantes
  • O último
Equipo de As Nosas

Nace ‘As Nosas’, o xornal do deporte feminino galego

09/01/2020
María Corral Piñón, futbolista / WILLIAM CAREY UNIVERSITY

María Corral Piñón, de Cariño a USA

06/01/2021
Almudena Quereda, creadora de A de Atenea / ALBA DEIBE

A de Atenea: Actitude e superación na piscina

22/01/2022
Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

Loito no fútbol sala polo pasamento de Fani Martínez

06/09/2022
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

0
Plantilla do Viaxes Amarelle FSF na Copa da Raíña / VIAXES AMARELLE

O Viaxes Amarelle visita Esteiro para conseguir o liderado

0

As herculinas saen líderes do derbi provincial contra o Valdetires Ferrol

0
Partido Dépor - Sevilla da xornada 12 da Liga Iberdrola

A maxia de Tere transforma en doce un partido cun comezo accidentado

0
Presentación da Liga de Inverno de Cruceiros Cíes - Rande / XUNTA DE GALICIA

A Xunta gaba a oferta deportiva desestacionalizada de Galicia coa Liga de Inverno de Cruceiros

14/01/2026
Esperanza Segade e Nerea Vilas son árbitras de loita / CEDIDA

No tapiz elas tamén mandan: Esperanza Segade e Nerea Vila, dúas xeracións na arbitraxe galega de loita

13/01/2026
A árbitro de loita Nerea Vila dirixindo un combate / CEDIDA ROBERTO ÉCIJA / @difusion_sport

Nerea Vila, árbitro de loita: “Cando falo coa xente da loita olímpica, a maioría non sabe nin o que é, e pensa que nos pegamos”

13/01/2026
Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

Esperanza Segade, 1.ª árbitro de loita olímpica en España: “Tiven a sorte de ter apoios importantes e iso axudoume moito”

13/01/2026
Contacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As NosasContacta co departamento de publicidade - As Nosas
  • Que é As Nosas?
  • Quen somos As Nosas
  • Publicidade
  • Contacta con nós
  • Aviso legal
  • Política de cookie (EU)
  • Subscríbete á nosa newsletter!
Sen resultados
Ver todos os resultados
  • Fútbol
    • Fútbol – Liga F
    • Fútbol – Primera Federación
    • Fútbol – Segunda Federación
    • Novas Tercera Federación
    • Novas fútbol
    • Máis Fútbol
  • Fútbol Sala
    • Novas Fútbol Sala
    • Novas Primeira División Fútbol Sala
    • Novas Segunda División Fútbol Sala
    • Máis Fútbol Sala
  • Baloncesto
    • Novas baloncesto
    • Baloncesto – Liga Feminina
    • Baloncesto – LF Challenge
    • Baloncesto – Liga Feminina 2
    • Máis basket
  • Balonmán
    • Novas Balonmán
    • Liga Guerreras Iberdrola – Balonmán
    • División de Honor Prata – Balonmán
    • Máis balonmán
  • Volei
    • Novas Voleibol
    • Voleibol – Liga Iberdrola
    • Voley – Superliga Feminina 2
    • Voleibol – Primeira División Feminina
    • Máis voleibol
  • Máis deporte
    • Novas máis deporte
    • Atletismo
    • Rugby
    • Sobre rodas
      • Ciclismo
      • Hoquei
    • Tríatlon
    • Máis disciplinas deportivas
  • Opinión
  • As Nosas Olímpicas – Xogos Olímpicos

© 2019 As Nosas SL.